O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

Anexo I: Carta de Suárez Picallo a Bóveda

Páxina Seguinte

v4xaviercastroogaleguismonaencrucillada217.html


Transcripción dunha carta manuscrita de Suárez Picallo a Bóveda, tratando a cuestión do abandono da minoría parlamentaria galega.



El Diputado a Cortes por La Coruña Madrid, agosto 31/933
Sr. D. Alexandro Bóveda
Segradario Xeral de Part. Galeg.


Distinto irmán:
     No meu poder duas de vostede, unha personal i-outra sin firma, comunicándome o acordo do Consello encol da miña separación da minoría do P.R.G. Xa o irmán Castelao Ile comunicaría que o acordo foi cumplido antes de recibir o seu comunicado. pol-o que toca a miña situación económica, tratarei de resolvela o antes posible, pese a miña situación angustiosa, agora agravada por enfermedad na família.
     Oxe entregueille, personalmente a Casares Quiroga a carta comunicándolle a miña separación, da que lle axunto unha copia por si vostede considera útil pro arquivo do Partido.
     Permitame, agora, que me doia fondamente ante vostede i-ante o Consello, pol-os términos desconsiderados, duros, cuaseque insoportables das súas duas cartas. Términos ben inxustos por certo. Examine vostede i-os conselleiros, unha vez mais, a miña actuación política na Terra, con relación ao Partido, e verán como non son felón, nin treidor, nin desleal; e que esa amenaza de separarme do Partido ?supoñendo sin motivo que non acataría a disciplina? non debeu ser escrita nin pensada. Ela queda, a xeito de espiña, clavada no meu esprito. Insisto en que non-a merezo.
     E dito esto personal, dúas verbas sobor do seu aspecto político, pr'o futuro do Partido. ¿De verdade o Consello d'un partido pode por sí i-ante sí, expulsar afiliados? ¿E si eses afiliados desempeñan cargos públicos poder ser arredados nada menos que por un Consello do cual non poder formar parte? ¿quer lles asegura que no futuro non se produzca unha discrepancia entre o Consello e os diputados? Nese caso o Consello sempre ten a razón porque ter a forza de expulsar, segun o precedente que acabar vostedes de sentar. E eso que a miña permanencia na minoría tiña o refrendo d'un Congreso do Partido. Si o reglamento da tales facultadas ao Consello eu agardo que vostede pense na sua reforma en ben da democracia interna do Partido. Moita mais necesaria esta democracia no noso, onde hai posiciós ideolóxicas distintas que deben estar plenamente garantizadas.
     I-agora outra cousa: Eu estou aqui sen saber que facer. Non sei si teño que votar algo ou non. Lin que o Partido se absten na lei de arrendamentos. Por outro lado a Federación Agraria provincial pidiulle ao ministro a aprobación da enmenda de Casanueva —líder «agrario»— sobre patrimonio familiar. Pedir a exclusión de Galicia, xa non ten objeto no medio da discusión. Se nos abstemos, as abstenciós non se explican; se votamos en pro —refírome a votación definitiva— podemos explicar o voto. Votar en contra non me parece político pois a lei, ainda que mala, favorece algo aos campesinos probes. Vexa vostede o que se fai, ou se me absteño en total de ir as sesiós. Eu estarei aquí tres ou carro dias para despachar varias cousas. Escríbame pois a Madrid se o fai axiña. Lembranzas a Castelao e demais irmás e vostede dispoña diste seu e da Cruña.


Ramón Suarez Picallo

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega