Relatos mínimos

Páxina Anterior

Vixencia dos presocráticos. Fragmento

Páxina Seguinte

Ninguén se baña dúas veces no mesmo río

    Ninguén se baña dúas veces no mesmo río, deixou escrito Heráclito de Efeso nun dos seus célebres fragmentos, hai xa máis de dous mil anos. "Non sei as circunstancias que levaron ao filósofo a pensar así, pero neste río eu non me volvo meter, cando menos nesta reencarnación", pensei, mentres coa toalla trataba inutilmente de quitar a escura capa de graxa que recubría por completo a miña pel. "Ás veces", reflexionei con melancolía, "é demasiado elevado o prezo que nos obrigan a pagar polo progreso". 
    Fronte a min, alleas ás miñas preocupacións filosóficas, as turbias augas do Lagares seguían teimudas o seu camiño cara ao mar.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega