Grimorio

Páxina Anterior

Escolma. "Bríxida acesa" ou "Que a dor me leve"

Páxina Seguinte

v4emmapedreirabrixidaacesa.html
Isto é algo máis que unha doenza solar

                            ASÍSTEME

vou producir unha dor sísmica por entre os dedos ate destrozar a pálida historia.
Cecais con agrura ou con indiferencia,
son unha estación transoceánica coas pernas dislocadas de tan abertas,
que noxo que noxo que noxo,
o que vou fermentar para rematar coa maldición imposta,
contra o sangue que perdimos polo camińo do sol e das amoras,
todos os velenos que engolimos por ver o esquelete de cada espera,
vagarei esmorecida por cada un dos segredos das mulleres desta terra inconclusa.
Seguro que hei de atoparme inscrita na ausencia
e desaparecida
—por pezas—
polo espacio de toda luz que me procura.
Son a ingrávida
asustadísima
inerte.

Baleira.

Son a que agarda.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega