Grimorio

Páxina Anterior

Escolma. "As primeiras"

Páxina Seguinte

v4emmapedreiraasprimeiras.html
Antes de procurar vida
o corpo ou esencia
baixou un balbordo de corvos ao feto que eu era
e tentoume a camiñar e invocar
nunha aparición primeira,
unha chegada.


Non faría por insistir nunha historia de precariedades e ensalces
como fixeron as primeiras
(achadas despidas nunha calamidade de árbores e corpos esvaecidos)
nin poría o meu nome na boca da luxuria
para que maldigan todas as pedras
o camiño das sorguiñas onde se procuraba o enlace
desexadísimo
co Diabo.
Por ser parida nas sabas da sorte emporcada de terra
a min devastáronme os ollos as visións tomadas por este camiño de armiños
que foi o teu embigo —minha senhor a miña soga
onde me ofreceron beberaxe e xuramento.
Maldicir desde a primeira auga
dos ollos.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega