Obras Completas I e II

Páxina Anterior

Escolma Páxina nº 2

 

m1celsoemilioobracompletaescolma002.html

Zejel pra Castelao


Si Castelao nos guiara,
fillo do povo que il era,
outro galo nos cantara
no amencer que nos espera.

Nin badúas sabidores
nin raposos mintireiros
nin fámulos de terceiros
nin lobos depredadores
nin escondidos treidores
nin doutores tirteafuera
nin zumezugas sin cara
nas nosas ringlas houbera
si Castelao nos guiara,
fillo do povo que il era.

Fillo do povo que il era
ó povo respondería
i o noso tempo sería
un tempo de primavera,
un tempo de epifanía
no que o povo falaría
coa súa voz limpa e crara,
si Castelao non morrera
outro galo nos cantara
no amencer que nos espera.

("Oito homenaxes")

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega