Jacobusland

 

Alalá I (Escolma)

Páxina Seguinte

m3emiliopitajacobusland001.html







ROMANCE DO PELIGRIÑO

                       A ARTURO CUADRADO





VELLO peligriño novo
aforca o galo d'Ultreya.
Non desfolles vagariño
a frol do sangue nas pedras
dos románicos sendeiros:
áa mar foise Compostela.
Ay a Galaxia frolida
con áas de choiva marela;
píllara azul da saudade,
auga de lembranza anterga,
neve verde do fiuncho,
leite e mel da primaveira.

Roseira de negras follas
o ledo ronsel d'estrelas.
Ehí moura labarada,
carbalos de loira testa,
fadiños de fol neboeiro
e cans de sal e manteiga.
Volta vello peligriño
pol-os camiños de brétema
e canta aos novos hirmáns
bordón pingado de léndas,
mollados de noite e lúa
lavados con sol e poeira,
a tenzón amorecida:
áa mar foise Compostela.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega