Vieiro de Señardade

 

"Nota previa" do autor

Páxina Seguinte

m5tomasbarrosvieirodesenardadep002.html




NOTA PREVIA



     Non tódolos poemas diste libro foron feitos dempois da pubricación de Abraio en 1978. Algúns deles tiven reparo pra publicalos daquela polo seu senso sobexamente intimista ou angurioso. Confeso que a relectura de poetas como León Felipe, Bertol Brech ou César Vallejo, antre outros, deume folgos pra non deixar fora de texto algúns destes poemas, pois cheguei a evidente conclusión de que o poeta ten que dar testemuña de tódalas súas emocións e vivencias, sen ocultar ren, por moito que lle coste furgar na propria ferida.
     O libro está un pouco desordeado. Por exempro, toda a serie de poemas que empregan o símbolo do animal tería de ser unha prolongación de «O Bestiario Pantástico», pubricado en Abraio. Outra serie, que emprega agora o símbolo dos obxectos, tería de ir noutro apartado. Por certo que iste poder obsesivo dos obxectos está empregado eiquí nun estilo ben diferente do surreal, o que non significa que o conscente poida abranguer unha realidade que esbara nas lindes da súa propria enigmaticidade.
     No apartado tiduado «Transviramentos espellantes» asumo homildosamente ises transviramentos da persoalidade relativos ás distintas estratificaciós situacionales e reaccionales do eu na súa propia pescuda laberíntica. Son respostas aos riscos nos que se puso en perigro a propria mismidade, respostas dadas cunha non disimulada intención proteica, ben que non me considere en posesión de ningunha verdade derradeira.
     «Descoñezo teu Nome» é a espresión de certas vivencias afondadas nun diálogo cun Deus alumbregante, que é ao mesmo tempo Presencia e Ausencia. Un Deus con o que o proprio Job disputa. 
     O nome diste apartado foi o que levou o libro deica 1984, data en que se rematou. Logo tiven grandes vacilaciós: primeiro cambieino por «O reloxio do alén» e por «Manifestos indicios» (que fora o tiduo dun poema de Abraio) antre outros. Por último, paréceme máis axeitado o de «Vieiro de señardade», cecais máis acorde coa melanconía que xurde do conxunto de tódolos poemas.
     O lector decatarase sinxelamente de que o estilo vai condicioado cáseque sempre ás necesidades de espresión dun contido a cuia escuridade non quisen engadir escuridades formaes.
     Por último, «Relembros» recolle emotivos recordos de entrañables amigos e ademirados compañeiros na poesía e na vida. Estas elexías non compensan da súa perda, pero, ao menos, son as verbas derradeiras que poido adicarlles.

O AUTOR

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega