O mundo de Thaynara

 

Prólogo

Páxina Seguinte

v9dizramosomundodethaynara001
     Na historia da humanidade e da socioloxía universal, non é moi difícil encontrar pasaxes reales como tamén fantasiosas. Algunhas desas historias están bastante recheadas de un ilusionismo mitolóxico moi ben urdido, principalmente polos grandes pensadores da antiga Grecia,  en algúns casos, poden levarnos a crer que estamos diante de un verdadeiro acontecemento.

     Pero, na verdade, é caseque toda a literatura encontrada, principalmente sobre a odisea épica e do amor, é moi difícil saber onde empeza e termina a realidade ou a fantasía desas historias, que, con toda su maxia, envolvenos a través dos verdadeiros discípulos de Eros —os míticos Cupidos—. Por iso, sabemos que nosa cultura estaría incompleta sen eses personaxes, pois, na falta deles, sería moi difícil concebir o sentido das fazañas históricas, e da continuidade biolóxica, das artimañas do amor e da traxetoria percorrida pola humanidade ao longo dos tempos sobre a face da Terra como un todo.  

     É moi difícil imaxinar, como sería o desenrolo e comportamento da humanidade se non fose acumulando e modificando, o seu modo de ser, as experiencias vividas e adquiridas ó convivir e ter un contacto máis estreito entre os pobos a través dos tempos. Algunhas cousas son parte inherente de propia natureza dos pobos, como é a trashumancia, dende os primordios da humanidade deica unha certa época de  nosa era.

     Os individuos das novas sociedades foron evolucionando e adaptándose a outra forma de vida, pero con outras prioridades e necesidades para súa sobre vivencia. Asimesmo, ansioso por desvendar os misterios do descoñecido, o home nunca deixou de  aventurarse alén de seu propio hábitat, procurando sempre algunha cousa que lle dera máis placer e seguridade para seu desenrolo, non soamente cultural como tamén vexetativo.
 
     Nos dous últimos séculos de nosa era, ademais das dificultades normais, o ser humano foi castigado por fenómenos naturais, as guerras locales ou mundiales. A mor parte das veces, máis por falta de opcións políticas adecuadas dos gobernos para resolver eses problemas, ou cando menos minimizalos. Así, por falta de accións concretas das autoridades competentes e sen outras opcións para poder sanar os desequilibrios provenientes desas catástrofes, obligou a unha boa parte dos individuos deses países, a procurar os medios de sobrevivencia noutras terras con máis probabilidade de unha vida na cal puidese encontrar a oportunidade de realizar, cando menos, un pouco de seus soños e necesidades.
 
     A ese fenómeno, que ten causado tantos traumas e desequilibrio familiar ós individuos por ser obrigados a mudar dun país para outro buscando a sobrevivencia, é o que hoxe podemos chamar de emigración ou migración compulsoria.
 
     Se por un lado ese cambio trae algunha vantaxe económica, tanto para o individuo como para os países de orixe como para os receptores, por outro lado, ese fenómeno tamén poderá crear un trauma que nen sempre será totalmente asimilado polos protagonistas desa odisea. Na verdade, eses seres humanos, a pesar de ser uns verdadeiros heroes, de certa maneira, tamén pasan a ser uns individuos sen unha auténtica identidade social e cultural: tanto no país de orixe como no que os recibiu, mesmo que teñan sido acollidos con bastante xenerosidade nas novas terras.  

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega