O mundo de Thaynara

Páxina Anterior

Itinerante

Páxina Seguinte

v9dizramosomundodethaynara002

I

Por ter que ser un itinerante
é  ter que andar sen poder,

coa súa familia moi distante

para que poida sobreviver. 

El vislumbra  as dúas vías
antes e despois de viaxar,

pensando nas despedidas

de  un andarego exemplar.

Despois dun tempo expatriados,
os andaregos voltan á casa que ten

pensando aínda ter xente nela,

Xa non encontran a máis ninguén
nen pais, irmaos ou a tía Adela

pro campo santo foron levados.

 

II

Para  poder escribir o que pensamos
un pouco do que os migrantes pasamos

por amar a nosa  Galícia, aqui estamos.

Un dia, temos certeza, á Galicia voltamos. 

  Que todos somos migrantes, iso nós sabemos
Vós alá dentro e nós aqui fóra, nos veremos
Os conceitos existen pra poder entendermos
Que a definición só define o que nós queremos.

Se somos migrantes, é ser para vivir,
e para concorrer non é só por amor,

con galegos xovens da Galícia interior.
 

Leva tempo para arar un novo porvivir
E unha nova familia poder acomodar

É vivir con fé, mesmo con moita dor...

 

 

      ...Naquela época de dificultades de toda orden,  entre outros países, tamén estaba España, que, hoxe, despois de dar a volta por arriba, ostenta un status de país desenvolvido, tolerante e acolledor de emigrantes de outros países, outras culturas e etnias. Pero, a pesar dalgúns esforzos isolados rexionalmente, o goberno español aínda non tivo a vontade política ou competencia humanitaria para redimirse do deshumano fenómeno da emigración, principalmente daqueles españois que tiveron que deixar a súa terra natal entre os anos paupérrimos de unha dictadura e de un desgoberno total que xa duraba desda primeira e a segunda república.

     Eses heroes da diáspora, se non escribiron unha nova odisea nos anais da historia universal, como o fixeron os antiguos heroes gregos, por suposto, axudaron á terra que os veu nacer con súas pequenas economías, tanto en obras sociais, dentro do país, como no campo político. Eles financiaron movementos democráticos no exterior, ademais de facer presión internacional para que todo iso que o pobo español está disfrutando hoxe, puidera ser unha realidade. España aínda ten un débito moral e humanitario cos emigrados e seus descendentes, da cruel diáspora daqueles anos de penuria, cando millares de españois tiveron que abandonar  seus fogares e familiares para deixar máis oportunidades a quen non tivo a oportunidade ou coraxe de facelo.

     Esa época foi moi difícil para tódolos españois e, principalmente para os milleiros de emigrantes que estaban intentando unha vida máis digna. Entre eles, tamén estaban dous adolescentes protagonistas desa odisea, que o amigo lector terá por diante nas páxinas que veñen a seguir. Eles tamén serian obrigados a seguir un destino semellante aquel que seus pais e avós xa o habían amargado e experimentado: a dor de ter que deixar seu fogar e súa familia, tendo que vivir uns desgarrados dos outros pola inxusta diáspora emigratoria.

     A migración é afinal un fenómeno, pero non é discutido e nunca foi analizado polos gobernantes de entón. Quizais porque cuestionar a sagrada liberdade de ir e vir podería ser explorada de forma inapropriada por algúns políticos en siñal de autoritarismo. Porén, o fenómeno daquela época xa tiña mostrado ter fuxido do control e, alén diso, unha gran parte de emigrantes que sobrevivian nos meandros urbanos, moitos deles, perderon ata a capacidade de realizar o seu maior soño: o de un día poder voltar para a terra que os tiña visto nacer.

     Mesmo levando en conta e sabendo que, cada ser humano ten de vivir súa propia traxetoria histórica no medio de calquera sociedade ou en calquera lugar por onde ande ou se encontre, dende que iso sexa a opción escollida por súa propia vontade, pero, nunca debería ser levado a facelo pola imperiosa necesidade de súa sobre vivencia.  

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega