Relatos mínimos

Páxina Anterior

Meditación ante o álbum de fotos familiar. Fragmento

Páxina Seguinte

Levabamos anos falando de remodelar a ala dereita do pazo

    Levabamos anos falando de remodelar a ala dereita do pazo, pero nunca nos dabamos decidido. Este outono, logo de vencer múltiples resistencias familiares, comezamos as obras. De acordo cos novos planos, procedeuse ao derrube das vellas paredes interiores. Entre os tabiques de dous cuartos pequenos, nun oco habilmente disimulado, apareceu un esqueleto enteiro, nun magnífico estado de conservación. Levaba alí máis de cincuenta anos, segundo acreditaron os informes médicos. Os informes explicaban tamén a causa da súa morte, cunha meticulosidade innecesaria: o cranio furado e a bala que apareceu na base da calavera eran testemuñas luminosas para calquera de nós.
    Desde aquel día, miro o álbum coas vellas fotos familiares e trato de distinguir, entre tantos rostros que me miran hieráticos, cál é o que esconde nos ollos a mirada do asasino.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega