Eu xa o lin todo e non
atopei nada que me chamase especialmente a atención explicou Pedro.
Esta claro que temos que procura-la mensaxe número catro...
afirmou
convencido Miguel.
¡Iso é...!
exclamou Cristina case berrando. Ten que estar na
páxina catro. A mensaxe catro, na páxina catro.
Aínda ben non rematara de falar, e xa todos estaban ollando a páxina
catro. Alí había un traballo que falaba dos xabaríns que se viran na
Fraga Vella, outro sobre o reloxio do campanario que vira da primeira
páxina, e tres anuncios.
Tódolos ollos estaban fixos nesta páxina.
Leron toda a páxina no máis absoluto dos silencios. Como se ningún
fose consciente da presencia dos outros, nin de que compartían todos a
mesma arela. Cada un estaba mergullado na súa propia lectura.
Despois dun meticuloso repaso da páxina catro, seguían sen atopar nada
que se revelara como posto aló para lles dar unha pista máis, que os
achegase ó autor das badaladas de tódalas noites.
Eu non vexo aquí nada que se poida dicir que é unha nova mensaxe
dixo Delio, sempre o máis preto de se desalentar.
Pois hai que seguir pescudando
insistía Cristina. Ten que estar
nesta páxina, porque é unha persoa que actúa con toda lóxica, por
iso eu penso que ten que estar nesta páxina e non noutra.
Non, se aprentemente tes razón, pero
aquí non se atopa nada que faga pensar que está posto para que nós o
interpretemos de forma distinta do que o vai facer calquera dos que o
lean
dicía Pedro sen arreda-los ollos da
folla. Se polo menos
soubésemos dalgún outro indicio que nos axudase a recolle-la mensaxe.
Ademais
engadiu Delio, non hai nada
que leve como sinatura o signo de interrogación que tiñan as outras
mensaxes.
Ó mellor leva o signo no medio do
texto, no canto de ir como sinatura...
aventurou Miguel, anque coa
seguridade de que estaba facendo unha aportación válida.
Tedes razón os dous
confirmou Pedro.
Deámoslle outro repaso, pero agora procurando signos de interrogación.
¿Outra vez?
protestou Miguel que xa se
fartaba de tanta lectura de "As novas de Eiranova", iXa logo
o sei de memoria!
Aínda a pesar das protestas de Miguel,
tódolos ollos se volveron a espetar no contido da páxina catro, e
tódalas bocas quedaron pechadas.
Delio e Elisa foron os primeiros en dar
fin á lectura. Ergueron a vista para pousala nos seus compañeiros que
seguían a ler. Nas súas caras víase con claridade que o seu traballo
non dera froito. Rematou Miguel e a continuación Cristina. Aínda ben
non remataran, cando Pedro deu un berro e escomezou a brincar.
iXa está! iXa o
teño! iAtopeino!
Os rapaces, que estaban sentados nunhas pedras grandes que había no
curral da casa de Elisa, puxéronse todos en pé de súpeto.
¿Onde? ¿Onde? preguntaban case todos a un tempo.
Pedro sinaloulles un lugar na páxina do xornal.
¡Aquí! ¡Ollade, aquí está! O que pasa é que como os signos de
interrogación sempre se poñen verticais, e aquí veñen horizontais, por
iso non o viamos.
Pois si que son signos de
interrogación, e hai dous confirmou Cristina. Moi ben, Pedro, se non
é por ti non o atopamos.
Moi ben, Pedro, se non chega a ser por
ti... repetiu Miguel facéndolle burla a súa irmá.
¿Sabedes unha cousa? preguntou Delio.
¿Que?
Que esta é a mensaxe número catro de
fixo, porque o muíño xa hai anos e anos que non funciona. E direivos
máis, todos saben que non funciona, por tanto isto só pode ser
intrepretado coma unha broma polos veciños, porque eu ténolle
escoitado a meu pai que, cada vez que alguén fala de cartos, sempre hai
outro que lle di, por broma, que llo vende. Así que ninguén lle vai
facer caso.
Pero entón, na Asociación de Veciños,
teñen que saber quen puxo isto dixo Elisa. Non hai máis que ir
preguntarlle a un dos que traballan
na confección do xornal e xa nos di quen foi.
Fíxose un novo silencio. Era certo que
agora a cousa xa parecía doada de resolver.
A Cristina deulle pena que houbese un
camiño tan curto para chegar á solución, ela prefería segui-lo xogo
das pistas. Pero non era ela soa a que pensaba desa maneira, porque os
outros tamén quedaron parados, como se lles custara reaccionar.
Parecía tan sinxelo...
Ben, ¿que? Imos á Asociación
¿si ou
non? preguntou Miguel.
Imos respondeulle Cristina despois dun
anaco.
Puxéronse os cinco en pé e escomenzaron
a camiñar cara á escola vella, onde a Asociación de Veciños tiña o
local onde se xuntaban e traballaban. Non estaba lonxe e logo chegaron.
Entraron. Dentro estaba Celia, que era a
secretaria da Asociación. Estaba poñendo en moreas os xornais diante
duns letreiros que tiñan escrito o nome das distintas parroquias do
concello, para que pola tarde fixesen o reparto.
Bos días, Celia saudaron os rapaces.
Bos días.
¿Que vos trae por
aquí?
Queriamos falar contigo dixo Pedro, que era curmán de Celia.
Pois empezade cando queirades, eu escóitovos igual anque siga
traballando.
¿Quen se encarga dos anuncios do xornal?
¿De cal? ¿Do "As novas de
Eiranova"? preguntou Celia, quen despois de que os rapaces
asentisen continuou. Encárgase calquera, que xa sabedes que aquí
todos facemos de todo. Pero, polo xeral é Dionisio do Louseiro o que os
recibe e os confecciona, se non llos dan xa feitos de todo, que ás
veces non hai que Iles tocar para nada.
Pero, o do Louseiro ¿non casou o
xoves? preguntou Cristina.
Casou. E aínda está de viaxe, non
volve ata o dez ou o quince do mes que ven, pero xa estaba o xornal
acabado de compoñer. ¿Por que me preguntades todo isto?
Por nada respondeu Pedro
evasivo. ¿E
ti non sabes quen pon os anuncios?
Sei, coma vós. Non hai máis que lelos
e xa se sabe...
Si, ¿pero quen os trae para que os
poñades?
Non, eso non o sei. Danllos ó Louseiro en calquera sitio, na taberna,
na rúa, onde o atopan.
Ós rapaces non lles disgustou o fracaso da vía rápida que parecía
que atoparan para dar co responsable do asunto do reloxio.
A viaxe do Dionisio do Louseiro, volvíaos ó punto de partida e terían
que segui-la pista tal e como marcaba a mensaxe. Isto era un sinal de
que o que tocaba a campá, era persoa capaz de reparar ata nos máis
pequenos detalles, para que todo tivese que discorrir polos vieiros que
el marcaba.
Pois entón hai que ir ó muíño, tal e como di a mensaxe dicía
Delio polo camiño de regreso, e ve-lo que alí hai, que non sei por
que, dame o barrunto que non vai ser doado de atopar.
Pero xa non nos vai dar tempo de ir
antes de xantar concluía Pedro, e dicía polas mañás.
Niso mesmo estaba eu a pensar agora engadiu Cristina.
Imos igual pola tarde, e se non hai
nada, volvemos mañá resolveu Cristina.
Polo camiño atoparon a Xes, que ía para
a súa casa. Estiveron a falar con el, pero xa nin se tocou o tema da
misteriosa badalada do reloxio novo da igrexa.
Despedíronse os rapaces para ir xantar,
quedando en se veren pola tarde, ás catro. Todos haberían de trae-las
bicicletas, porque irían na procura da continuación das pistas que,
con toda seguridade, os levarían ó descubrimento do autor, ou polo
menos iso era o que eles pensaban.
O feito de que na conversa que tiveran
con Xes non se falase xa do misterio da badalada do reloxio, demostraba
que agora estaban sós na pescuda da solución. Eles tiñan pensado
seguir adiante de tódolos xeitos, sen que lles restase azos a
indeferencia na que se estaba a se mergulla-la xente con relación ó
suceso. Para eles era unha cuestión de amor propio e un reto que lles
lanzaba o autor a traveso das pistas que lles ía dando.
Tal e como quedaran en facelo, pola tarde
xuntáronse no adro da igrexa para baixar ata o río, para ir ó muíño
na procura da pista que, estaban seguros, alí tiña que haber.
Non era doado chegar ó muíño, porque as beiras do río estaban
totalmente cubertas de vexetación que lles dificultaba a marcha. Como
non había moitos días que andaran por alí, e a Pedro fora a quen lle
tocara ir por aquela banda, agora ía diante indicándolle-los mellores
lugares para avanzar.
Achegábanse e apartábanse sucesivamente
da beira do río, seguindo as instrucións de Pedro, que era seguido
inmediatamente por Cristina. A continuación ían Delio e Elisa, e
detrás de todos, marchaba Miguel, que, coma sempre, protestaba polas
dificultades que cada nova mensaxe traía consigo. Ó cabo dunha hora de
andar, chegaron ó muíño. Deron unha volta ó redor del por se alguén
había por alí, pero nada nin ninguén atoparon. Metéronse dentro e
estiveron un anaco ollando preto da porta, nos lugares iluminados pola
luz que entraba de fóra, e tampouco atoparon nada que lles chamara a
atención.
En vista de que na primeira inspección
non atoparan nada, era o momento de se arriscar algo máis e tratar de
procurar polos lugares que permanecían na escuridade. Para iso, Delio,
previsor, xa traía un potente foco de pilas que lle pasou a Pedro, que
por se-lo máis vello dos cinco sería o que se encargase de subir ós
lugares altos e inspeccionalos debidamente. Co foco na man, pouco tardou
Pedro en desaparecer da vista dos seus amigos, que permanecían todos
xuntos e en silencio, contemplando o resplandor que o foco facía no
sobradiño do muíño.
De súpeto escoitouse un Iene ruído
seguido doutro máis forte e a continuación un berro de Pedro. Os catro
rapaces, nun pulo irreprimible, fuxiron para fóra do muíño.
¿Que foi iso?preguntou Delio cun grande susto no corpo.
Non sei respondeu Cristina, pero hai que ir dentro porque Pedro
berrou e pódelle estar pasando algunha cousa.
Eu non entro dixo con moita
resolución e moito máis medo Miguel.
Imos entrar todos e agora mesmo, se
algo lle pasa a Pedro nós temos que lle axudar, porque estamos todos
metidos nisto xuntos, e todos xuntos témo-la obriga de coidar que a
ninguén lle pase nada malo. Amais, se lle hai que axudar, cantos máis
sexamos, mellor dixo todo isto Cristina amosando acenos inequívocos de
facer cumpri-las súas ordes sen admitir que fosen postas en dúbida.
Non, Cristina correxiu
Delio, é
mellor que Miguel quede fóra, e, se algo nos pasa a nós, que vaia a
correr a Eiranova para pedir axuda.
Tes razón. Pero vera, imos nós dentro
a ver, e ti queda aquí, se notas que algo nos pasa a nós, vas correndo
a Eiranova e avisas a alguén, pero non Ilelo digas a todos cantos
atopes, por exemplo disllo só ó papá. Veña, imos ver que lle pasou a
Pedro.
Entraron a modiño no muíño. Non se escoitaba a ninguén, pero
seguíase a ve-lo resplandor do foco que levaba Pedro. Delio deulle co
cóbado a Cristina e fíxolle acenos cara á luz. Cristina asentiu coa
cabeza e escomenzou a andar sen facer ruído ningún en dirección ó
lugar onde se vía brilla-la luz. Os outros dous rapaces seguíana en
silencio. Principiaron a subi-las escaleiras tentando cada chanzo coas
mans antes de poñe-los pés nel. Levaban a vista fixa no resplandor que
o foco emitía. Un ruído de pasos escomezouse a sentir. Pararon no seu
avance Cristina, Elisa e Delio e quedaron inmóbiles, case non se atrevían a respirar por medo a que se poidese escoitar. O ruído era
baixiño pero continuo e avanzaba cara ás escaleiras. Os rapaces
quixéronse ollar entre si, pero a escuridade non Iles permitiu que esta
ollada fose percibida polos compañeiros. De súpeto o resplandor do foco
fíxose máis luminoso e penetrou polo oco que daba ás escaleiras nas
que os tres rapaces permanecían con mans e pés apoiados nos chanzos.
No alto de todo debuxouse unha figura humana da que só se percibía a
silueta.
Entón escoitouse unha voz
baixiña que
dicía:
Cristina, ¿onde estades?
Era a voz de Pedro. E daquela tamén
dístinguiron a figura debuxada no alto da escaleira: era a de Pedro.
Pedro falou Cristina cara a
el
¿Estás ben?
Estou, estou.
¿E vós?Tamén.
Pedro avanzou cara a eles, e case de
inmediato estiveron todos xuntos na escaleira.
Agora víanse perfectamente gracias á
luz do foco que Pedro tiña na man. Baixaron os catro xuntos a escaleira.
¿Que che pasou, que pegaches un berro?
preguntoulle Delio.
Pasoume que, cando atravesei dun cuarto a outro
dos dous que hai enriba, un rato pasou correndo por diante dos meus pés, e meteume tal susto que ó saltar, tropecei e
caín. Por iso berrei.
Pois, a continuación contoulle
Elisa, nós tamén gañamos medo e botámonos fóra pensando que
alguén te pillara. Agora iamos ver que che pasara, cando apareciches,
que por certo, a min déchesme outro susto como para morrer.
E a min asegundou Delio.
A min tamén confirmou
Cristina. Veña imos fóra, que Miguel estará xa pensando que nos levaron a todos
sabe Deus a onde.
Sairon os catro e non viron a Miguel,
que, anicrado detrás duns salgueiros, vixiaba a porta do muíño. Cando
os viu sair, aínda permaneceu un anaquiño quedo e sen facer ruído por
se algo raro ocorría.
¡Miguel! berrou
Cristina. Ven, que
non pasou nada.
Entón, Miguel saíu do seu acobillo e
foi a correr a onde estaban os seus amigos.
Non é preciso xa que vos diga que non
atopei enriba nada que poida ser pista ou mensaxe. Por non atopar, non
atopei máis có rato que me pegou o susto.
Ben dixo
Cristina. Iso é porque viñemos cando non tiñamos que vir. Haberá que volver
mañá pola mañá.
Emprenderon o camiño de regreso
comentando como farían ó outro día, no que pensaban volver ó muíño
pola mañá, tal e como parecía que indicaba a mensaxe cuarta. |