Grimorio

Páxina Anterior

Escolma. "Invadida de xofre"

 

v4emmapedreirainvadidadexofre.html
É polas noites que abro o ventre coa voracidade das illas
en espirais
e aborto miserias se non me ceibas de pronto e acado unha profundidade
de violencia que me atosigou desde sempre.

Son unha imaxe aberta pola metade cara as ruínas,
ou non reaparezo para abordar o meu sentido último,
a miña sombra de cicatrices e cancro de luz,
o noso beixo de caranguexos-cristal-d'auga.

Non desestimo unha incómoda historia.

Amolaría o meu corpo como metal de madeira
ou abondaría con derreter esta planicie ensimismada?
para berrarme
                   meiga
                          asasina
                                    ou puta na bañeira
encaiada entre os teus xeonllos
para provocarme
para facer de nosoutros o prohibidísimo xoguete
estéril
da sempre insuficiente infancia
e non repoboarnos xamais as mans feridas de auga
quencida e retráctil
na que aboiamos.

Se ti quixeras
no inútil campo da leña nunha lumieira aplicaría perfumes ao meu nome
i o teu pranto ficaría ingrávido polo fume que me habita

e me destrúe.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega