O galeguismo na encrucillada republicana (Vol. II)

Páxina Anterior

(De "3.9. Práctica política: o P.G á procura da autonomía" a "3.9.1. O galeguismo á ofensiva")

Páxina Seguinte

v4xaviercastroogaleguismonaencrucillada202


3.9. Práctica política. O P.G a procura da autonomía

     3.9.1. O galeguismo á ofensiva


     Examinaremos neste apartado a actividade realizada polo Partido Galeguista, dende a sua creación en nadal de 1931, ata novembro de 1933, en que sofre un descalabro electoral e reconsidera a sua táctica política.
     Rematada a Asamblea fundacional do P.G., o 6 de Xaneiro de 1931, reúnese o Consello Executivo. Asisten: Banet Fontenla, Lugrís Freire, Plácido R. Castro, Víctor Casas, Luis Tobío, Carballo Calero, Paz Andrade, Alonso Ríos, Basanta del Río, Filgueira Valverde, Bóveda, en tanto que a Alvaro das Casas, Vicente Risco e Martínez López nos lles resulta posible estaren presentes. Acordan escomenzar os traballos de organización do partido, e entregarse a unha intensa campaña de propaganda destinada a dar a coñece-lo seu programa. Chama xa a atención que non se propoñan aumentar a afiliación (1). Quedan pendentes os principais asuntos para a seguinte semana. Deste xeito reúnese novamente o Consello Executivo o domingo 13 de nadal en Pontevedra. Filgueira desempeña un papel protagonístico na cuestión da elaboración dos Estatutos do P.G. Coinciden todos en elexir unha «Segredaria Executiva» con persoas radicadas nunha mesma localidade, para garantizar a sua eficacia. Este criterio xeográfico favoreceu a Pontevedra, resultando nomeados: Segredario Xeral, Basanta; S. Técnico, Filgueira; S. de Propaganda, Núñez Búa e S. de Organización, Bóveda. A proposta de Filgueira, a Secretaría Técnica contaría cun equipo de asesores (2)
     O tempo que as distintas agrupacións galeguistas, que estiveran representadas no congreso fundacional, van celebrando plenos nos que ratifican a sua adhesión ó novo partido, sen que se produza nada resaltable, a non ser a marcha dalguns membros da I. da F. da Coruña, compensada pola incorporación de novos militantes, a dirección celebra outra reunión a fins de nadal. Discuten a actuación seguida polos seus parlamentarios, recriminándolles Filgueira, e sobor de todo Bóveda, por mor do seu silencio nos debates, especialmente no candente tema da paralización das obras do ferrocarril Zamora-Ourense. A intervención de Otero Pedrayo (3), considerouse insuficiente e Castelao pediu comprensión dado o difícil momento emocional que atravesaba, o cal non era óbice para que deixara de estimar acertada a actitude de silencio observada non só polos deputados galeguistas, senón por tódolos representantes de Galicia. Tras discutiren se conviña explicar públicamente as razóns de que non falasen nas Cortes, consideraron que non era o momento oportuno, cousa que lles tería de pesar, como veremos. Bóveda, noutro orde de cousas, móstrase partidario de consolidar a militancia existente, opoñendose a esforzarse en atraguer e encadrar á masa, sen que ninguén o contradicese, e Risco pola sua banda exhorta ós conselleiros para que, na campaña de propaganda que se dispuña a encetar o partido, evitasen traslucir as diferentes posicións que coexistian no P.G. sobor das cuestións sociais, procurando dar unha imaxe unificada (4).
     A campaña escomenza a pesares das dificultadas económicas, dándolle prioridade ós mitins, en atención a que as sociedades agrarias os proferían ás conferencias (5). O primeiro acto ten lugar na Coruña o domingo 29 de nadal, no Teatro Rosalía Castro (6). Escomenzan a facer uso da palabra, ante a numerosa concorrencia que enchía o recinto, Víctor Casas e Lois Tobío, sin que pase nada anómalo. Máis cando fala Suárez Picallo unha parte do público increpa ó orador e lle impide que remate, disgostada co seu silencio no Parlamento e co de tódolos diputados por Galicia. Castelao logra salva-la situación, cun discurso moi emotivo e literario, no que escomenza aclarando que él se retirara da minoría parlamentaria galega, por non respostaren os seus compañeiros de escano ás inquedanzas de Galicia. O incidente tivo unha forte repercusión na prensa (7), obrigando ó Consello Executivo do P.G. a emitir un comunicado (8) precisando que as protestas non ían dirixidas descontra Picallo, senon contra a minoría parlamentaria galega que él representaba. Visto o desaire que sofriu o P.G. por imputarenlle ós seus diputados a mesma pasividade, que a de tódolos da minoría parlamentaria galega, aproveitemos para avalizar a actividade dos diputados galeguistas nas Cortes do primeiro bienio.
     Ata nadal de 1932 as actuacións parlamentarias foron máis ben escasas. Castelao interveu o 23 de xullo, cando coñeceu o Congreso o dictame referente ás actas da minoría da provincia de Pontevedra, evitando que foran anuladas. Obtivo outro triunfo, co gallo da discusión do título primeiro da Constitución, falando en defensa do idioma galego (9). Intervéu ademais pedindo ó Goberno que aclarase cal tería de ser o organismo que debería estudiar e propoñer o Estatuto de Galicia (10). A cuestión do Estatuto era tan vital para o P.G. que chega a decir nun manifesto publicado o Día de Galicia de 1932, que de non conquerilo «[...] pouco ou nada Iles restaría por facer aos nosos diputados nestas Cortes». (11)
     Otero Pedrayo intervéu a mediados de agosto a propósito da discusión do proxecto de Constitución, defendendo sen éxito a tese da República federal, e saiu ó paso de Unamuno defendendo o idioma galego. Tratou, ademais, en sendas actuacións, da folga de Ourense co gallo da paralisación das obras do ferrocarril, e da construcción dunha carretera local.
     Suarez Picallo, pola sua banda, interveu en dúas ocasións para pregar a repatriación dos emigrantes españoles en Arxentina que se atopasen en situación indixente (12). Tomou tamén a palabra para apoiar a enmenda que propugnaba a solución federal (13), e máis nada, porque o mecanismo regramentario a que estaba sometido polo seu encaixe na minoría parlamentaria, impedíullo.
     Castelao e Otero Pedrayo abandonaron a minoría parlamentaria da F.R.G., por decisión do Consello Executivo do P.G., adoptada o 20 de xaneiro de 1932 (14). Suarez Picallo en cambio seguiu permanecendo nela coa autorización do P.G., por debe-lo seu escaño á ORGA, a diferencia de Castelao e Pedrayo. Isto deu orixe a algúns equívocos, rumoreándose nalgunha ocasión que actuaba no nome da F.R.G., desvencellado do P.G., polo que víuse obrigado a desmentilo personalmente, ratificando a súa adhesión incondicional ó seu partido (15). Coa actitude adoptada polo P.G. a minoría parlamentaria da F.R.G., pasou de vintecinco e vintetres diputados (16). Os dous galeguistas refractarios tiveron que permanecer como independentes, por mor de que o reglamento das Cortes esixía un mínimo de dez diputados para que se poidera constituir un grupo parlamentario (17). Cecais conviría que fixeramos referencia eiquí a outro diputado considerado galeguista, Anton Vilar Ponte. Pola sua condición de fundador da O.R.G.A. sentíase comprometido con ela, pero a ala galeguista que él encabezaba estaba en franca minoría, polo cal distaba de atoparse cómodo. Vilar Ponte desempeñou primeiramente a vicepresidencia da minoría parlamentaria da F.R.G. (18), pasando a convertirse no xefe dela cando Casares Quiroga foi designado para unha carteira ministerial. O primeiro síntoma de distanciamento do seu partido foi a sua dimisión como presidente da minoría parlamentaria da F.R.G., debido á pasividade autonomista que, segundo él mesmo declaraba, contrastaba cos traballos pro-autonómicos do P.G., e dos radicais-socialistas (19). O P.G. tiñao en boa consideración, por votar a favor de tódolos proxectos de lei ou enmendas favorables a Galicia «sin preocuparme (dicía) de si era o no compatible con otros intereses extraños [...]» (20), e por terse enfrentado ós seus compañeiros de minoría (Novoa Santos, por exemplo) que velaban máis polos «intereses nacionais». Claro que todo elo non obstaba para que o P.G. lle reprochara seguir perteñecendo a un partido tan inconsecuente co Estatuto Galego, como era a O.R.G.A. A. Villar Ponte tiña mala conciencia por seguir mantendo a sua fidelidade a un partido que cada vegada máis «atiende menos a Ia galleguización que a otras cosas que cree más perentorias» (21), motivo polo que el pasou de ser un lider a convertirse —segundo él mesmo recoñece— en segundón, automarxinándose máis a cada paso. Por elo non tiña reparo en louvar publicamente ó P.G. e criticar ó seu partido. Sigamos vendo o labor dos diputados galeguistas, referindonos agora a etapa posterior á denantes aludida en que recibiron críticas pola pouca actividade realizada. Compre suliñar a posición do P.G. en defensa do Estatuto de Cataluña (22), da que se encargou Castelao, recibindo por elo críticas da prensa centralista, como «El Imparcial» (23), e elo a pesares de que se opuxo á parte económica que consideraba que agravaría ainda máis a penosa situación de Galicia. É tamén destacable a xestión de Castelao mercede a cal conqueriuse que os parlamentarios galegos enviasen unha carta ós presidentes das catro Diputacións provinciais de Galicia (24) pregándolles o seu apoio en favor da Misión Biolóxica, que se vería perxudicada se o seu director Cruz Gallastegui abandonaba Galicia para ocupar o destino que lle asignara o Goberno. Neste caso o P.G. obtivo o éxito apetecido; Cruz Gallastegui non tivo que marchar. Importante foi tamén a actuación dos galeguistas encol dos temas agrarios. Así Castelao (e tamén Portela Valladares) foron os encargados de defender un proxecto de lei en defensa da pequena propiedade labrega, que recollía unha reivindicación clásica do agrarismo, e que non prosperou pola oposición dos socialistas, radicais-socialistas, «Agrupación al servicio de Ia República», e algúns membros da ORGA, como González López e Casares (25). Foron en cambio Suarez Picallo e Otero Pedrayo os que solicitaron que Galicia quedase excluida da reforma agraria, que consideraban inaplicable a Galicia, reivindicación que conqueriu o apoio da meirande parte dos deputados galegos (26), obtendo axeitada satisfacción. Destaquemos tamén a posición dos diputados galeguistas verbo da cuestión dos deportados a Bata, que foi un asunto moi aireado cando tivo lugar en febreiro de 1932. De resultas dos incidentes acontecidos no pobo de Castilblanco, no que foron asesiñados catro gardas civís, e posteriormente no de Arnedo (Logroño), no que resultaron algúns mortos e numerosos feridos como consecuencia da represión dunha manifestación obreira, seguidos ambos da sublevación anarquista do Alto Llobregat, que Azaña considerou que se trataba dunha verdadeira revolución teledirixida polos rusos (27), o ministro de Gobernación, Casares Quiroga, deportou a Guinea 104 anarquistas, en virtude da aplicación da «Lei de Defensa de Ia República». A CNT reaccionou con folgas xerais en cidades como Zaragoza, Coruña, Vigo, Málaga e Sevilla (28) pero non declarou a folga xeral como pedían os faístas, actitude que costou a Pestaña a perda da secretaría xeral dous meses despois (29). Cando o asunto foi levado ás Cortes, Castelao, que era o único deputado galeguista que estaba presente naquel momento, votou en contra da deportación a Bata (30) por ser este o sentir do P.G. (31), sendo a único deputado galego que se opuxo. Pesia esta acritude o P.G. tivo unha liorta nun mitin en Betanzos, cando varias persoas increparon a Suarez Picallo por non ter votado en contra das deportacións (32).
     A cuestión relixiosa foi unha das que máis divisións provocou entre os parlamentarios por Galicia, dificultando a formación dunha minoría parlamentaria galega (33). Cada vegada que se plantexou este tema no Parlamento (discusión do artigo 26 do proxecto de Constitución, no mes de outono de 1931, lei do Divorcio e disolución de Compañía de Xesús, en xaneiro de 1932, lei de Congregacións, en maio do ano seguinte) os deputados galeguistas actuan con total libertade, seguindo os dictados da sua conciencia; de conformidade co espirito integracionista do P.G. Así, na votación do artigo 26 da Constitución que regulaba as relacións entre a Igrexa e o Estado, baixo un prisma de laicismo, Picallo votou a favor, Castelao se abstivo e Otero Pedrayo votou en contra (34). Otero Pedrayo defendeu ademais no debate as suas conviccións, dun xeito que A.N.T. considerou benevolamente, como non intransixente (35). Outro tanto fixo coa Lei de Congregacións Relixiosas (36). Compre consignar, pola contra, a unidade de criterios dos tres diputados sobor da cuestión das reformas militares que levou a cabo Azaña, apoiándoas no Parlamento (37). A maior abondamento, os diputados galeguistas interviron dalgún xeito —habendo que destacar polo número de intervencións a Picallo— en cuestións tales como; presupostos do Estado, autorización de importación de carnes conxeladas, aranceis do millo, seguro de maternidade na industria, ferrocarril, crise da industria pesqueira, construcción de portos e carreteras, contribucións, reforma electoral, e un variado repertorio de problemas de Galicia (38).
     O P.G. na sua actuación global, e parlamentaria tamén por conseguinte, ocúpase caseque con exclusividade dos temas de Galicia, non facendo cuestión sua o que podemos denominar os temas de Estado (39). Ten unha visión exclusivamente particularista e ademais considera que os chamados intereses nacionais están con moita frecuencia enfrentados ás comenencias de Galicia.
     Digamos, ó cabo, que os diputados galeguistas eran máis intelectuais que políticos, e iso notábase. Desagradáballes terse que enfrentar con outros políticos e sofrían cos ataques que lles facían dende a prensa. Actuaban pouco e amilanábanse ó falar, temendo ser interrumpidos polos diputados duros e agresivos, que chegaban as veces a ser soeces, denominados «xabaríns», entre os que era figura prominente o socialista Rodríguez Soriano, capaz de ridiculizar coas suas bulras e chocalladas os párrafos oratorios máis inspirados (40) . Por todo elo Otero Pedrayo procuraba ir o menos posible a Madrid (41), e Castelao ía ben amolado. Picallo, que era o máis político dos tres, sentíase acomplexado pola sua condición de bachiller e estudante de dereito, cando tiña que medirse cun Parlamento no que tiña asento o mais granado da intelectualidade española (42). Se as cousas non resultaron pior foi debido a ríxida disciplina a que os sometía o Consello Executivo do P.G. e moi especialmente ás presións e recriminacions de Bóveda (43).
     A dirección do P.G. era quen establecía as liñas de acción parlamentaria, e determinaba os proxectos ou enmendas que debían presentar os diputados. A Secretaria Técnica do P.G., arrodeabase dun equipo de conselleiros, para asesorar así ós diputados, respaldando e facilitando o seu labor (44). Castelao e Otero acataron sempre disciplinadamente as decisións da dirección do P.G., ante quen daban conta periódicamente da sua actuación; Suarez Picallo tivo algún pequeno desliz que o indispuxo transitoriamente con Bóveda. O que sí facían os tres era viaxar caseque tódalas semanas a Galicia, coa incomodidade que elo supuña, para intervir nos mitins, apoiando a campaña de propaganda, fundamentalmente autonómica, que levaba a cabo o P.G.(45).
     O Partido Galeguista establece o 20 de xaneiro de 1932 unha táctica de independencia e arrendamento verbo dos demais partidos, achacándolles o seu personalismo e a sua proclividade a levar ó pobo galego inquedanzas alleas ós seus intereses, o que non excluía puntuais confluencias en determinados temas (como o do ferrocarril ou a autonomía) (46). A sua actuación nestes primeiros meses centrase na propaganda do seu ideario, dando unha serie de mitins en Coruña, Vigo, Vilaxoán, Monforte, Lugo, Viascón, etc., de conformidade cun plan tracexado por Núñez Bua (47). Pesia as conferencias e mitins dados, non acaba de ser suficientemente coñecido xa non só o perfil ideolóxico do novo partido, senon a sua propia existencia diferenciada. Así «La Voz de Galicia» e a prensa madrileña segue a considerar en maio ós diputados galeguistas como puros e simples membros da F.R.G (48). Outros hai, como Taboada Tundidor, que o consideraban como de dereitas e perto da «Unión General de Derechas» (49), sendo esta a consideración máis extendida (50). A rebatila aplicanse os galeguistas, en mitins e artigos de prensa. Pero costáballes traballo conquerir que se entendera que eles non se situaban en ningun dos dous polos políticos, por non aceptar sequera «[ ...] ese sobado disco de derechas e izquierdas [...]» (51), nun universo político dividido en dous hemisferios. O P.G. era nacionalista sen máis adxetivos e, como tal, celebra o 24 de abril o «fusilamento dos mártires da Revolución galega», cun mitin na vila de Carral (52). A estas alturas o partido escomenza a plantexarse a cuestión de crear unhas Mocedades (53).
     En maio a O.R.G.A. e algúns outros núcleos de republicanos, constituen o «Partido Republicano Gallego», cun programa autonomista e republicano de esquerdas, pero sobor de todo sometido ó liderazgo de Santiago Casares Quiroga. O P.G., visto o comportamento da O.R.G.A. en varias cuestións e moi principalmente na do Estatuto, agarda moi pouco del. O P.R.G. contaba cuns medios impresionantes: gran número de afiliados (a asamblea de constitución asistiron 2.000 delegados) un ministro, varios altos cargos, catro gobernadores civís, o grupo máis numeroso de deputados por Galicia, duas Deputacións, a maioría en gran número de Axuntamentos... é dicir, era o partido do poder en Galicia. E sin embargo a colaboración que prestaba a campaña autonómica era ínfima (54).
     O P.G. achácalle a súa falla de programa (non tiña máis que unhas normas que debían observar os afiliados, e unhas aspiracións que se propuña acadar), o «fulanismo casarista», por establecerse unha relación entre o líder e a base ó xeito de patronato e clientela, e por conseguinte a sua falla de democracia e sentido da ética (55). O relativo descrédito con que nace o novo partido, induce a Antón Villar Ponte que militaba nel, a xustificar publicamente a sua actitude. Adica así un artigo (56) a explicar que foi gracias a él —gavándose de ter sido o único que se expresou en galego— que o P.R.G. acordara postular a autonomía de Galicia en «todo» o que permitise o texto constitucional; prosigue dicindo que suscrebe o programa do P.G., pero continua no P.R.G., representando dentro del a tendencia galeguista, porque despois de todo o novo partido proclamabase autonomista, nel seguían a militar a maioría dos elementos que loitaran pola implantación da República, e ademais consideraba positivo que houbese un partido de ámbito galego incustrado no poder, e outro —o galeguista— na oposición. Era mesmo comenente que o P.G. tivese como complemento un partido menos radicalizado no galeguismo que lle desbrozara o camiño para chegar a unha fonda galeguización do país. Remata pedindo comprensión, agardando que, caso de que o P.R.G, non fora polo bo camiño, na «[...] xurdia lexión galeguista coido que tería sempre un recuncho hospitalario» (57) . Víctor Casas, retruca cun cordial pero rexo artigo, dicíndolle que o autonomismo dun partido que como o P.R.G. estaba sometido ó ministro de Gobernación, e polo tanto á política nacional, non lle inspiraba a menor confianza. Comprende que Villar Ponte se sintise nel incómodo e considera que se trabuca ó permanecer nas suas filas (58). A maiores, as declaracións de Poza Juncal a propósito de que o P.G. era un partido dereitista, provocaron ainda maior encono no P.G. (59).
     Cando en maio a folga dos traballadores da construcción naval do Ferrol está en pleno auxe, e tódalas forzas políticas posicionanse a favor ou en contra das suas reivindicacións, o P.G. limítase a remitir un telegrama ó Consello de ministro pedindo que se resolvera coa maior urxencia o conflicto ferrolano (60). O remata-Ia folga os sindicalistas publican unha folla acusando ós galeguistas de perxudicalos seus intereses, o que a Víctor Casas semella disparatado (61). Pero os varapaus caianlle ó P.G. dende os dous extremos. Deste xeito «El Ideal Gallego» o critica moi asiduamente polo que considera inconsecuencia do P.G, na defensa da relixión. Por contraposición, Castelao recibe un multitudinario homenaxe en Lugo, que o confirma como unha das figuras máis populares de Galicia (62). Chegamos así a celebración do Día de Galicia. O P.G. difunde un manifesto (63) no que, ademais de facer o consabido chamamento á unidade de tódolos galegos, aproveita para fixar a sua política. O P.G. da conta da sua disconformidade co estado de cousas, criticando ó Goberno —e exculpando ó sistema republicano— pola sua falla de enerxía e solidaridade. Cree que, de todas formas, Goberno (64) e Cortes están ben dispostos en orde á resolución da cuestión autonómica galega, pero con todo anuncia a sua postura de oposición, pois namentras Galicia non sexa dona dos seus destinos non pode aliarse nin defender a ningún goberno central. Así pois, a sua oposición está baseada máis en cuestións de principio, que de tipo práctico. Polo demais, combina o requerimento ás mulleres —que eran politicamente importantes, dado que lles fora concedido o dereito ó voto— para que colaboraran cos homes na conquista da autonomía, cunha crítica ó partido de Casares pola sua friaxe no comprimento do mandato popular. A efemérides foi celebrada polos galeguistas con varios actos, entre os que destacara a misa na Igrexa santiaguesa de Santo Domingo, en sufraxio das almas de Brañas e Rosalía, coa prédica en galego, celebrada o víspora (65). Tamén en Santiago, o alcalde López Pol, deu un bando en galego invitando no nome da Corporación, ós cidadans a sumarse á procesión cívica que remataba diante do monumento a Rosalía, no parque da Ferradura, e a colgar en balcóns e escaparates bandeiras galegas. Moitas bandeiras semella que non se viron, pero a procesión cívica encabezada por deputados galeguistas, a Corporación municipal e o vice-rector da Universidade, resultou bastante concorrida. O acto rematou cuns discursos de Pedrayo, Picallo e López Pol, e o hino galego interpretado por un coro. Ademais delo os galeguistas repartiron un manifesto, exemplares de «A.N.T.» e folletos de propaganda do P.G. Compre salientar tamén o xantar e discursos que tiñan lugar no parque invernal de «La Barxa», en Vigo (66). No Axuntamento de Pontevedra, na Deputación, en numerosos balcóns e nalguns comercios, ondeou a bandeira galega e colgaduras coas cores galegas; nas oficiñas públicas non se traballou, para festexar así a solemnidade, e o concellal Marzoa presentou unha moción pedindo que se declarase festivo o 25 de xullo. En Lugo, a banda municipal interpretou pezas exclusivamente galegas, e os galeguistas confraternizaron nun xantar ó que asistiron uns setenta comensais; o comercio pechou as portas as duas da serán, dando maior animación á celebración. Nesta cidade tamén os sectores católicos conservadores sumáronse á conmemoración do 25 de xullo, considerando porén «ajeno por completo a significación política alguna» (67). Con bandeiras, festivais e peche dos comercios pola tarde conmemorouse en Ourense e Ferrol. Onde maior éxito acadou foi na Coruña, onde o Axuntamento declarouno festa oficial; publicou ademais o alcalde Iglesias Corral, un bando bilingüe, lociron moitas bandeiras galegas, e nos cafés, teatros e cines non houbo máis que música galega, rematando os concertos co hino galego. Non faltou tampouco un banquete de confraternización galeguista (68). Compre sinalar ademais as numerosas festas galegas, conferencias, etc. celebradas en distintas vilas. A nota máis resoante da xornada foi sen dúbida o viaxe de Castelao e Otero Pedrayo a Barcelona, para asistir a celebración da patriótica efemérides no Centro Gallego. Os catalanistas fixeronlles un magnífico recebemento e agasallo, co que quedaba claro que non tiñan rencor cara o P.G. polas obxecións de Castelao á parte económica do Estatuto de Cataluña. Chegaron mesmo a ofrecerense para colaborar na autonomía de Galicia tomando parte activa na propaganda, especialmente nas campañas electorais (69). Certos sectores da prensa, como soia acontecer neste tipo de actos, propalaron que nos que asistiron Castelao e Otero se produciron ataques a integridade da patria e alardes separatistas (atribuídos especialmente a Otero), o que deu pe ós consabidos desmentidos (70).
     O P.G. laboura con forza a prol do Estatuto. Declara que a autonomía é o único que une ós partidos galegos e segue a confiar nos partidos autonomistas, presionandoos para que actuen en consonancia coas suas declaracións formais de autonomismo. A Segredaría Executiva vese obrigada a dar un mentís ó rumor que recolle a prensa, e «El Ideal Gallego» en especial, consistente en que o P.G. poderíase fusionar co P.R.G. a troque de asumir este consecuentemente a autonomía (71). Pola contra, do que sí se mostra partidario o P.G. é do réxime republicano, amenazado pola sublevación de Sanjurjo o 10 de agosto de 1932; Picallo, nunha conferencia, é o encargado de facer a apoloxía do sistema (72). En setembro o producese a baixa de Alvaro das Casas (73), e a visita de Azaña a Galicia, onde é cordialmente recibido por unha representación do P.G. Entrevistase con Castelao comunicándolle que comprende as arelas autonómicas, e lle da esperanzas verbo da tramitación do Estatuto Galego (74). O 9 de outono tivo lugar un importante acto político do P.R.G. en Lugo. Casares Quiroga dirixíuse ós asistentes á asamblea do P.R.G., para dar conta do seu propósito de conservar a independencia organizativa do P.R.G., ainda que non por elo deixaría de coordinarse con Acción Republicana, e de apoiar a autonomía sempre que comprise, co requisito de ter un carácter esquerdista. Un sector da prensa (75) considerou tal distingo como un posible agoiro de obstruccionismo. Sentou moi mal o P.G. a afirmación de Casares de que o galeguismo xa non tiña misión que cumplir dada a postura autonomista do P.R.G., acusando ademais ós galeguistas de pretender monopolizar o sentimento de amor a Galicia. A instancias de Bóveda (76) a Secretaría Executiva do P.G. acorda divulgar unha nota saíndolle ó paso, pero redactada en termos que non dificultaran a colaboración co P.R.G. na cuestión do Estatuto, á que Casares dixera estar ben disposto (77). Se Casares conducíase con equívoca ambigüedade, con total soturnidade manifestábanse os radicais na cuestión do Estatuto. Na sua asamblea, celebrada en Ourense, acordaron a proposta de Abad Conde apoiar o Estatuto «cuando llegue el momento» (78) e coa condición de que se parecera o máis posible ó catalán.
     O 23 de novembro Vigo levaba xa varios meses arreguizado polo endiañado conflicto entre os armadores e mariñeiros de Bozas (79) . O destacado galeguista vigués, Valentín Paz Andrade, era o abogado asesor da organización patrona «La Marítima» de Bouzas; a C.N.T. consideraba que non se limitaba ó simple desempeño da sua profesión (80)senon que actuaba como dirixente dos armadores (81), e movidos por esta crencia dous pistoleiros sindicalistas atentaron contra Paz Andrade, alcanzandoo con numerosos disparos, pesia o cal, conqueriu sair con vida.
     En nadal de 1932 celebrase o segundo congreso do P.G. (82). O día 10 «E.P.G.» deixa entrever a sua simpatía por este partido adicandolle un editorial (83) no que dicía que no ano que levaba de vida exercera unha influencia grande sobor dos demais partidos en relación con Galicia e maila sua autonomía. Recoñecelle ademais o ter aportado unha nova concepción ética da política. Na II Asamblea aprobase a modificación e ampliación dos Estatutos do P.G. e, asímesmo, o «Programa de acción pra os Grupos Galeguistas», elaborado por Filgueira. Bóveda foi moi louvado pela sua «meritísima» laboura e García Pereira expón o abandono no que se atopaba a cidade de Ferrol sumido nunha tremenda crise. Picallo intervén sinalando que compría levar o asunto ó Parlamento, porque había que defender a Ferrol por riba de todo, pero o P.G. se atopaba nunha difícil contradicción, sendo como era contrario ó aumento de armamento bélico, dado que iso era precisamente o único que podía tirar a Ferrol da grave crise pola que atravesaba a construcción naval (84). O P.G. non puído evitar que neste segundo congreso volveran a aboiar as diferencias entre a ala de esquerdas e maila conservadora, que xa tiveran ocasión de manifestarense na asamblea fundacional. O litixio xurdeu co gallo dunha enmenda presentada por Xerardo Alvarez Gallego ó punto terceiro dos principios xerais do Programa, que rezaba ambiguamente «A terra pra o traballo. O traballo pra a Terra». Argumenta —poñendo en grave trance o integracionismo do partido— que o P.G. tiña unha ideoloxía republicana e de esquerda, polo que non podía consignar no programa nada que se poidera a prestar a equívocos. Afirma que as dereitas en Galicia estaban completamente desgaleguizadas, polo que era inútil facerlle concesións con vistas a atraguelas, de xeito que compría por en correspondencia o programa do P.G. coa sua significación esquerdista. Picallo intervén, mostrándose dacordo coa modificación, pero superando a Alvarez Gallego pola esquerda. Banet Fontenla e Filgueira Valverde eríxense en portavoces do sector conservador, opoñéndose a consagrar programáticamente a fórmumula de Herzen «a terra para quen a traballa», e esgrimindo unha doctrina sobor dos arrendamentos contraria á de Young, invocada por Alvarez Gallego. Para dirimir o conflicto crease unha comisión, na que estaban paritariamente representados os dous sectores, pero ó cabo non se modificou para nada o programa. Aproveitan ademais para facer o balance dun ano de actividade: o partido organizou 76 mitins e 94 conferencias, interviñendo nos primeiros 46 oradores e nas segundas 36 conferenciantes. Elíxese un novo Consello Executivo, por seccións territoriais, e unha Segretaría Executiva na que Bóveda pasa da Secretaría de Organización á Xeral, cobrindo a sua vacante Plácido R. Castro; Núñez Bua ocupa a S. Política, Filgueira Valverde segue coa S. Técnica e a S. de Propaganda a desempeña Miguel Rodríguez.
     O «Partido Radical Socialista» mantiña unhas relacións relativamente cordiais co P.G., polo que non é demasiado extraño que Laureano Santiso Girón —destacado membro daquél— calificara públicamente de exemplar a democracia imperante na Asamblea, gavase o programa do P.G. («Un programa tan específicamente engarzado en los problemas vivos de Galicia no existe en los demás partidos», dixo) e se congratulase de que saise derrotada a tendencia de Filgueira, que tilda de reaccionaria, manténdose pola contra a «[ ...] tónica resueltamente avanzada del ideario galleguista» (85).
     O derradeiro mes do ano nós depara unha importante sorpresa. En Santiago, un numeroso sector de afiliados —na súa meirande parte xovenes estudantes e obreiros— á «Unión Regional de Derechas», constituiuse como grupo galeguista católico «cos francos propósitos de recluta y propaganda» (86). A nova agrupación nace ó calor do ambiente autonomista que se rexistraba en Santiago co gallo da celebración da Asamblea de Concellos na que foi aprobado o proxecto de Estatuto, e non chegou a fragoar, como o proba o feito de que non voltou a dar sinais de vida. A «Unión Regional de Derechas» declarábase como «rexionalista» (e dende logo non «nacionalista»), partidaria da «autarquía», en oposición ós desbordamentos autonomistas (sic) e da confesionalidade, frente a concepción leiga do Estado. A directiva deste grupo, que nace sen siglas propias pero consentido pola dirección da «Unión Regional de Derechas», era a seguinte: Presidente, José Portal Fradejas; secretario, Antonio Asorey Andaluz; vocais, Balboa Pérez, Poch y Gutiérrez de Caviedes, Facal, López de Rego e Gómez Lea. O grupo apoia o Estatuto como un medio de conquerir parcial satisfacción das suas arelas galeguistas, ainda que non enche completamente as suas aspiracións, por ser o froito dunha Constitución «abiertamente izquierdista» que couta ás rexións facultades en temas, para él claves, como a Relixión e o Ensino. Asorey Andaluz suscitou o tema do Estatuto, na asamblea celebrada o domingo día 13 en Santiago, pola «Unión de Derechas de Santiago», razonando a sua opinión favorable a que as «Dereitas» se declarasen autonomistas. A presidencia manifestou que na xunta directiva non existía unanimidade sobor deste extremo, polo que non se pronunciaba (87).
     O ano remata para o P.G. en medio de certas friccións cos radicais (88) que non deixarán de repetirse, mesmo con maior agudeza, en adiante. O escomenzar 1933 as cousas marchaban mal tanto para a autonomía como para a economía de Galicia. A mediar marzo a dirección do P.G., previa consulta ós Grupos, adopta importantes acordos (89). Comparecerá nos comicios municipais en solitario, por entender que traicionaría ó seu programa:


«[...] se guiado por un afán de mando procurase n-unhas eleicións facer trunfar o número dos seus candidatos e o medro dos seus sufraxios, esquencendo a pureza e o rol minoritario e de avanzada que a II Asambreia asiñalou as nosas organizacións.»


     Somentes no caso de que fose precisa a colaboración dos galeguistas, nalgún Concello concreto, para derrota-Ia confabulación dos elementos antiestatutistas e nemigos do réxime, podería quebrantarse o aillamento do P.G. Nos Concellos rurais absterase de presentar, cando se presenten candidaturas agrarias, que sexan auténticamente democráticas e autonomistas, ás que está disposto a apoiar. Polo demais, como xa dixemos que a situación non era considerada polo P.G. como positiva, o Consello decide ser menos tolerante coa política dos partidos e do Goberno en Galicia —deslindandoa do réxime republicano que dí estar disposto a defender afervoadamente— adoptando un actitude de oposición máis agresiva. Deste xeito elaborará un memorial de agravios, no que constasen os ataques á economía de Galicia e a sua estabilidade social: abandono do ferrocarril, importación de madeiras e carnes conxeladas, altos aranceis do millo, cupos conserveiros establecidos por Francia, Arxentina e outros Estados por mor da protección que se dispensaba ós productos e industrias non galegas, o recargo contributivo a que se sometera a Galicia (e non só a ela) para cobri-lo déficit facendístico producido polas inversións noutras zonas, etc.(90). Este listado de problemas foi levado o Parlamento mediante as interpelacións feitas por Castelao (91), Otero Pedrayo (92) e con inusitada extensión, por Suarez Picallo (93). Ademais de todo isto o P.G. censuraba ó Goberno o seu desinterés en extirpar o caciquismo de Galicia.
     Claro que a opinión do P.G. non podía pasar de certos lindeiros, so pena de enaxenarse completamente o apoio do goberno Azaña ó Estatuto Galego. Plácido R. Castro, que era o Secretario de Organización neste momento, non ten reparo en admitir que o P.G. levaba un ano e medio moderando o tono das suas críticas para que non se esvaise a feble esperanza que tiña de acadar sequera fora un mínimo de autonomía (94). Así, despois da devandita declaración da exclusiva, explícase que, Castelao, no nome dos deputados galeguistas, votara a favor da maioría gubernamental co gallo dos sucesos de Casas Viejas, por creer na inocencia do Goberno. Castelao limitouse a plantexar moderadamente a sua protesta pola incomprensión dos problemas de Galicia, para engadir logo que a presencia de Azaña no Goberno era para os galeguistas —que se sentían «[...] cada día más fervorosamente republicanos»— unha garantía (95). Por outra banda, non vía ben o comentarista político do P.G., Víctor Casas (96), que os partidos políticos andivesen atafegados polo grave asunto de Casas Viejas, porque entendía que elo ía era detrimento da debida atención ós problemas de Galicia, que para o P.G. eran absolutamente prioritarios.
     O domingo 23 de abril tiñan de celebrarse eleccións naqueles municipios onde o 12 de abril de 1931 se constituiran as Corporacións sen loita, en consonancia co artigo 29 da vella Lei municipal. Os Axuntamentos ós que afectaban as eleccións eran 2.479 en España e 27 en Galicia, dos que 19 perteñecían a Lugo, e 8 a Pontevedra, quedando pois ó marxe Coruña e Ourense (97). Na práctica o P.G. deixa en libertade ós seus Grupos para presentarse ou non ás eleccións. Resulta así que somentes se presentan directamente por Redondela, tendo como candidatos a Francisco Pereira Fernández, Avelino Cal e José Blanco Alfaya (98), e indirectamente por Tomiño, apoiando ós agrarios. En Redondela os galeguistas presentanse polas minorías, en tanto que por maiorías concorrían as dereitas, radicais e un bloque de esquerdas formado por agrarios, mariñeiros, obreiros e republicanos (99). En Tomiño, a candidatura agraria contendía con outras duas presentadas polos radicais e mailas dereitas. En ambolos dous municipios os galeguistas efectúan unha intensa campaña; así a plana maior do P.G. (Alvarez Gallego, Bóveda, Paz Andrade) se desplaza a Redondela para apoiar nun mitin ós seus candidatos (100). A Xornada electoral transcurre cunha normalidade absoluta. O P.G. conquire somentes un concellal por Redondela (101), en tanto que os agrarios de Tomiño triunfan acadando maioría absoluta, con trece concellais sobor dun total de 19 (102). Globalmente o gran vencedor é o P.R.G., que sospeitosamente obtén un rotundo éxito sen facer un só acto de propaganda, e elo a pesares de estar atravesando unha gravísima crise interna que pouco faltou para que o descompuxera (103). A prensa insinua a posibilidade dun pucheirazo preparado por Casares dende o ministerio de Gobernación ó traveso das Comisións xestoras que tivera nas suas mans (104). Os socialistas conquiren un porcentaxe moi pequeno (20 postos) o que viña a demostrar que estaban artificialmente sobrerepresentados nas Constituintes mercede a conxunción electoral que triunfara nas primeiras eleccións xerais. A xornada tampouco foi boa para os radicais emilianistas, que distan moito de acadar en Galicia o gran triunfo radical en España; perdeu ademais os seus máis vellos baluartes (Rosal, Cangas, Tomiño). Especialmente relevante foi o caso de Tomiño, onde o agrarismo que fora nas eleccións xerais un firme sostén dos emilianistas, trocárase agora en aliado dos galeguistas. Ademais co triunfo da «Federación Agraria de Tomiño», liderada polo dirixente do P.G., Alonso Ríos, encetase nesta localidade a actuación política da «Federación Agraria Provincial» (de Pontevedra), quedando os concellais elexidos sometidos á disciplina directa da Federación. Queda así constituído o xerme do «Partido Agrario», que se lanza neste momento (105).
     Como se pode ver, o P.G. segue na práctica unha táctica abstencionista, pois pesia o acordo de marzo de presentarse, en realidade deixa á discrecionalidade dos Grupos adoptar unha ou outra resolución (106). Os Grupos non se presentan e o P.G. vese privado dunha parcela de poder nas institucións locais, que puido ter con só presentarse. Pero, por se houbera dúbidas, a propia Secretaria Executiva encargase de disipalas nunha nota que fai pública a fin de mes (107). Nela declara abertamente que se inhibíu nos comicios, coa salvedade do caso de Redondela por especiais circunstancias de índole local, e dalgúns concellos rurais —e non dí cales— nos que apoiou candidaturas agrarias. Aproveita tamén para desmentir ás axencias de prensa madrileñas que incluiran o P.G. no grupo gubernamental, atribuindoo á ignorancia que sobor da política galega existía na capital de España. Claro que se a prensa de Madrid incluiu ô P.G. na maioría gubernamental, era en gran medida debido a tímida oposición levada a cabo polos galeguistas e ó feito de ter votado a favor dela repetidas vegadas. Por iso a Executiva do P.G. vese obrigada a precisar que, ainda que os seus deputados votaron en certas ocasións a prol do Goberno, elo non obstaba para que o P.G. deixara de considerarse na oposición. Polo demais, é ben sabido que para o Goberno Azaña as eleccións municipais foron un serio revés (108).
     A ledicia polo ingreso no P.G. de Emilia Docet, elexida miss España en 1933 (109), que deu apoio publicitario ó P.G., non chega a compensar as discrepancias que escomenzan a aflorar no P.G., comprometendo o seu integracionismo. O detonante foi un artigo de Plácido Ramón Castro no que aboga a prol de que o P.G. se desvencéllase totalmente de calquera compromiso ou actuación conxunta cos demais partidos, mesmo dos autonomistas, por consideralos insinceiros e sedicentes, evitando así que lle afectara o seu desprestixio, e recuperando a libertade de acción para levar a cabo unha política menos transixente. Propugna que o P.G. abandonara a loita por un cativo Estatuto, que nin siquera se lle concedía, e deixara totalmente de actuar na política española e concreta, mantendo así puro incontaminado o seu nacionalismo auténtico. Trataríase, pois, de que os galeguistas actuasen completamente aillados —a imitación dos irlandeses do «Sinn Fein»— adicandose a concienciar ó pobo, postergando a batalla autonómica para cando o galeguismo fose tan forte que poidese triunfar sen o apoio de ningún outro partido (110). Como podemos apreciar, a vella tese risquina «mutatis mutandis» volve a aparecer de novo. Contestalle Juan Carballeira, coincidindo con él en que o galeguismo debía actuar ailladamente, pero dividido en dous frentes: un de dereitas e outro de esquerdas (111) postura que non é el o único en defender (112). Esta tese é combatida por Víctor Casas (113), Ramón Villar Ponte (114)e o propio Plácido R. Castro (115), que consideraban imprescindible o frente único galeguista, polo menos até ter conquerido o autogoberno. De momento o P.G. conquire sair airoso, sen ver mingoar as suas ringleiras pola escisión dalgunha das suas alas.
     O martes 25 de xullo celébrase o Día de Galicia cos habituais actos de exaltación patriótica. Os principais axuntamentos (Vigo, Santiago, Pontevedra, Coruña, Ourense e Lugo) declaran a data, festa local. Duas son as novedades. Unha, a descentralización dos actos, proposta por Antón Villar Ponte, que —inspirándose ou non nela—, o certo é que o Consello Executivo do P.G. da a consigna de que todolos seus Grupos creasen ou ben se incorporasen, as Comisións locais organizadoras dos actos conmemorativos (116). Deste xeito, o Día de Galicia adquire este ano maior arraigo popular. A segunda novedade é a asistencia ás celebracións cívicas —especialmente ás de Santiago— de representantes dos partidos nacionalistas vascos e cataláns, que suscreben cos galegos o Pacto de Galeuzca. Antes de referirnos a el, sinalemos que nos atopamos nun momento de fonda inquedanza social e malestar político, pola importación de carnes americanas, que, de seguro, incrementaría de aprobarse o tratado con Uruguai que existía a posibilidade e o temor de que fose autorizado polas Cortes, e tamén polo rigoroso silencio administrativo que caira sobor do decreto de autorización do plebiscito do Estatuto Galego. O P.G., pesia as suas protestas de aillamento, colabora na practica cos partidos republicanos, tanto nas comisións, como nos mitins e no Parlamento, especialmente nos temas estatutario e gandeiro (tratado comercial co Uruguai).
     De xullo a setembro de 1932 un dos centros de atención do P.G. é a política de relacións cos nacionalistas vascos e cataláns, primordialmente coa «Unión Democrática de Cataluña» por ser o máis afín (117). O P.G. otorga unha especial importancia ó Pacto de Galeuzca por canto podía representar unha política de alianzas alternativa á ensaiada en Galicia sin fortuna cos partidos republicanos autonomistas. Pénsese que é xustamente a fins do vran de 1933 cando o P.G., desalentado pola renuencia do P.R.G., e demais forzas republicanas, a apoiar a campaña de propaganda estatutaria, e crispado pola demora na concesión do decreto de plesbiscitación provocada por un Goberno ó que se lle achacaba o menoscabo da economía de Galicia, resolve actuar ailladamente en Galicia, desvencellándose de calquera compromiso cos restantes partidos.
     De seu, o Pacto de Galeuzca ten un contido moderado, expresado en dous documentos básicos: o que suscribiron en Compostela o Día de Galicia os representantes dos tres nacionalismos (logo ratificado polos seus respectivos partidos) e o manifesto publicado en Barcelona (118), que puxo punto final a viaxe que emprenderan en Galicia e continuaran polo País Vasco. Os acordos adoptados non ían máis alá da explicitación do mutuo respaldo, especialmente na cuestión autonómica, e da vontade de facer revivir o espírito orixinario da República no marco da cal tería de ser respetada a personalidade e dereitos das tres nacionalidades periféricas, de xeito que poidesen establecer entre elas un novo orde de relacións. Para efectiviza-lo comprimento destes xenéricos acordos creáronse unhas secretarías na tres nacionalidades, coordinadas por unha Secretaría Xeral. Todo o cal non obstou para que na práctica o Pacto de Galeuzca tivera pouca efectividade, por unha serie de causas ás que xa nos temos referido con anterioridade noutro apartado. Outra cousa distinta foi o escándalo que ocasionou. Non hai dúbida de que a meirande parte da prensa de Madrid viu con moitas reticencias os movimentos de converxencia dos nacionalistas. Pero tampouco parece menos claro que as plumas mais atrabilarias e recalcitrantes na defensa do baluarte do centralismo, foron aguilloadas polas radicais e estrondosas manifestacións do sector máis extremista dos tres nacionalismos. Alvaro das Casas, os vascos do P.N.V., e o grupo Palestra pronunciaron palabras fortes, non estando claro que se chegaran a dar morras a España (ainda que é perfectamente creible) en Barcelona, tal como recollera e amplificara a prensa de Madrid, e o «A.B.C.» en especial. Castelao nega que ocurrira tal cousa e o Gobernador Civil de Barcelona tamén o desminteu. O P.G. víuse tamén complicado por mor de que un sector da prensa creu que Alvaro das Casas seguia a militar no P.G., e polas declaracións dos radicais de Ferrol atribuindo polas boas os tales berros ó P.G. Asi enténdese a rectificación feita polo Grupo do P.G. en Vigo, que se redacta nuns termos tan descalificadores para Das Casas, que resultara inaceptables para un amplio sector do P.G., entre o que temos constancia documental que se atopaba Castelao (119). O que de tódolos xeitos resulta evidente é que houbo, en certos momentos da viaxe de Galeuzca, e especialmente en Barcelona, discursos de gran exaltación retórico-nacionalista, de moita fogaxe, como dicía o propio Castelao, especialmente por parte dos vascos os que Castelao tratou de convencer para que soavizasen as suas expresións. Claro que Castelao, no seu cerne, non atopaba de todo mal que, dadas as circunstancias, se dixeran palabras rexas; agora ben, non se lle ocultaba —e así o dicía— que tal actitude era implítica e, por conseguinte, inoportuna (120).
     Cando o P.G. percura novas vías en sustitución da alianza de facto cos republicanos autonomistas de Galicia, pensa en Galeuzca, pero tamén considera a posibilidade de ensaiar un artellamento dos partidos federais e autonomistas de todo o ámbito estatal. En efecto, con gran sixilo, e sen que saia a luz pública —a tal punto que coñecemos isto por unha documentación reservada— Castelao entabla negociacións cos federais catalans, concretamente con Marial, con vistas a crear de inmediato unha minoría parlamentaria en base ós diputados galeguistas, federais e algún catalanista. Convén facer un inciso para clarexar que entre os federais, seguidores do ideal pimargallano, e os nacionalistas galegos existía unha coincidencia máis de tipo práctico que doctrinal. Xa noutra parte deixamos sentado que pouco ten que ver o pacto sinalagmático coa doctrina nacionalista galega, que era susceptible de optar por varias fórmulas de solución ó problema do Estado, entre as cais a federal, con ser a máis acaida ós seus desexos, non tiña por qué ser forzosamente a única. O P.G., e Vicente Risco en especial, expresaron sempre diáfanamente as suas diferencias coa doctrina de Pi i Margall. Agora ben, na práctica política as coincidencias eran grandes. Como o P.G., os federais defenden ardentemente no debate do proxecto constitucional a República Federal, e tamén como él, perdida esta batalla, aceptaron con pragmatismo a solución autonomista, sen por elo renunciar ningún deles ó seu programa estratéxico federal. Os federais eran, ademais, politicamente interesantes dado que dispuñan dunha minoría parlamentaria que constaba de 11 diputados, estando ademais fora dela, como diputados federais independentes, Barriobero e Soriano (121). Existían ademais unhas relacións moi cordiais entre o P.G. e os federais galegos, que tiñan unha implantación feble centrada fundamentalmente en Santiago. Estaban agrupados no «Partido Republicano Federal de Izquierda Gallega», tendo como persoeiros máis notorios a: Ezequiel Rey, Carnero Valenzuela, Jesús Pose e Victoriano Marcos (122). Partidarios da máxima autonomía no camiño do federalismo, criticaban ó partido de Casares por consideralo inconsecuente (123); eran asímesmo partidarios do bilingüísmo, tema no que se atiñan á autoridade de Risco (124), e utilizaban o galego adoito nos mitins, polo que o P.G. os consideraba como moi galeguistas e, de feito, aliase con eles nalgunha provincia, como teremos ocasión de comprobar, nas eleccións xerais de 1933. A única diferencia práctica entre un e outro partido, era a distinta concepción do tema relixioso: os federais eran anticlericais, e o P.G., non.
     Na minoría parlamentaria que se trataba de crear, sobre a base da aceptación da total independencia do P.G. como partido (punto este irrenunciable), quedando ademais en libertade para defender a economía de Galicia, e debendose deixar ó marxe a cuestión relixiosa, non participarían tódolos deputados federais, pero sí a maioría, integraríanse lóxicamente os tres galeguistas e algún catalanista. Segundo o informe que envía Castelao a Bóveda (125) a nova minoría parlamentaria contaría decontado con dez diputados: Bóveda, Castelao, Picallo, Franchy, Marial, Arauz, Companis, Crespo, Valle e Doncet. Quedaban pois fora, Cordero, Barriobero, Soriano, Sediles e Niembro, habendo dous federais vacilantes: Ayuso e Pi i Arsuaga (fillo de Pi i Margall). Pero o proxecto non quedara só nisto. Tratábase ademais de crear unha federación de partidos das nacionalidades e rexións de España, que se denominaría «Federación Republicana Autonomista», dirixido por un «Consejo Federal» integrado por dous representantes de cada partido, co obxectivo mínimo de acadar un Estatuto do estilo do de Núria (126). Castelao vía ben a idea por considerar que de levarse á práctica supoñería o afortalamento do bloque autonomista ante a previsible polarización entre centralistas e descentralizadores; tamén pola posibilidade de defender máis eficazmente a Galicia dado que poderían ter representación nas comisións parlamentarias e na Deputación permanente; e ademais porque o P.G. sería o representante dos federais en Galicia, co que probablemente conqueriría que ingresaran no P.G. os elementos do «Partido Republicano Federal de Izquierda Gallega» (127). As conversas de cara á plasmación deste proxecto chegaron a estar bastante avanzadas, como o proba o cable enviado por Marial a Alexandre Bóveda pregandolle que se puxera en contacto con Picallo para ver de chegar a un acordo (128). Pero a expectativa non chegou a coallar. Polo que ó P.G. respecta duas foron as causas do fiasco desta intentona. En primeiro lugar, Bóveda temía que ó fusionarense os deputados galeguistas cos federais e autonomistas nunha mesma minoría parlamentaria, prevalecesen os outros, de xeito que o P.G. quedaría parlamentariamente anulado. Creía, ademais, que a fusión das minorías parlamentarias equivalía na práctica á unificación dos partidos, e o P.G. non estaba disposto a renunciar de ningún xeito ó principio da autoorganización (129). En segundo lugar, en outono disolvense as Cortes convocándose novas eleccións, o resultado adverso das cales privará ó P.G. de representación parlamentaria, co cal perdía sentido a proposta de alianzas neste terreo.
     A fins do vran, os galeguistas ó tempo que ensaian as vías políticas anteditas, dan mostras de alporizamento ante a actitude de obstrucción máis ou menos solapada que mantiñan o «Partido Radical», o PRG e en especial o seu dirixente Casares. Ilustrativo deste estado de frustración é a exhortación de Víctor Casas a «resucitar o sentimento arredista» (130), propoñendo que o P.G. se desvencellase de toda relación política cos demais partidos, que viña obrigando ó P.G. a morixerar a sua oposición ó Goberno —pois precisaba o apoio dun partido gubernamental como era o P.R.G., e de tódolos demais, para superar a barreira dos dous tercios do censo requeridos para á aprobación do Estatuto—, pasando a levar a cabo unha política de enfrentamento aberto co Goberno. Estas consideracións de Víctor Casas reflexaban ben o estado de ánimo que reinaba no colectivo de que formaba parte. Na xuntanza do Comité Central de Autonomía, Bóveda e Víctor Casas comunican a intención do P.G. de cesar na colaboración coas demais forzas; estas tratan de convencelo para que desistise, facendo o P.R.G. protestas de estar disposto a traballar cor entusiasmo na campaña de propaganda estatutaria (131).
     O Consello Executivo do P.G. non cree xa nas promesas e acorda interrumpir as suas relacións cos demais partidos. Somentes asistirá a reunión do «Comité Central de Autonomía» convocada para setembro, para levar a cabo unha laboura de denuncia. Decide tamén que os seus deputados se retirarían do Parlamento se o Convenio comercial co Uruguai fose aprobado (132). Nestas circunstancias era inadmisible que Suarez Picallo continuara formando parte da minoría parlamentaria do P.R.G., na que permanecía por ter sido elixido deputado pola ORGA (a diferencia de Castelao e Pedrayo) e como proba de boa vontade. Facía xa algúns meses que o P.G. acordara que Picallo deixara de colaborar cos diputados do P.R.G., pero él postergou o comprimento deste acordo para non aparecer vencellado á obstrucción parlamentaria que exercían os radicais descontra a coalición republicano-socialista (133). Bóveda alporízase e chega a temer que Picallo crebe a disciplina do partido (134) cando novamente se lle ordena, en termos de dura recriminación, que abandone a minoría parlamentaria do P.R.G. Este litixio chega a ter certa acritude, amenazando o C.E. do P.G. a Picallo coa expulsión caso de non retirarse. As suposicións de Bóveda e do C. Executivo resultaron infundadas e Picallo acata disciplinadamente a orde de arredarse do P.R.G.(135).
     O feito tivo unha gran repercusión pública, dado que dos 19 deputados de que dispuña en principio a minoría da F.R.G., pasara a ter somentes once. Coa defección de Picallo pasaban a ser dez, pero o P.R.G. na practica non podía contar tampouco con Novoa Santos (136), co cal quedaba reducida a 9 diputados, perdendo así o dereito a constituir un grupo parlamentario independente. Deste xeito, a tenor do reglamento das Cortes, a minoría parlamentaria galega quedaba virtualmente desfeita (137). Se Casares conqueriu salva-la situación foi mercede ó decreto de disolución das Cortes que non tardou en aparecer.
     O P.G. fai pública a sua posición nun manifesto (138), e escomenza unha campaña de mitins en solitario, debullando ataques a Casares Quiroga e ó poder central polo que consideraba como traición os compromisos contraídos na Asamblea de Santiago, na que se aprobara o proxecto de Estatuto (139). A propaganda, primordialmente orientada cara as masas campesinas, discurre con algún que outro atranco, derivado da reacción das autoridades casaristas, que non estaban dispostas a que se atacara impunemente ó seu partido. Deste xeito, o gobernador civil de Lugo suspende un mitin do P.G. en Lugo (140) que ten que ser aplazado. O celebrarse días despois, as críticas á «traición casarista» e á obra económica do bienio medran (141). A visita de Casares a Galicia, para relanzar o seu partido, é saudada por «A.N.T.» con toda sorte de reproches; o P.G. non cree nas declaracións que fai de que está disposto a loitar rexamente polo Estatuto e aproveita para inventariar tódolos agravios cometidos por Casares contra Galicia nos distintos eidos (142).
     Como un xarro de auga fría, caen sobor do P.G. as críticas que dende Bos Aires lle dirixe Blanco Amor, en brillantes artigos escritos no periódico «Galicia», órgano da «Federación de Sociedades Gallegas», que dirixía él mesmo. Varios diarios galegos (143) reproducen a totalidade, ou ben partes significativas, da aguda crítica de Blanco Amor, co que o P.G. non pode facer como que a cousa non vai con él. En esencia, Blanco Amor critica do P.G. o seu ruralismo, por dar prioridade ó campo en troques de primar a cidade e a vila, que era —segundo él— o camiño máis rápido e eficaz para acadal-os seus obxectivos. Pero nas cidades cree que non podía atopar eco o P.G. polo seu desentendemento dos problemas típicos do vivir republicano, que non eran outros que a cuestión relixiosa e a división entre dereitas e esquerdas. Debía pois abandona-lo seu neutralismo relixioso e dividirse en dous partidos. Considera, en suma, que o P.G. obraba con purismo e simplismo excesivos, pero non por elo deixa de dar unha visión globalmente positiva do P.G. «A.N.T.» vese na obriga de contestar, e o fai ratificandose na política seguida deica enton (144).
     Neste mes de setembro en que as cousas parecía que viñan viradas para o P.G., acada un gran éxito político, mercede a xestión diplomática levada a cabo por Plácido Ramón Castro, que presentou no IX Congreso de Nacionalidades Europeas, celebrado en Berna a últimos de setembro de 1933, un extenso informe elaborado por Risco (145), no que se expuñan as razóns que xustificaban o dereito de Galicia a ser considerada como unha nacionalidade. Presentou ademais unha declaración na que se afirmaba o dereito do pobo galego a dispoñer do seu propio destino, reclamabase o respeto para a sua língua e costumes, e facíase constar que as actuacións do nacionalismo galego, non supuñan atranco ningún para a realización dun ideal federal. Quere isto dicir que renunciaba ó separatismo tal e como esixía a Sociedade de Nacións, co presidente do Consello da cal, Sr. Mowinckeln, Xefe do Goberno noruego, entrevistouse Plácido R. Castro en Xenevra (146). Antes de salientar o relevo que tivo tal acontecemento, remitiremonos brevemente ós antecedentes. En abril deste ano o doctor Ewald Ammende, secretario do Congreso de Minorías Nacionais de Xenevra, visita España atraguido polo momento histórico que vive, dado que a sua revolución democrática e pacífica espertara notable curiosidade en toda Europa, e vivamente interesado en coñecer directamente os pobos catalán e vasco que eran xa membros do Consello de Minorías Nacionais. En San Sebastián foi invitado por Otero Pedrayo a recorrer Galicia, cousa que fixo acompañado dos galeguistas (Julio Sigüenza, Das Casas, Eiroa, etc.). Nunha entrevista concedida á prensa (147) declara que lle impresionara o movimento galeguista, especialmente pola sua obra cultural, fixándose moi sinaladamente no labor do S.E.G.; considera que Galicia tiña capacidade dabondo para o seu propio goberno, e por conseguinte debía conquerir o seu Estatuto autonómico que lle parecía un primeiro paso. Significativamente observa que o nacionalismo galego non era un movemento de masas, o que para él non era un atranco; dí:


«No importa que Ia masa no esté aún lo suficiente compenetrada con el ideal. Lo indispensable es Ia gente directora, y Galicia Ia tiene perfectamente orientada» (148)


     O P.G. plantéxase en firme o problema de entrar na organización das Minorías Nacionais europeas. Pensaba que era importante, principalmente porque así quedaría asegurado o recoñecimento internacional da categoría de Galicia como nación, en previsión de que se poidera producir unha dictadura. Aproveitando a viaxe de Galeuzca conquiren de Manuel de lrujo o apoio dos vascos e, en Barcelona, Castelao (con Alvaro das Casas) entrevistase con varios políticos catalanistas (Batista Maspóns, Esterlich, Jirona, Carrasco Formiguera, etc.) xestionando o seu respaldo. Pola documentación que se conserva da entrevista de Castelao con Cambó (149) sabemos que este consideraba que por aqueles anos a Sección de Minorías Nacionais da Sociedade de Nacións non tiña eficacia, lamentando que Galicia non ingresara nela cando o fixera Cataluña, na etapa da dictadura primorriverista, porque daquela estes problemas conmovían a conciencia europea e eran tema de estudo para tódolos estadistas. De tódolos xeitos recomenda que Galicia acuda a Xenevra, ainda que somentes fose para ocupar posicións de cara o futuro. Pero os galeguistas tiñan un problema para conquerir a incorporación de Galicia á organización das minorías europeas: o económico. Con toda franqueza plantexou Alvaro das Casas (150) ós dirixentes do nacionalismo vasco e catalán (cousa que molestou a Castelao por consideralo vergonzantemente, como unha manifestación de indixencia) as dificultadas de Galicia para cobrir a cuota sinalada pola Sociedade de Nacións, conquerindo que Esterlich e Maspóns se comprometeran a recabar do Consello de Minorías a fixación da cuota mínima. Con todo, a Castelao seguíalle preocupando a cuestión e insta a Bóveda para que buscara o xeito de acada-lo diñeiro necesario (151).
     O informe favorable de Mr. Ammende e dos vascos e cataláns, facilitou incuestionablemente o ingreso de Galicia (152). O propio Plácido R. Castro explica en dous artigos o alcance e significación deste feito (153). En primeiro lugar estaban as consecuencias prácticas, que eran pequenas. Debíase isto a que Galicia, a diferencia da maioría das nacionalidades europeas, perteñecía a un Estado que non estaba obrigado por compromisos internacionais a respeta-los dereitos das minorías. Ademais o Congreso de minorías non era un organismo adicado a fomenta-los movementos políticos nacionalistas dirixidos contra dos Estados vixentes, senon que procuraba solucionar as cuestións minoritarias dentro do marco dos Estados existentes, a pervivencia dos cales comprometíase a garantizar. Precisamente por elo a declaración presentada polos galeguistas esguellaba a consideración de Galicia como nación, limitándose a aludir ó pobo de Galicia como nacionalidade, con idioma, cultura e costumes propios, merecedores do respeto e do trato que se admitían internacionalmente como norma dos pobos progresivos. Galicia non podía agardar apoio do Consello para o seu movemento político nacionalista, tendo que resolver por sí mesma o seu propio problema nacional, e baixo unha fórmula que excluiría a separación. Somentes no caso de que en España chegase a imperar «una reacción unitaria e imperialista» que utilizara descontra do movimento nacionalista galego procedementos opresores e persecutivos, seríalle lícito recabar o auxilio moral da opinión internacional. O único que conqueriron, pois, os galeguistas foi demostrar que o nacionalismo galego non era unha ficción idealista, senon a expresión da realidade de Galicia, o carácter de nacionalidade da cal pasaba a ser recoñecido por unha organización internacional, integrada por representantes de corenta millóns de europeus, perteñecentes a catorce nacionalidades. A proxección universalista do galeguismo, expresada coa fórmula de «Galicia, célula de universalidade», quedaba así consagrada. A angueira galeguista de establecer relacións cada vegada máis estreitas cos pobos célticos e lusitanos,  complementábase deste xeito coa posibilidade de contactar coas numerosas nacionalidades europeas, e de recibir información sobor da sua vida e problemas.
     Por outra banda, tras dos adversos resultados das eleccións municipais, tampouco resultaron favorables á maioría gubernamental as eleccións en segundo grado, por medio de concellais, para elexir quince vocais rexionais do Tribunal de Garantías Constitucionales. Con moita dificultade, ainda puido gañar Azaña unha votación de confianza, que serviu para poñer en evidencia a febleza do seu respaldo parlamentario. Alcalá Zamora aproveitou para forzar a situación no Consello do 8 de setembro; abreu consultas e deu a Lerroux a posibilidade de formar goberno. O seu efímero mandato durou só dende o 12 de setembro ó 2 de outono, momento no que foi derrotado nas Cortes. Ante o goberno Lerroux o P.G. posiciónase abertamente en contra: «crêmos que non se debe esperar nada, sinon que se debe temer todo», editorializa «A.N.T.» (154). A pesares da sua oposición, os deputados galeguistas tiveronse que abster de falar no intre da presentación do Goberno Lerroux nas Cortes, e asimesmo de votar en contra, para non aparecer unidos —dando pé a equívocos— á anterior maioría gubernamental da que se arredaran (155). Despois dalgunha outra intentona fallida conqueriu formar goberno o radical sevillano Martinez Barrio. Ainda que éste acadou colaboracións moi diversas, o seu pretendido goberno de concentración republicana, non logrou pasar do centrismo. Formou así, o 12 de outono, un goberno de dirección radical que contaba con figuras doutros partidos republicanos. Foron disoltas as Cortes Constituintes e convocadas eleccións xerais —segundo a nova lei electoral— para o 19 de novembro. O P.G., fondamente imbuído de escepticismo (156), novamente dista de considerar satisfactoria a solución dada a crise gubernamental. Chega a desconfiar  —ou polo menos quere dar esa impresión— de que a actuación parlamentaria servise para resolver o problema de Galicia, e vagamente esboza a posibilidade de optar por unha alternativa máis radical. As perspectivas electorais non lle infunden tampouco novas esperanzas, por canto que intue que a ordenación electoral dos diversos partidos non se acomodara ó plantexamento que quixera ver diseñado:


«Non apareceran candidaturas galegas e antigalegas. Ollaranse somentes as que leven por divisa o rubro de dereitas ou esquerdas» (157)


     De todolos xeitos, estas opinións que afloran á superficie non nos deben desnortar. Silandeiramente en moitos membros do P.G. estabase operando unha transformación na maneira de enfoca-la política, da que teremos inmediatamente comprida mostra na abraiante decisión da Asamblea Extraordinaria do P.G. de acudir ás eleccións... ¡en coalición cos partidos republicanos autonomistas! Para entender como se puido producir tal cambio, que entrañaba a reconsideración da posición de arrendamento e hostilidade verbo dos partidos que tildaba de autonomistas sedicentes, cando non de treidores; seguida últimamente polo P.G., inexcusablemente compre que nos refiramos a unha autocrítica saída da pluma de Bóveda (158). Este dirixente escomenza a dexergar que as loitas da política española ventilábanse tamén en Galicia, con independencia de que lle gostara ou non ó P.G., e a propia configuración dos partidos na inminente contenda electoral que se prevía sería en termos de dereitas e esquerdas, confirmaba esta idea. Por conseguinte o P.G. non podía pretender manter unha postura de neutralidade nas loitas da política española. E xa que tiña que intervir nun universo político dividido en dous bandos, debía de tomar partido por un deles, abandonado o seu aillamento; debendo, pois, establecer alianzas, estas debían facerse coa esquerda republicana por ser ela a que levaba a autonomía nos seus programas e a que posibilitara ademais a autonomía de Cataluña, estando en camiño de conceder tamén a do Pais Vasco. Que en Galicia non actuase co necesario fervor autonómico era algo que se podía correxir.
     O novo plantexamento de Alexandre Bóveda iráse impoñendo, ainda que non con tódalas suas consecuencias, en medio de polémicas que sumen ós membros do P.G. nunha gran confusión. Os partidarios da postura de Bóveda pronto apareceran como maioría. Víctor Casas, o leal colaborador de Bóveda, é quen expón públicamente (159) a presunción de que as eleccións convocadas para o 19 de novembro comportaran unha batalla entre os partidos republicanos de tódolos matices e mailas dereitas. Sostén que isto mesmo vaise dar tamén en Galicia, onde, ademais, do resultado das eleccións vai depender a resolución da cuestión estatutaria. Impuñase, pois, cambiar de actuación, sendo:

«[...] Ilegado el momento de abrir un armisticio en Ia lucha política gallega para pensar en rectificar conductas y presentar Ia batalla al enemigo común» (160).


     Como resultada axiomático que si os partidos de esquerda ían divididos o triunfo sería do contricante, propugna a alianza dos partidos republicanos e autonomistas, crendo que realmente eran tales ainda que non o tiñan demostrado debidamente. E non ten reparo en dar os nomes e apelidos dos partidos que quixera ver coaligados; eran estes: o PRG, radical-socialista, Acción republicana, P. Radical, galeguista, federal e agrarios. Deste xeito consideraba indubidable que Galicia enviaría ó Parlamento unha numerosa representación republicana de tipo esquerdista e autonomista, que debería dar lugar despois a un bloque parlamentario que defendese solidariamente os intereses de Galicia e resolvese favorablemente o pleito autonómico. Esta posición é rexamente combatido polo núcleo ourensán —tendo tamén apoio noutras partes de Galicia, como por exemplo Vigo (161) e Pontevedra— dende o «Heraldo de Galicia». Concretamente Vicente Risco é quen lle sae ó paso (162) botandolle en cara a incoherencia que supuña considerar como autonomistas os radicais, entre outros. Razona Risco que unha tal alianza implicaría, ós efectos, que o P.G. se definía como de esquerdas, co cal marxinábase a tódolos galeguistas que non se consideraban tales. Por todo elo aboga por participar nas eleccións, pero sen establecer ningún tipo de alianzas.
     A convocatoria dunha asamblea extraordinaria para o 21 de outono en Santiago, coa cuestión das eleccións como único tema no orde do día, ía revelar que nas revoltas fileiras do P.G. buligaban ainda máis posturas. En efecto, existía un reducido sector do P.G. que á vista do mal resultado que estaba dando a incursión do galeguismo na política, dos malos agoiros sobor do resultado nas eleccións vindeiras, tanto polo clima reinante como polo que viña da pasar nas eleccións municipais, e ante a división da política en dous campos como fidel reflexo do que acontecía a nível xeral español, postulaba pura e sinxelamente a abstención. Un dos abandeirados da postura de abandonar a política dos partidos ó uso, preocupada polas conquistas cativas, para adicarse a incrementa-la conciencia nacional para logo impoñela de xeito revolucionario, era Fernández del Riego (163). A propia redacción da convocatoria da I Asamblea Extraordinaria amosa xa que eran maioría os que preconizaban a intervención nas eleccións (164). O argumento de que era mester obter forza parlamentaria dabondo como para sacar adiante o Estatuto, o que esixía a alianza do P.G. coas forzas autonomistas (165), tiña un valor apodíctico e como tal se impuxo na Asamblea de Santiago, de xeito que o P.G. acorda ir a loita electoral en toda Galicia en colaboración cos partidos autonomistas. No caso de que non coallara unha conxunción republicano-autonomista, presentaríase polas minorías. Foron ademais propostos candidatos: Castelao, Otero Pedrayo, Suarez Picallo, Bóveda, Paz Andrade, Alvarez Gallego, Basanta, Plácido R. Castro, Germán Alonso, Martínez López e Gómez Román (166). Coa excepción de Otero Pedrayo, tódala ala conservadora do P.G. foi excluida da candidatura. Non temos precisa información sobre se Risco foi marxinado, ou se ben foi él mismo quen se autoexcluiu, pero, con todo, tendemos a inclinarnos por esta última posibilidade, dado que Risco ó estar disconforme coa resolución da Asamblea, sentiríase especialmente incómodo tendo que formar él mesmo parte dunha candidatura de coalición; polo demais, a inclusión de Otero Pedrayo amosa que non foron sistematicamente depurados os integrantes da ala de dereitas, que se posicionaban en contra das alianzas coa esquerda. Compre tamén sinalar o esquecemento de Filgueira Valverde, a quen ninguén propuxo como candidato, pesia os seus esforzos a prol do partido. Filgueira quedou por elo fondamente doído e cando promova despois a escisión da Dereita Galeguista de Pontevedra non perderá a oportunidade de recordarllo ós seus ex-compañeiros (167).
     A decisión do P.G. da aliarse cos partidos autonomistas, que será axiña ratificada nunha asamblea ordinaria, compromete a medio prazo a sua virtualidade integracionista, pero de momento conquirese preservar a unidade do partido. A posibilidade de que as demais forzas non se aviñeran a formar unha candidatura de coalición —posibilidade que veríase cumplida en duas provincias—, e que deste xeito o P.G. comparecera ailladamente, amortiguaba as tensións internas. De feito non hai indicios no sector conservador de que se plantexe a necesidade da escisión (168), e moito menos na corrente de esquerdas, que marca a pauta establecendo a política que máis lle agrada. Hai ademais un feito integrador suplementario, que estriba en que o P.G. acorda aliarse cos partidos autonomistas, o que se ben implicitamente significaba comprometerse coas forzas de esquerda, tal colorario non se explicita. E elo ten unha gran importancia na medida en que permite un malabarismo político, en virtude do cal o P.G. vaise presentar as eleccións pretendendo representar unha actitude de pura autoctonia, situandose ó marxe tanto de dereita como da esquerda. Non se alía coa esquerda, por ser tal, senon por considerala autonomista. Quede, pois, precisado que o que se acordou na Asamblea do P.G. non é aliarse coa esquerda (ainda que os de esquerda eran xa a estas alturas maioritarios), senon máis difusamente coas forzas autonomistas. Ainda que a dicotomía política de Galicia percibese como realidade por parte de Bóveda, Víctor Casas e moitos máis, o P.G. tardará ainda algún tempo, en extraer as conclusións desta evidencia. Antes diso teñen que recibir a aldrabonada do revés electoral. Xa que logo, de momento comparecen as eleccións mantendo a ficción de estaren ó marxe da bipolarización política de Galicia (169). A voz de Carballeira instando, teimuda e reiteradamente, a subdivisión do P.G. en dous partidos, non atopa eco ningún (170). Outro tanto acontece coa análoga petición feita dende distintos partidos é órganos de opinión (171). A convocatoria de plebiscito estatutario para despois das eleccións actuaba como un reforzo suplementario. A responsabilidade esixía dos galeguistas poñer a unidade en primeiro plano.
     O Comité Electoral do P.G. fai o acoplamento definitivo de candidatos: Castelao e Paz Andrade presentanse por Pontevedra, Otero Pedrayo por Ourense, Alvarez Gallego e Basanta del Río por Lugo e pola Coruña van Suarez Picallo, Martínez López e Banet Fontenla. Bóveda e Plácido R. Castro renuncian a ser candidatos por considerar que son mais útiles nos cargos que viñan desempeñando no P.G. (172). Entabladas negociacións coas forzas autonomistas, chegaron a resultados positivos na provincia de Pontevedra, menos satisfactorios na da Coruña, e sinxelamente non obtiveron resultado ningún nos restantes distritos de Lugo e Ourense. Na provincia coruñesa pesía as diferencias entre Casares e Abad Conde, PRG e radicais forman coalición, xunto co P.R. Conservador e un independente. Tamén por maiorías formase outra candidatura da CEDA e agrarios, completando o panorama as que presentan separadamente PSOE e PC. Fallidas as conversas celebradas en Santiago a instancias dos radical-socialistas, entre a «Agrupación Radical», «Centro Federal de Izquierda Gallega», «P. Republicano-conservador», «Partido Galeguista» e «Unión Socialista Gallega» (173) constituense diversas candidaturas polas minorías, entre as que nos interesa destacar a que forman o P.G. cos federais, e as outras duas de tipo galeguista que compiten con ela, a de Xoan Xesús González e a de Alvaro das Casas. A lista do P.G. co P. Federal queda, pois, integrada por Picallo, Antonio García y García (P.F.), Martínez López, José Carnero de Valenzuela (P.F.) e Banet Fontenla (174) . Compre suliñar que a pesares de que o Comité provincial radical-socialista acordou retirar os seus candiatos que irían na coalición cos galeguistas e federais, estes contaron co apoio da Agrupación radical-socialista de Santiago (175).
     Na provincia de Pontevedra, parecía que as desaveñencias preexistentes impedirían unha coalición entre o P.R.G., A.R., P.G. e Federación Provincial Agraria (176). De tódolos xeitos, e tras arduas negociacións, conqueriron concertar un pacto electoral, ó que tamén se sumou o P. Republicano Vigués (177). A chamada «Candidatura de Izquierda Republicana» quedou composta por dez integrantes, dos cales dous pertenecían ó P.G. (nos postos terceiro e séptimo), outros dous ó «Partido Agrario» (178), tres ó P.R.G., un ó P.R. Vigués e dous a A.R. O P.G. tiña na práctica unha representación equiparable ó P.R.G. que ocupaba o maior número de postos, dado que contaba non só con Castelao e Paz Andrade, senon tamén con Alonso Ríos, que ía polo P.A., pero que mantiña uns nexos co P.G. que non eran un segredo para ninguén (179). Competían con esta candidatura, tamén polas maiorías, unha de dereitas (CEDA e monárquicos), outra do P. Radical e P. Conservador, e sendas máis do PSOE e PC.
     Pola circunscripción ourensana, o P.G. presentou como único candidato a Otero Pedrayo polas minorías, en pugna con radicais-socialistas ortodoxos, A.R. e P.R.G.
     Na provincia de Lugo, onde o P.G. tiña menos implantación que nas tres restantes, tampouco chegou a coaligarse coas forzas autonómicas, presentando a dous candidatos polas minorías, Pedro Basanta dal Río e Xerardo Alvarez Gallego. O seu carón pugnaban polos escanos os radical-socialistas e independentes.
     A campaña levada a cabo polo P.G. foi bastante intensa, «A.N.T.» deixa de publicarse para que os seus redactores poideran adicarse de cheo as tarefas propagandísticas. Os ourensáns seguen outra política distinta, transformado o semanario «H. de G.» en diario, aproveitándose de que ó ser portavoz oficioso e non oficial do P.G., tiña unha audiencia máis amplia que o estricto círculo do partido. O secretario xeral, Alexandre Bóveda, recorre Galicia establecendo contacto electoral entre os grupos do P.G, coordinándoos e dándolles instruccións (180). Na Coruña o Comité Electoral do P.G editou unha colección de follas soltas con dazaseis títulos distintos referentes a actuación dos seus deputados, ó programa do P.G. e ós primordiais problemas de Galicia pendentes de solución. Distribuiu ademais un folleto que versaba sobor dos principios e obxetivos do P.G., outro coa versión taquigráfica da interpelación dos seus deputados sobor dos problemas galegos, e un terceiro editado pola sociedad «Unión Estradense» de Bos Aires, contendo tres discursos de Picallo (181). É precisamente Suarez Picallo quen dende Ferrol dinamiza a campaña, recibindo representacións de núcleos obreiros, campesinos e de xente do mar, entre os que gozaba de bastante popularidade. Visita numerosos pobos do comarca (Moeche, Pontes, San Saturnino, Valdoviño, Ortigueira, etc.) sendo ben recibido debido en gran parte ó seu labor no Parlamento a prol dos seus intereses (182). Xunto con Martínez López e Banet Fontenla, e algún outro orador de apoio que varia en cada sitio, celebran mitins en Finisterre, Cee, Corcubión, Rianxo, Negreira e Ordes (183). Para coordinar a actuación cos federais, establecen unha oficina permanente nos locais do Centro Federal, en Santiago. Na área proxima a esta cidade, un equipo de propagandistas formado por Castelao, Mosquera Pérez, Rodriguez Tenreiro, Sebastián González, Brañas, Cancelo e outros, pronuncian mitins en Rianxo, Asados, Araño, Leiro, O Pindo, e Canedo (184). Para garantizar a pureza do sufraxio e mailos dereitos dos electores o P.G. dispuxo en Santiago unha oficina xurídica, dirixida por abogados, profesores e alumnos da Facultade de Dereito, co cometido de abrir un proceso sistemático de cantos delitos electorais se cometeran na contenda electoral; prega ós particulares e entidades de todo tipo que denunciaran, nela as irregularidades que observaran (185). Digamos, ó cabo, que o P.G. fai a propaganda pola sua conta, sen coordinación aparente cos federais, a pesares da existencia da devandita oficina de enlace en Compostela. Tal obsérvase nos mitins e no anuncio da candidatura que pon o P.G. na prensa, da que están ausentes os candidatos federais (186).
     En Pontevedra o P.G. actúa integrado na campaña de propaganda que efectua a «Candidatura de Izquierda Republicana», participando nos mitins conxuntos que promove en numerosos pobos da provincia (187). Actúan como principais oradores Alonso Ríos, Bóveda, Paz Andrade, Castelao, Isla Couto e Núñez Búa. A coordinación da campaña corría a cargo dunha «Secretaría permanente» instalada nos locais do P.G. en Pontevedra. As consignas centrais da candiatura de coalición eran: «Para salvar el Régimen de Ia acechanza monarquizante; para que continúe forjando una España democrática y progresiva; para que Galicia no vuelva a estar representada por extraños, sino por hombres capacitados y dignos». O apoio da «Federación Provincial Agraria», que contaba cunha moi considerable afiliación de campesinos e que enviara unha circular ás sociedades federadas recordándolles a obriga que tiñan de votar pola candidatura na que figuraban dous membros da Federación, compromiso que foron ratificando unha sociedade tras outra, facialles agoirar un resultado alentador.
     Na provincia de Ourense o P.G. actua só. Reparte varios milleiros de folletos de diferentes clases (188) e coloca asimesmo carteis murais. Celebra con éxito de público mitins en Trives, Maceda, O Barco e Celanova (189). O acto final, que cerraba a campaña, tivo lugar no Teatro Principal de Ourense, con Del Riego, Bóveda, e o propio candidato, Otero Pedrayo, como oradores (190). Como noutras partes, fan fincapé na necesidade de que Galicia conte cunha representación xenuina, capaz de defender rexamente os seus problemas e de sacar adiante a autonomía cun nível de competencias equiparable ó de Cataluña. A campaña desenvolveuse en medio dunha gran acritude, sendo Otero Pedrayo moi atacado e vilipendiado fundamentalmente por parte das dereitas que fan gala dun gran pulo (191). Otero Pedrayo ataca en especial a Calvo Sotelo, e en xeral ó conglomerado de dereitas, tanto polo seu centralismo como por utilizar partidistamente a bandeira da relixión (192). A actitude do P.G en Ourense, pretendendo rañar votos no electorado da dereita (193), era lóxica dada a significación do candidato galeguista e a previsible decantación do electorado a prol dunha opción conservadora. Todo o cal non era óbice para que refugaran plantexar a contenda en termos de dereitas e esquerdas.
     En Lugo presentanse Xerardo Alvarez Gallego e Pedro Basanta con moi poucas esperanzas. Xa dixemos que esta provincia era considerada polos galeguistas como o «Ulster de Galicia», e significativamente Alvarez Gallego declara á prensa que era esta unha circunscripción de éxito improbable, dado que se ben existía bon ambiente para ó galeguismo, ainda non tiveran tempo de traballalo. Presentanse, pois, a título experimental, polo que declara con humor o candidato galeguista: «Soy un tubo de ensayo» (194). Con todo celebran mitins en Monforte, Páramo, Vilanova de Lourenzá, Lugo, Viveiro, Mondoñedo, Villalba, Castroverde e algúns outros puntos. Apoian a campaña Víctor Casas, Del Riego, Castelao, Ramón Villar Ponte e Alvaro Cunqueiro (195). Reparten as consabidas follas e folletos e poñen anuncios na prensa pedindo o voto para a «Candidatura Galeguista» dado: «que no tiene más compromiso que defender Ia Tierra» (196).
     A Xornada electoral discorría en xeral nun ambiente de tranquilidade en Pontevedra e Ourense, rexistráronse alguns incidentes na da Coruña, e numerosos altercados na de Lugo. Os candidatos radicais e dereitistas obtiveron unha sonada victoria, do mesmo xeito que no resto de España. Os galeguistas non conquiren ningún escaño; o seu candidato máis votado foi Castelao con 32.325 votos, seguido de Paz Andrade con 31.425, Picallo con 28.653, Otero Pedrayo frisando os 20.000, e logo, xa con votacións sensiblemente menores, Martínez López con 14.632, Banet Fontenla con 9.216, Basanta com 5.367 e Alvarez Gallego con 2.427 (197). No conxunto de Galicia o P.G. conqueriu ura resultado global de 106.000 votos (198), que se ben non abondaban para obter algún deputado, servían cando menos de estímulo. Sinalemos, ó cabo, que o galeguista que se presentaba como agrario, Antón Alonso Ríos, acadou 28.573 votos, e que os candidatos federais Carnero Valenzuela e I.A. García, obtiveron en total pouco máis de 13.000 votos.
     Sen perxuicio de afondar máis adiante nas causas do revés electoral do P.G., anticipemos o destacado papel que desempeñou a sua indefinición ante a cuestión das dereitas e esquerdas. O P.G. presentou a sua oferta electoral como estrictamente autonomista, situándose ó marxe da polarización política que se rexistraba tamén en Galicia, da que eran perfectamente conscientes, pretendendo —en aplicación da sua visión integracionista da nación— que o comportamento electoral dos votantes galegos se atería máis a sua condición de tales —co que apoiarían ó P.G. que se autoconsideraba como a xenuina expresión de Galicia— que ós seus puntos de vista e intereses. O desengano á vista de que o electorado funcionaba con arreglo a unhas pautas políticas non integracionistas, inducirá ó P.G. a adoptar un cariz político preciso e claro. En adiante vaise mover no espacio política da esquerda.
     Os nacionalismos vasco e catalán saen mellor parados da contenda electoral do 19 de novembro. A razón de ser disto pódese atribuir —ademais por suposto, da sua superior implantación— ó feito de que contan con partidos de significación nidiamente dereitista (PNV e Lliga) que conectara perfectamente ben co xiro conservador do electorado. Deste xeito os nacionalistas vascos conquieren catorce diputados, e a Lliga unha minoría parlamentaria tamén moi significativa (27 diputados) (199). O P.G. tivo unha oportunidade especialmente doada de xogar a fundo a carta conservadora na provincia de Ourense. Pero non o fixo así, e a sona que Otero Pedrayo tiña de sintonizar coa ideoloxía das dereitas, xa un pouco mermada pola actitude de tolerancia relixiosa de que fixera gala nas Cortes, non abondou dado que na campaña mantivo unha actitude hostil descontra o máis calificado representante da dereita ourensán, cal era Calvo Sotelo, e por pretender estar ademais por riba das etiquetas políticas usuais na conxuntura electoral.
     Chegados a iste punto, é ben pasar a considerar con algo de vagar a actuación levada a cabo polo P.G. verbo de tres temas que pola sua importancia, tanto para a sociedade galega como para o partido do que estamos a analisa-Ia sua práctica, non podemos menos que salientar. Son estes a autonomía, o tratado comercial co Uruguai que puxo en pé un forte movimento agrario, dentro do que o P.G. xoga unha baza destacada, e a cuestión do ferrocarril galego.





NOTAS:


(1) Acta da primeira xuntanza do Consello Executivo do P.G., celebrada en Pontevedra a 6-XII-1931. Arquivo do P.G.
(2) Problemas xurídicos, Banet; Cultura, Alvaro das Casas; política fiscal, Bóveda; fomento pesqueiro, Paz Andrade; agrarismo, Alonso Ríos; traballo, Tobío; política, Plácido R. Castro e organización de Galicia, Risco. Acta da segunda xuntanza do Consello Executivo do P.G., celebrada en Pontevedra o 13-XII-1931; Arquivo do P.G.
(3) «Huelga de Orense», Diario de Sesiones de Cortes, n.° 141, páx. 4.675.
(4) Acta de xuntanza do C. Executivo do P.G. celebrada a fins de nadal de 1931. Arquivo do P.G.
(5) Acta da xuntanza do Consello Executivo do P.G., sen data, pero situable en xaneiro ou febreiro de 1932. Arquivo do P.G.
(6) Un amplio resume deste acto en E.P.G., 29-XII-1931, páx. 12.
(7) Vide por exemplo El Ideal Gallego, 27-XII-1931, 29-XII-1931, páx. 3 e 30-XII-1931, páx. 5.
(8) A carta eviouna o C.E. do P.G. ó «ABC», que terxiversara o incidente, esaxerandoo e presentandoo como mostra de antigaleguismo, e tamen a E.P.G., 2-I-1932, páx. 7.
(9) Castelao presentou unha enmenda no nome dos diputados galeguistas e dalgún outro da F.R.G., o 18-IX-1931. García, X.L., Op. cit., pp. 15-21. Vide tamén «Os paladíns parlamentarios do Galeguismo»; A.N.T., 25-VII-1932, páx. 1.
(10) Ibídem. pp. 24-28.
(11) Folla solta contendo o manifesto publicado polo P.G. o 25-VII-1932, Imprenta NOS.
(12) Diario de Sesiones de Cortes, n.° 34, páx. 784 e n.° 84, páx. 2.767.
(13) Suárez Picallo era con A. Villar Ponte, o abandeirado da tendencia minoritaria da F.R.G. que propugnaba a solución federal, frente a corrente maioritaria, partidaria da fórmula integral, (ainda que compatible coas autonomías) vencellada as posicións sostidas pola coalición gubernamental, que tiña como portavoz a Novoa Santos.
(14) «El Partido Galleguista y Ia política gallega»; E.P.G., 20-I-1932, páx. 1. Na nota non se aclara o motivo concreto, ainda que noutra parte dase a entender que foi debido a inconsecuencia de Casares Quiroga na cuestión do federalismo. Stanley G. Payne, pola sua banda, afirma —citando a González López— que foi ocasionado pola negativa dos dirixentes de O.R.G.A. a apoiar o principio de autonomía vasca. Op. cit., páx. 138.
(15) «Suárez Picallo en el Parlamento. Habla como diputado galleguista»; E.P.G., 28-1-1932, páx. 3.
(16) La Voz de Galicia, 16-VI-1931.
(17) Reglamento provisional de las Cortes Constituyentes, aprobado o 18 de xullo de 1931; Imprenta Ramona Velasco, Madrid 1931, pp. 7-8.
(18) V. de G., 16-VI-1931.
(19) «Una carta de Villar Ponte»; E.P.G., 29-I-1932, páx. 8.
(20) A. Villar Ponte, «Yo he cumplido con mi deber»; E.P.G., 4-XI-1933, páx. 12.
(21) Ibídem.
(22) Diario de Sesiones, n.° 164, páx. 5.553. Atópanse amplios comentarios en E.P.G., 10-V-1932, páx. 9, 13-V-1932, páx. 3 e 15-V-1932, pp. 1 e 6.
(23) A. Villar Ponte refire que a arremetida de «El Imparcial» (periódico monárquico e defensor dos trigueiros casteláns, segundo el) contra Castelao foi despiada. Tanto que se lle chegou a facer unha homenaxe de desagravio de Galicia. «Pretextos Cotidianos»; E.P.G., 25-V-1932, páx. 1.
(24) «La Misión Biológica y don Cruz Gallástegui»; E.P.G., 26-I-1932, páx. 10. Vide tamén Acta incompleta dunha xuntanza do C.E. do P.G., celebrada en xaneiro de 1932; Arquivo do P.G.
(25) Vide discurso de Castelao pronunciado nas Cortes o 26-II-1932 en García X.L., Op. cit., pp. 31-33. Amplios comentarios en E.P.G., 27-II-1932, pp. 2-3.
(26) «Los diputados gallegos ante Ios problemas de Ia región»; E.P.G., 26-V-1932, páx. 1. Vide tamén carta autografa de Castelao a Bóveda, sen data pero situable en maio de 1932. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 14).
(27) Azaña, Manuel. Memorias políticas y de guerra, I, Grijalbo, 2.ª ed., Barcelona 1978, páx. 384.
(28) Vide a obra Historia de España, dirixida por Tuñón de Lara, T. IX, Labor, Barcelona 1981, páx. 138. Segundo a nosa propia investigación, sabemos que a folga foi tamén xeral en Santiago e parcial en Ferrol, por non tela secundado a U.G.T., E.P.G., 17-II-1932, páx. 8.
(29) Interesante estudio sobor disto en Elorza, Antonio «La utopía anarquista bajo Ia II República», Revista del trabajo, n.° 32.
(30) Por certo que en troques de seren levados a Guinea no buque «Buenos Aires», foron conducidos a Fernando Poo, por unhas causas que ilustran moi ben sobor de cál era a mentalidade dos republicanos. Nefeuto, Casares Quiroga cosiderou fundadas e válidas as observacións dos colonos das factorías de Bata, segundo os cales redundaría en desprestixio da raza branca que un grupo de deportados brancos fose vixiado pula garda indíxena negra, poñéndose así en tea de xuicio a pretendida superioridade dos europeus brancos. «Por que no desembarcarán en Bata Ios deportados». E.P.G., 28-II-1932, páx. 4.
(31) Así o revela Víctor Casas, «Fenestra», E.P.G., 21-II-1932, páx. 1.
(32) «Actividad galleguista. El mítin de Betanzos»; E.P.G., 26-IV-1932, páx. 12.
(33) Tal afirmación se fai en Alma Gallega, 1-XI-1931, páx. 102.
(34) Esta votación aparece ben glosada, polo interés que a cuestión Ile merecía en El Ideal Gallego, 20-X-1931. Por certo que o que ingresaría posteriormente no P.G., Antón Villar Ponte, votou a favor.
(35) «Os paladíns parlamentarios do galeguismo»; A.N.T., 25-VII-1932, páx. 1. Consideramos que isto en certo como o proba o feito de que dera o seu voto para que se concedera ós xudeos o dereito de abrir unha sinagoga en Córdoba. Esta actitude provocou a indignación de «El Ideal Gallego», que chegou a poñer era dúbida o seu catolicismo. Non foi esta a única vegada que o xornal coruñés atacou ós galeguistas pola sua falla de ardentía na defensa da relixión católica. Criticou tamen a Castelao porque nunha conferencia dixera que os casteláns inventaran o inferno e os galegos o purgatorio, co propósito de poñer en evidencia as diferencias sentimentais entre os dous pobos. Víctor Casas, «Cousas que están sucedendo»; E.P.G., 15-VI-1932, páx. 4.
(36) Diario de Sesiones de Cortes, n.° 293, páx. 11.100.
(37) Así o revela Suárez Picallo nun discurso pronunciado o 15-III-1932; vide García, X.L., Op. cit., páx. 215.
(38) Renunciamos a explicar en detalle o senso das intervencións, por figurar xa no apartado correspondente ó Programa e Obxectivos do P.G.
(39) Así, por exemplo, a mediar 1933 declara que non toma partido nas cuestións de política española que provocaban liortas no Parlamento. Únicamente lamenta que estes enfrentamentos paralizasen o Goberno. A.N.T., 24-VI-1933. Ademais Bóveda consideraba que os diputados do P.G. debían establece-la sua residencia era Galicia, adicandose a intervir na campaña de propaganda e a visitar ós Grupos para afortala-la sua organización, indo só a Madrid cando se trataran cuestións de importancia para Galicia. Orde do día do Consello do P.G. celebrado o 11-IX-1932, Arquivo do P.G.
(40) Declaracións de Xaquín Lorenzo, Ourense, 29-IV-1981.
(41) Declaracións de Carlos Velo á revista Teima, 26-V/2-VI-1977, páx. 20.
(42) A prensa ironizaba as veces sobor da sua situación académica; así por exemplo, «Ahora» de Madrid adícalle unha malévola croniquiña, reproducida literalmente en E.P.G., 4-VI-1932, páx. 4.
(43) As «broncas» de Bóveda debían de ser considerables. Sintomáticamente Castelao refire nunha carta que el estaba disposto a intervir para expoñe-lo punto de vista do seu partido na crise gubernamental de setembro de 1933, a pesares de consideralo improcedente, polo medo que Ile tiña ó Secretario de Organización, Bóveda. Carta de Castelao a Bóveda, sen data, pero situable no IX-1933. Arquivo do P.G. Temos outro testimuño disto nun impreso de Bieito Cupeiro, titulado «Acrarando unha maniobra...»; folla solta imprentada en Bos Aires, 20-XI-1963. Consultada na colección particular de Fermín Bouza Brey (Cortegada-Ourense).
(44) Consta así nun acordo do Consello Executivo do P. G., E.P.G., 9-III-1932, páx. 7, e 7-IV-1933. Tamén acta incompleta dunha xuntanza do C. Executivo, s. d. pero situable a comenzos de 1932. Arquivo do P.G.
(45) Así o conta Núñez Búa en A.N.T., editada en Bos Aires o 25-VII-1950, páx. 39.
(46) «El Partido Galleguista y Ia política gallega», E.P.G., 20-I-1932, páx. 1.
(47) «A laboura das Segredarías»; A.N.T., 15-IV-1932, páx. 4.
(48) A.N.T., 15-V-1932.
(49) «El Partido Galleguista responde a unas alusiones»; E.P.G., 12-III-1932, páx. 10.
(50) A rebati-lo presunto carácter reaccionario do P.G. adica Castelao boa parte da sua intervención nun mitin en Santiago; E.P.G., 2-III-1932, páx. 7.
(51) Verbas pronunciadas por Picallo, nun mítin celebrado en lugo, E.P.G., 23-III 1932, páx. 7.
(52) A.N.T., 15-V-1932.
(53) Convocatoria dunha xuntanza do C.E. do P.G., firmada en Pontevedra a 3-III-1932. Arquivo do P.G.
(54) Vide crítica de Placido R. Castro, «Programas y realidades»; E.P.G., 18-V-1932, páx. 1.
(55) «El nuevo Partido gallego»; H. de G., 16-V-1932, páx. 2.
(56) «Exemplos. Porque estou e como estou ond'estou»; E.P.G., 13-V-1932, páx. 1.
(57) Ibídem.
(58) Víctor Casas, «Fenestra. Para Antón Villar Ponte»; E.P.G., 15-V-1932.
(59) Consérvase un manuscrito de Bóveda escrito con seguridade para ser publicado na prensa retrucando ás opinións de Poza Juncal. Arquivo do P.G.
(60) E.P.G., 1-VI-1932.
(61) E.P.G., 15-VI-1932, páx. 4.
(62) Vide unha amplia reportaxe sobor deste acto en E.P.G., 19-VI-1932 e 21-VI-1932, páx. 9.
(63) A.N.T., VIII-1932. Tamén o difunde nunha folla solta, impresa por NOS.
(64) O P.G. confiaba especialmente en Azaña, recoñecéndolle unha gran capacidade política e sensibilidade para as arelas autonómicas. Vide unha mostra disto no artigo de Víctor Casas, «Fenestra»; E.P.G., 8-VI-1932, páx. 12.
(65) O primeiro en celebrar este tipo de misas foi o arcediago de Segovia e galeguista, D. Xancinto Piñeiro. O promotor delas foi Manuel Beiras. «Os homes, os feitos, as verbas», NOS, n.° 104, 15-VIII-1932, páx. 156.
(66) Para unha amplia glosa deste acto vide E.P.G., 26-VII-1932, páx. 9.
(67) Dato facilitado xentilmente por Alberto Martínez, quen realiza unha tese doutural sobor do agrarismo e sindicalismo católico, baixo a dirección do profesor D. Jesús Palomares Ibáñez.
(68) E.P.G., 26-VII-1932, páx. 10.
(69) E.P.G., 22 e 23-VII-1932, páx. 1.
(70) Víctor Casas, «Fenestra»; E.P.G., 27-VII-1932, páx. 12, e tamén artigo de Peña-Rey na páx. 8 deste mesmo día.
(71) «Ao paso d-un rumor»; A.N.T., IX-1932, páx. 1.
(72) «Actuación galleguista»; E.P.G., 31-VIII-1932, páx. 10.
(73) Así se lle comunica a Bóveda por parte de Lugrís Freire e Plácido Castro, que están dacordo con ela, en carta firmada o 8-IX-1932. Arquivo do P.G.
(74) «Azaña en Galicia»; A.N.T., IX-1932, páx. 1.
(75) E.P.G., 11-X-1932, pp. 1-7 e 12-X-1932, páx. 1.
(76) Acta da xuntanza da Segredaría Executiva do P.G., celebrada o 12-X-1932. Arquivo do P.G.
(77) Da contestación ocúpanse Plácido R. Castro, «Autonomía-Comentarios a un discurso»; E.P.G., 17-X-1932, páx. 1 e Víctor Casas, «Fenestra. Para alusións»; E.P.G., 20-X-1932, páx. 1 e novamente Plácido R. Castro «Autonomía.-Legítima defensa»; E.P.G., 25-X-1932, páx. 5.
(78) Víctor Casas, «Fenestra»; E.P.G., 14-X-1932, páx. 1.
(79) Para unha completa información sobor do lock-out pesqueiro de Vigo vide E.P.G. dos meses de maio a nadal; ilustra ben a postura da C.N.T. o libro de Dalmacio Bragado, Derivaciones y consecuencias del locaut pesquero de Vigo, Vigo 1933 (Pódese consultar na Fundación Penzol).
(80) O propio Paz Andrade en conversación tida con nós, e a «Asociación de Abogados de Vigo» (E.P.G., 24-XI-1932, páx. 7) sostiñan que o abogado galeguista limitárase ó desempeño das funcións técnicas de letrado, sin transvasar os lindes do estricto asesoramento xurídico.
(81) «Nota de Ia C.N.T.»; E.P.G., 26-XI-1932, páx. 7.
(82) Amplia glosa desta asamblea en E.P.G., 13-XII-1932, pp. 9-10 e V. de G., 13 XII-1932, pp. 1-2.
(83) «Opiniones»; E.P.G., 10-XII-1932, páx. 1.
(84) En efecto poucos días despois sacou Picallo o asunto a colación co gallo da discusión dos presupostos de Mariña para 1932. Vide Diario de Sesiones, n.° 135, pp. 4.459 e 4.469.
(85) L. Santiso Girón, «Proyecciones.-La Asamblea del Partido Galleguista»; E.P.G., 14-XII-1932, páx. 1.
(86) Aparecen amplias reseñas deste natalicio político fundamentalmente nos diarios conservadores. Vide El Compostelano, 15-XII-1932, páx. 1 e especialmente El Ideal Gallego («Se constituye en Santiago un grupo galleguista de derechas»), 17-XII-1932, páx. 8. Esta é a única «fractura» que presenta a C.E.D.A. en Galicia, polo que segue sendo válido afirmar que a actuación do partido de Gil Robles en Galicia difire bastante doutras zonas (como Cataluña onde apoia á autonomía). Para entender cabalmente un partido da complexidade da C.E.D.A., resulta obrigada a lectura do libro de R. Montero, José, El catolicismo social y político de Ia II República, 2 vols. Madrid 1977.
(87) «Espléndida vitalidad de Ia U. de Derechas en Santiago»; El Ideal Gallego, 14-XII-1932, páx. 8.
(88) Como froito destas tensións, os galeguistas coruñeses decidiron interrumpir unha conferencia de Emiliano Iglesias. Víctor Casas, «Respostando a unha nota»; E.P.G., 4-XII-1932, páx. 5.
(89) «Una nota del Partido Galleguista...»; E.P.G., 16-III-1933, páx. 13.
(90) Sobor disto vide o capítulo correspondente ó Programa económico do P.G. Para contextualizar a problemática económica de Galicia, en función da política económica seguida polos distintos gobernos republicanos vide: Beiras, Xosé M. «La economía española durante Ia II República», en Estudios sobre Ia II República española, Tecnos, Madrid 1975, pp. 141-164. Tamén pódense consultar con proveito: Benavides, Leandro. La política económica en Ia II República, Guadiana, Madrid 1972, e Lacomba, Juan A. Introducción a Ia historia económica de la España contemporánea, Guadiana, Madrid. 2.ª edic. Vide tamén Hernández Andreu, Juan, Depresión económica en España (1925-1934), I.E.F., Madrid 1980 e Hacienda en Ia II República Española, 2 Vols. I.E.F., Madrid 1981.
(91) Discurso pronunciado o 23-V-1933; García, X.L., Op. cit., pp. 56-83.
(92) Discurso pronunciado o 24-V-1933; Diario de Sesiones, n.° 322, páx. 12.272.
(93) Discursos pronunciados o 24 e 25-V-1933; García, X.L., Op. cit., pp. 329-372.
(94) Plácido R. Castro, «Un momento decisivo»; E.P.G., 23-IV-1933, páx. 1.
(95) Diario de Sesiones, n.° 312, páx. 11.894. A votación dos diputados galeguistas provocou indignación na C.N.T., quen no seu periódico coruñés «Solidaridad Obrera», os chama —xunto con González López e A. Villar Ponte, que se pronunciara de idéntica meneira— «verdugos del pueblo». A. Villar Ponte, «Pretextos cotidianos»; E.P.G., 4-IV-1933, páx. 1.
(96) Coidamos que a opinión de Víctor Casas reflexa á perfección o que antes sinalábamos sobre que o P.G. tiña pouco interés polas cuestións de Estado e polos problemas españois que non concernían directamente a Galicia (ou a Cataluña e Euskadi, que Ile interesaban por seren tamén elas nacionalidades en loita contra o centralismo). Víctor Casas, «Fenestra»; E.P.G., 16-III-1933, páx. 14.
(97) E.P.G., 1-IV-1933, páx. 1.
(98) Terra...!, 23-IV-1933, páx. 2.
(99) El Ideal Gallego, 19-IV-1933, páx. 5.
(100) Terra ...!, 23-IV-1933, páx. 3 e E.P.G., 18-IV-1933, páx. 10.
(101) Velaí os concellais obtidos polos distintos partidos en Redondela: Acción Republicana: 6, socialistas: 4, republicanos conservadores: 2, agrarios-republicanos: 4, P.G.: 1; E.P.G., 25-IV-1933, páx. 1. (Por certo que tanto o I.G. do 25-IV-1933, como V. de G. da mesma data, dan ós socialistas somentes dous concellais.
(102) Velaí os resultados totais en Tomiño: Agrarios republicanos: 13, P.R.: 5, indefinido: 1; E.P.G., 25-IV-1933, páx. 1.
(103) Para unha descripción desta crise, vide «Opiniones»; E.P.G., 22-IV-1933, páx. 1.
(104) «Interpretación del experimento electoral»; E.P.G., 26-IV-1933, páx. 1.
(105) «Tomiño»; E.P.G., 27-IV-1933, páx. 9.
(106) «Partido Galleguista»; E.P.G., 2-IV-1933, páx. 13.
(107) «Sobre Ias elecciones. Una nota del Partido Galleguista» ; E.P.G., 30-IV-1933, páx. 5.
(108) Vide Jackson, Gabriel. La República española y Ia guerra civil, México 1967, pp. 95-96. Seco Serrano, C. Op. cit. pp. 86-90. Tusell Gómez, X, La España del siglo XX, Dopesa, Barcelona, 1975.
(109) Terra...!, xa cit., páx. 3.
(110) Plácido R. Castro, «Autonomía.- ¿Nosotros solos?» E.P.G., 26-IV-1933, páx. 1.
(111) Juan Carballeira. «Nosotros solos, pero en dos frentes»; E.P.G., 20-V-1933, páx. 1.
(112) Así por exemplo: X.P. «Aspectos. La muerte o Ia salvación de Galicia»; E.P.G., 30-V-1933, páx. 1. Veleiquí como argumentaba: «Por otra parte el partido galleguista tiene ante ciertos aspectos apasionantes del momento actual una postura de neutralidad, postura impolítica que castra su vigor y que le da Ia apariencia inocua y blanda de todas Ias cosas neutras. El partido galleguista no es marxista ni antimarxista, no es confesional ni anticonfesional, mirado por el lado de Ias reivindicaciones campesinas es de izquierda. Es en resumen demasiado gris, demasiado cauto, demasiado prudente y demasiado intelectual para que pueda ser comprendido por masas densas en estos instantes de definiciones claras y tajantes, de deslindes nítidos y de tensiones violentas».
(113) Víctor Casas, «Fenestra. Ainda non»; E.P.G., 24-V-1933, páx. 12.
(114) Ramón Villar Ponte. «O galeguismo un e único»; E.P.G., 31-V-1933, páx. 14.
(115) Plácido R. Castro, «Autonomía. Frente único»; E.P.G., 27-V-1933, páx. 14.
(116) E.P.G., 22-VII-1933, páx. 5.
(117) Os contactos entre o P.G. e a U.D.C. foron numerosos. A título de exemplo a U.D.C. non se esquence de enviar un cordial saúdo ó P.G., co gallo do primeiro congreso do partido catalán. A.N.T., IX-1932, páx. 4. Vide tamén carta da U.D.C. ó P.G. Firmada en Barcelona a 26-VIII-1933. Arquivo do P.G.
(118) Manifesto de Galeuzca, s.d. pero situable en 1933. Arquivo do P.G.
(119) Carta manuscrita dirixida a Bóveda por Castelao, datada en Madrid a 14-VIII-1933. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 16).
(120) Así, decíalle a Bóveda que os discursos de Alvaro das Casas foron «fortes, pero adecuados a un nacionalista levado á desesperación (...) non fixo ren que mereza pola nosa parte censura de ningunha crás. Nos actos ganou as simpatías dos cataláns e vascos. Non merece, pois, pola nosa banda mais que alaudos, ainda que menos responsable que nos diga o que a nós non nos convén devir. Conste por adiantado a miña protesta pola rectificación do Grupo de Vigo». Ibídem.
(121) Vide sobor disto Hernández Lafuente, Adolto. Op. cit., pp. 120 e 144-147. Para unha visión global resulta interesante a obra de González Casanova, José Antonio. Federalismo y autonomía. Cataluña y el Estado español 1868-1939,
Crítica, Barcelona 1979, pp. 248-334.
(122) Editaban en Santiago o periódico Galicia Federal. Vide un achegamento ó estudo deste partido en Bozzo Alfonso, Op. cit., pp. 95-98. Resulta de gran valor para o coñecimento das orixes do federalismo galego a memoria de licenciatura, inédita, leída na Universidade de Santiago en 1978 por Moreno González, X. El federalismo gallego en el Sexenio 1868-1874. Dirixido polo profesor Jesús Mª. Palomares Ibáñez.
(123) Galicia Federal, 18-VII-1932, páx. 4.
(124) Galicia Federal, n.° 1, 4-VII-1931, pp. 3-4.
(125) «Informe encol do posible convenio cos federales» firmado por Castelao, en Pontevedra e 13-IX-1933. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 8).
(126) Bases para a constitución da «Federación Republicana Autonomista». Arquivo do P.G.
(127) «Informe encol do posible convenio cos federales», xa cit.
(128) Telefonema datado a 9-IX-1933. Arquivo do P.G.
(129) Manuscrito de Bóveda contendo notas referentes a diversas cuestións; sen data pero situable en setembro de 1933. Arquivo do P.G.
(130) A.N.T., 13-VIII-1933.
(131) Circular de Bóveda ós membros do C.E. do P.G., informandoos das xestións realizadas e convocandoos a unha xuntanza. Firmada en Pontevedra a 18-VIII-1933. Arquivo do P.G.
(132) «El Partido Galleguista»; E.P.G., 23-VIII-1933, páx. 10. Esta decisión aparece plasmada coa palmaria claridade no editorial de A.N.T., 3-IX-1933, páx. 1. Dicíase que o P.G. non debía colaborar con ninguén, sen importarlle se tal actitude era ou non impolítica.
(133) Esta explicación a suministra o mesmo Suárez Picallo na carta que lle dirixe a Casares Quiroga, comunicándolle as razóns que Ile inducen a causar baixa na sua minoría. Firmada en Madrid a 31-VIII-1933. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 1). O P.G. da conta do abandono de Picallo en A.N.T., 3-IX-1933, páx. 4.
(134) Bóveda queixase claramente disto. Vide circular do 18-VIII-1933, citada supra.
(135) Consérvanse duas cartas que ilustran ben este pequeno conflicto. A primeira de Suárez Picallo a Bóveda firmada en Madrid a 31-VIII-1933; a segunda da resposta de Bóveda a Picallo, firmada (probablemente en Pontevedra) a 5-IX-1933. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Docts. 1.1 e 1.2).
(136) «La O.R.G.A. facilita una nota»; E.P.G., 7-IX-1933, páx. 1.
(137) E.P.G., 5-IX-1933, páx. 1.
(138) Manifesto dirixido ó Pais Galego firmado polo C.E. do P.G.; sin data pero situable en setembro de 1933.
(139) «El Partido Galleguista reanuda su actividad»; E.P.G., 7-IX-1933, páx. 11.
(140) «Labor Galeguista. Unha protesta»; A.N.T., 18-IX-1933, páx. 3.
(141) Manuscrito de Bóveda contendo apuntes para o mítin pronunciado en Lugo o 24-IX-1933. Arquivo do P.G. Vide tamén amplia glosa do mitin en E.P.G., 27 IX-1933, páx. 7.
(142) «Chega o Traidor»; A.N.T., 18-IX-1933, páx. 4.
(143) Atopamos un artigo na revista Amañecer, 1-IX-1933, páx. 1. Toda a serie a reproduce E.P.G., 10-IX-1933, páx. 14; 14-IX-1933, páx. 12; 15-IX-1933, páx. 12 e 16-IX-1933, páx. 10.
(144) «O agro e a cidade»; A.N.T., 11-IX-1933.
(145) Informe de Risco a prol dos dereitos de Galicia, presentado no Congreso de Minorías Nacionais de Berna, celebrado en setembro de 1933. Foi integramente reproducido por entregas en A.N.T. nos meses de setembro e outono, co tiduo «Galicia recoñecida como Nazón en Berna».
(146) «Galicia en el Congreso de Ias Nacionalidades Europeas, de Berna; E.P.G., 27-IX-1933, páx. 9.
(147) «Nuestros reportajes»; E.P.G., 25-IV-1933, pp. 7-8.
(148) Ibídem, páx,. 7.
(149) Carta de Castelao a Bóveda, firmada en Madrid a 14-VIII-1933. Arquivo do P.G. (Vide Anexo Doc. 16).
(150) Alvaro de Ias Casas, «Diario de unha viaxe de nazonalistas. Geleuzca». Alento, n.° 7-8; 1-II-1935, pp. 105-106.
(151) Carta de Castelao a Bóveda, firmada en Madrid a 14-VIII-1933; Xa cit.
(152) Así o declara A. das Casas, en «Diario de ...», Alento, n.° 1-2, VII-VIII-1934, pp. 24-25.
(153) Plácido R. Castro, «El IX Congreso de Nacionalidades Europeas.- El ingreso de Galicia»; E.P.G., 30-IX-1933, páx. 10, «Las deliberaciones del IX Congreso de Ias Nacionalidades Europeas»; E.P.G., 5-X-1933, páx. 16, e «Galicia, nacionalidad europea»; E.P.G., 10-X-1933, páx. 14.
(154) «Novo Goberno»; A.N.T., 18-IX-1933, páx. 1.
(155) Castelao tiña preparado un discurso explicando as razóns da oposición dos diputados galeguistas («Explicación do voto dos diputados galeguistas ante a posible declaración do Goberno»), que non leu por non consideralo oportuno nin el nin os seus compañeiros de escaño. Pesia todo Castelao estivo a piques de lelo por un motivo que el mesmo nos aclara: «Eu mismo quixen facelo pol-o medo que teño ô Consello e sobor de todo ô Segredario Xeral; pero tanto Otero como Picallo dixeron que de ningunha maneira debía facelo». Isto llo confesa, medio en xoldra medio en serio, ó propio Consello Executivo do P.G., no informe que lle remite.
(156) «En todo o desenrolarse de Gobernos e Cortes republicáns, nin un sóio acordo revestíu o caraiter de beneficioso pra a Nosa Terra», dicía a estas alturas en A.N.T., 16-X-1933.
(157) Ibídem.
(158) Esta autocrítica foi ecrita posteriormente por Alexandre Bóveda, concretamente en maio de 1935, e figura na carta que lle envía a Filgueira Valverde dende o seu desterro gaditano. (Vide Anexo Doc. 7).
(159) Víctor Casas, «Del Momento. Ante Ias próximas elecciones»; E.P.G., 14-X-1933, páx. 12. V. Casas escrebe excepcionalmente un artigo en castelán «por si así pudiera tener mayor eficacia». Esta postura de escreber en castelán cando se quere obter maior audiencia na opinión pública, a practicaban tamén Bóveda e Alvaro das Casas, entre outros.
(160) Ibídem.
(161) «Los galleguistas ante Ias elecciones. Junta General del Grupo de Vigo», E.P.G., 21-X-1933, páx. 12.
(162) V. Risco, «Carta abierta a D. Víctor Casas»; H. de G., 16-X-1933, páx. 1.
(163) Del Riego explica esta postura, de clara matriz risquiana, ainda que agora non sexa preconizada por Risco no artigo «Apoliticismo»; A.N.T., 9-X-1933.
(164) No orde do día o que se plantexaba non era se compría participar ou non, senon de que xeito compría presentarse e si debían comparecer ou non en toda Galicia. «Borrador da convocatoria da I Asambreia Extraordinaria do P.G. feita pola Segredaria Executiva»; sen data pero situable en outono de 1933. Arquivo do P.G.
(165) Vide a argumentación que fai Bóveda na súa proposta ó Grupo de Pontevedra, de cara a Asamblea extraordinaria de Santiago. Arquivo do P.G.
(166) «Pontevedra. Los Galleguistas»; E.P.G., 24-X-1933, páx. 12.
(167) Vide Anexo Doc. 7.
(168) Só un mes antes da Asamblea extraordinaria de Santiago, un caracterizado representante da corrente conservadora, Manuel Beiras, desbotaba públicamente a comenencia dunha escisión. M. Beiras Garcia, «A política galeguista»; E.P.G., 18-IX-1933, páx. 2.
(169) Tanto nos nºs. de A.N.T. como de H. de G. correspondentes o XI-1933, insístese en combati-Ia compartimentación política en dereitas e esquerdas.
(170) Carballeira reitera a sua posición favorable á escisión, en dous artigos ainda non citados: «Política Gallega», E.P.G., 10-XII-1932 e «Temas Gallegos. Necesidad de dos frentes», E.P.G., 14-VII-1933, páx. 4.
(171) Reproduzamos, por vía de exemplo, a incitación ó esgazamento dun xornal ourensán, de signo conservador: «Sólo veremos una quiebra en los galleguistas, y es que no se han dividido aún en las dos ramas que en él se divergen, pero que Ia gran cordialidad de todos y el logro de lo común a todos conserva sin desgajarse en sus respectivos programas y rumbos: Ia católica y Ia neutra». «Hoy los galleguistas», La Región, 29-I-1933.
(172) «Partido Galleguista», H. de G., 8-XI-1933, páx. 1. Tamén A.N.T., 6-XI-1933.
(173) «El rumor en marcha»; E.P.G., 1-XI-1933, páx. 12. Houbo un momento no que parecía que P.G., P.R.S. e os federais formarían candidatura única, pero ó cabo quedaron sós o P.G. e os federais. E.P.G., 9-XI-1933, páx. 12.
(174) «Una coalición de Federales y Galleguistas»; H. de G., 8-XII-1933, páx. 4.
(175) «Santiago»; E.P.G., 16-XI-1933, páx. 12.
(176) El Compostelano, 2-XI-1933.
(177) «En Pontevedra»; V. de G., 14-XI-1933, páx. 2 Tamén H. de G., 8-XI-1933, páx. 4.
(178) Esta é a denominación que acordou darse a Federación Provincial Agraria de Pontevedra. Non confundir, polo tanto, co partido de Martínez de Velasco.
(179) Veleiquí a Candidatura de Izquierda Republicana:
  • Laureano Gómez Paratcha (Partido Republicano Gallego).
  • Amado Garra Castellanzuelo (Partido Republicano Vigués).
  • Alfonso R. Castelao (Partido Galeguista).
  • Telmo Bernárdez Santomé (Acción Republicana).
  • Ramón Alonso Martínez (Agrario).
  • Amancio Caamaño Cimadevilla (Partido Republicano Gallego).
  • Valentín Paz Andrade (Partido Galeguista).
  • Alenjandro Viana Esperón (Acción Republicana).
  • Antonio Alonso Ríos (Agrario).
  • Gonzalo Martín March (Partido Republicano Gallego).

     E.P.G., 5-XI-1933, páx.

(180) «Kaleidoscopio político de Galicia»; E.P.G., 10-XI-1933, páx. 12.
(181) «La campaña electoral galleguista»; E.P.G., 1-XI-1933, páx. 11.
(182) «Del Partido Galleguista»; E.P.G., 10-XI-1933, páx. 9 e 14-XI-1933, páx. 16.
(183) E.P.G., 5-XI-1933, páx. 16.
(184) «Santiago. Mítines galleguistas», E.P.G., 14-XI-1933, páx. 16.
(185) «Coruña. En defensa de Ia pureza del sufragio...»; E.P.G., 16-XI-1933, páx. 12.
(186) Tal anuncio, que por certo facía o P.G. en castelán, ou as veces en bilingüe, pódese ver en E.P.G., 14-XI-1933, páx. 16.
(187) Vide E.P.G., 1-XI-1933, páx. 12; 2-XI-1933, páx. 12; 9-XI-1933, páx. 12; 16-XI-1933, pp. 10 e 12.
(188) Segundo o propio Grupo de Ourense, repartiron folletos en número de 30.000,. «Notas y noticias de Ia actividad electoral»; H. de G., 8-XI-1933, páx. 4.
(189) E.P.G., 14-XI-1933, páx. 16.
(190) «Mítin galleguista en Orense»; El Ideal Gallego, 19-XI-1933, páx. 6.
(191) Así o recoñece con posterioridade o propio P.G. en A.N.T, 2-VI-1934, páx. 1.
(192) A título ilustrativo, en moitas Igrexas apareceu un gran letreiro que rezaba o seguinte: «Mujeres: para ir al cielo. Votad a Calvo Sotelo». Otero Pedrayo combatindo o uso partidario da relixión decía: «Eu (...) que me folgo de ser católico, poido decir que si dereita se chama ser católico, eu sono. Pero dereita non é sempre ser católico. O que sucede é que ise conglomerado de xentes que se titulan así, fan do Crucifixo a bandeira de unha política, de unha política que non poide rexurdir. Eu cando recibín a inspiración diviña, nunca pensei que ser católico tiña que ser aliado de certos apetitos». «Grandes mítines galleguistas en Barco de Valdeorras y Villoria». H. de G., 8-XI-1933, páx. 2.
(193) Vide o significativo artigo «Los católicos han de votar a Otero Pedrayo», que levaba a firma de «Un Católico»; H. de G., 8-IX-1933, páx. 1.
(194) «Galería de candidatos»; E.P.G., 7-XI-1933, páx. 14.
(195) E.P.G., 9-XI-1933, páx. 12 e 17-XI-1933, páx. 12.
(196) E.P.G., 19-XI-1933, páx. última.
(197) Datos tomados a partires de V. de G., 23-XI-1933, páx. 2; I. G., 22-XI-1933, pp. 1 e 6; E.P.G., 23-XI-1933, páx. 5; 26-XI-1933, páx. 7 e días sucesivos ata o 30 de novembro.
(198) A.N.T., 8-XII-1933.
(199) Os que hai que sumar os 20 diputados acadados pola Esquerra. Vide Pabón, Jesús, Cambó II. Parte II: 1930-1947, Alpha, Barcelona 1969, pp. 288-289.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega