Grimorio

Páxina Anterior

Escolma. "Quizáis o parto"

Páxina Seguinte

v4emmapedreiraquizaisoparto.html
De como arrinquei do seu centro
con toda a pel salgada
              e fun morrer pola lingua das parteiras
e retraída
deixei o labirinto no que me confundo con beleño
ou con sangue que ennegrece
e tomei logo o camiño último do toxo que ferve
a vara de ortigas que se atascou nos dedos
e o aer entre as pernas daquela que me amosaría


amoras
mandrágora
celidonias
nunca nunca eirexa
leite das figueiras, miña nena (asustadísima)
o velenoso sol de marzo


...ao lonxe o tempo ten os peitos intactos e grises
dalgunha outra filla morta.

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega