O mundo de Thaynara

Páxina Anterior

Disimulada

Páxina Seguinte

v9dizramosomundodethaynara011
Convertido en beixa-flor,
para poderte ollar e amar,
puiden entrar en túa morada,
chegando en teu rededor.

Finxindo non me perceber,
as flores de teu falso xardin
para poder me martirizar,
se fecharan ao anoitecer.

Para o néctar do amor sorver,
voava  baixo en semicírculos,
pisastes  miñas asas por querer.

Como agora non podo voltar,
meu corazón ferido, sangrando,
e sen asas nen peito, para  voar.

II

Eternamente sen poder voar,
con miñas asas quebradas,
terei que dar muitas voltas e
 sen poder, outro xardin alcanzar.

Nos espiños de túa fúria sorrateira
e da túa insensibilidade amorosa
terei que sufrir os desígnios de Deus
dia e noite, vagueando, entre a caraveleira.

Carrexando miña pesada  cruz de madeira,
levado polos soños que un dia eu soñei, vou
comprimindo no meu peito, a fé derradeira.

Un día con novas asas hei  de resucitar
Voar polos novos camiños da miña vida
Así, de lonxe, poder te amar ao voar.

......................................................
......................................................

     Agora, neste triste momento, presente e ben real, Thaynara, a pesar dos problemas de saúde e aínda nas nubes dos soños e delirio, continua fluctuando no seu voo bastante revelador e, de repente, como sempre imaxinara, os recordatorios —máis unha vez— reavívanlle os sentimentos nun despertar da saudade, mesmo que intentando resistir e disfrazar, ven á súa mente aqueles prodixiosos días de cando se “descubriran” no seu mesmo poboado. ¡Ah, se fose posible  “media volta volver!”.
 

     Pensaba ela:
 

     ...¡Meu Deus! ¿Canto espazo e tempo percorrido, dando voltas e máis voltas sen sair do mesmo lugar? Eu estou me vendo nun daqueles días de alegres conmemoracións das manifestacións populares das antigas festas folclóricas dunha cultura secular daquela comarca da Terra de Montes, en Galicia, España. Tamén, ten vivos “en súa mente de aguia”, máis algúns recordos moi significativos daquel momento de explosión de seus corazós, pois, foi nun estampido moi forte dentro de seus peitos, a través dunha encantadora e atrevida ollada fulgurante, que eles descubriron unha luz acendéndose para iluminar o despertar dunha nova vida, por camiños ata entón pouco coñecidos para eles.
 

     Ás veces, en seus devaneos e sen percibir, ata intentaba sorrir, ó recordarse dalgunhas “maldades” de adolescente, que naquel intre xulgaba estar practicando con naturalidade, algunha cousa de sagacidade para castigar e mostrar seu dominio e  súa indiscutible inteligencia para o seu amado. Pero, ó mesmo tempo, recoñecía que, el, a pesar da rabia instantánea, reaccionaba con un pouco máis de maturidade e sinceridade ós seus arroubos un pouco infantiles.
 

     Ela, moitas veces, pensaba que, a pesar de ter sido un periodo moi curto de convivencia amorosa entre eles, as marcas deixadas por eses breves, encantados e indelebles momentos, xamais poderían ser apagados de súa memoria: nen pola enfermidade que a acometera ou polas mudanzas  contrariando as promesas feitas para a construcción de un futuro, mesmo que súas vidas tivesen que seguir camiños opostos polas circunstancias da diáspora emigratoria.
 

     Por todo iso, non sería necesario ouvir as palabras do amado para sentir súa presencia espiritual dentro de súa propia alma, pois, cando el estaba ao seu lado, a mor parte das veces, tan só unha ollada e ata o respirar ou tosir, cando asistían a a misa parroquial nunha pétrea e antiga igrexa de seu poboado, comunicabanlle aqueles profundos sentimentos, máis fortes que o efeito sonoro das palabras, que, moitas veces, non conseguen alcanzar.
 

     Ela sabía que el lle pertenecía, mesmo que intentase  en demostrar ó contrario no seu cotidiano: cando participaba en todas as actividades ou diversións naturales de seu poboado; inclusive no silencio das noites ou dalgunhas madrugadas nas que participaba xunto con outras xovens, en algún tipo de manifestacións culturales, propias daquela rexión galega. Na  claridade, ou no calor dos dias, no despertar das noites, ela sabía que lle pertenecía por enteiro.
 

     Algunhas veces, ata recordaba e sentía seu modo de andar ou pisar no chau polos camiños vecinales e, por iso, non eran tan necesarias a amabilidade ou a dureza de súas palabras en determinados momentos dalgúns curtos diálogos, inherentes á idade e personalidade de dous adolescentes, perdidamente enamorados.  
 

     O que contaba máis para Thaynara, naqueles días cheos de maxia, eran aquelas maliciosas olladas de aguia real, desconfiada, pero, que enfeizaban: ollo nos ollos que reflexaban no espello de súa alma; fonte de luz e de esperanza, dun amor sincero e duradeiro, dentro de seu modo de ver e querer as cousas, claro, ás veces con bastante ímpetu posesivo. Asimesmo, en principio, por ser un amor aínda un pouco inmaturo, algunhas veces suscitabanlle moitas dúbidas, porque, en realidade, eran apenas dous adolescentes intentando descubrir os misterios e artimañas do amor.
 

     Despois de pasar por algunhas experiencias ben ou mal sucedidas, das descubertas, promesas e compromisos, nen sempre ben pensados e inherentes á xuventud, ven a inevitable separación, moi sentida como xa foi comentado anteriormente, mesmo que un pouco disimulada por unha certa aceptación de ambos.
         
.......................................................................................
 

     Despois dos soños e dos desencantos, naquel intre, Theodosio, tamén distante de seu verdadeiro amor, ademais do compromiso e obrigación de ter que batallar por un futuro máis prometedor en outras terras alén do mar, acaba quedando un pouco desorientado, con relación áquela separación involuntaria e circunstancial. Era un sufrimento implacable naquel intre en que, tal vez, un outro verdadeiro amor estiviese brotando para desabrochar as máis belas flores de un posible novo xardín encantado. El, a pesar de todo, loitaba para que iso non acontecese, pero, a realidade que a vida nos impoñe algunhas veces, é bastante dura e cruel.
 

     Pensaba el, que, despois de bastante tempo vivindo lonxe de súa primeira amada e ó mesmo tempo de estar convencido de que xa había feito todo o posible ó seu alcance, cando menos para minimizar todos eses problemas de unha comunicación efectiva e comprometida, xa viña perdendo as esperanzas de convencela a asumir, abertamente seu namoro. A pesar diso, intenta máis unha vez comunicarse con ela a través de unas cartas, mesmo sabendo que, por diversas razos, habíalle pedido para non escribir, cando menos por en canto, ata que as cousas se definiran mellor.
 

     Ela, prefería sufrir en silencio e en segredo, sen que ninguén soubese que moito o amaba do fondo de seu corazón. El, sen outras alternativas e con a imposibilidade de unha mínima comunicación, naturalmente, acaba tomando outros camiños, tal vez, tamén como un medio de fuga, parando así de crucificarse por algo que, naquel momento, non vía outra solución, o mesmo que ela tamén intentaba facer sen moito éxito. Na verdade, era unha fuga de dous corpos en movemento circular, e que, nun dado intre, corrían o risco de sair de súa traxetoria inicial, onde, a forza centrípeta da unión, procuraba manter en equilibrio a forza centrífuga da separación, nen sempre con éxito total.  
 

     Theodosio, tal vez para compensar a dor que o acometía na súa saudade amorosa e lonxe da familia, lémbrase de unha antiga coñecida, que tamén era moi atraente e que xa habían intentado namorar, pouco antes que el e a Thaynara tivesen descuberto as artimañas do amor. Entón, el decidiu escribirlle unhas letras, apenas como forma de manter algún vínculo amoroso con unha persoa en súa terra natal, que, de certa maneira, xa se coñecían e tiña moita simpatía pola mesma.
 

     Cal non foi a súa sorpresa, ó recibir en moi pouco tempo, unha resposta moi agradable e animadora, para intentar que, as feridas polos desencontros amorosos  puidesen comezar a cicatrizar, para compensar a ausencia de seu primeiro e grande amor, que xa o podía considerar caseque perdido. De certo modo e sen esperar, as cousas do corazón comezaran a tomar un posible novo rumo bastante animador, mesmo que non fose como el o pretendía.
 

     Conversando consigo mesmo, sobre todos eses desencontros, comezou a pensar:
 

     —“Ben, como os enigmas do amor, ás veces, son un pouco imprevisibles e traidores deles mesmos, poden mudar de dirección. É como a auga que corre por unha represa que se vai  estreitando e encontrando moitos obstáculos no seu camiño, aí, de repente, calquera abertura de seus  lados, por pequena que sexa, pode transformarse nunha grande canle con a erosión por unha saída para que a auga poida seguir outro camiño e fluir libremente?.



     Na verdade, moitas veces, o verdadeiro amor pode ser confundido con a paixón, que é como o vento, que tanto vai como de repente pode volver por outros camiños e en outras direccións, mesmo que non sexa con a mesma forza arrebatadora inicial. Eses ventos radicales que, en seu remuíño devastador, tanto poden arrancar como dilacerar os corazós feridos e moi fráxiles, aínda sen un poder de decisión máis maduro en seus obxectivos e propósitos. Porén, sábese que  as regras do amor nen sempre poden ser as mesmas, pois, aí entran diversos componentes de ordes circunstanciales, emocionales e, na maior parte das veces, intereses que nen sempre teñen aqueles toques tenros, puros e inxenuos do verdadiero amor.

     No mesmo intre, Thaynara, naquel estado de súa adolescencia, crucial e indeciso das páxinas de súa vida, por suposto, con celos e presionada por algunhas informacións de que o amado distante escribía para a antiga coñecida, comezou a temer que as cousas se complicasen aínda máis, principalmente a través dalgún novo namorado que buscara para disimular a dor pola saudade. Por iso, pensando un pouco mellor, procura seguir un atallo aproveitando a oportunidade que lle había surxido ó ter que xuntarse, ela e a nai, aos demais familiares que había moitos anos vivían noutro país.
 

     Ela imaxinaba que, a pesar das dúbidas provocadas  e acumuladas por sí mesma, tiña un   lado positivo cando levado en conta o seu modo de ver e entender as cousas, pois, parecíalle que Deus estaba escribindo certo por liñas tortas para axudala a resolver parte de seus problemas amorosos. Por sorte e casualidade, iría vivir no mesmo país onde se encontraba o seu primeiro e verdadeiro amor, que estaba a punto de perdelo por súa indecisión e aparente reluctancia de non asumir a realidade incontestable do mesmo.
 

     Asimesmo, por unha certa precaución de que algo imprevisible puidese acontecer, dentro de seus propósitos, fai todo sen nada haber comunicado a el, de que, en súa rota de viaxe, tal vez premeditado con a disculpa de visitar uns parentes que tamén alí residían, había previsto pasar na cidade onde Theodosio estaba vivindo. A pesar de que a visita sería por pocas horas, na súa mente, tiña dúas finalidades: visitar os parentes e principalmente poder ver o seu grande amor para matar a saudade do reencontro e a oportunidade de poder mirar, ollo nos ollos, máis unha vez, mesmo que fose só por uns minutos.
 

     Ó ser informado, xa con antecedencia, polos propios veciños e parentes dela, Theodosio transbordaba de  alegría e satisfacción, non cabía dentro de sí mesmo, pola ansiedade e a confirmación de súa visita e, tal vez, un posible recomezar do namoro. Porén, a pesar diso, a partir daquel momento,  empezou a sentir unha sensación angustiante, semellante áquela que había sentido na descuberta dese mesmo amor adolescente, nunha noite de moita alegría cando volvía para casa con un pequeno grupo de xovens, en seu lugar de nacemento. Súa mente quedouse un pouco perturbada pola noticia inesperada. Seu corazón batía moi forte e súas pernas non paraban de tremer.
 

     El, non conseguía entender, mesmo estando con unha nova novia, por que os efeitos de un posible reencontro con a Thaynara puidesen ter tantas mudanzas repentinas en seu metabolismo. Como consecuencia de todo iso e dos posibles cambios na súa vida amorosa, comezou a quedar moi preocupado e inseguro, inclusive nas decisións que tiña que tomar en seu cotidiano. Pero, para complicar máis as cousas, de certa maneira, víase comprometido e xa bastante confiado con a nova namorada que estaba en súa terra de nacemento. Naquel intre, súa cabeza e seu corazón, que xa estaba cicatrizando por dentro e por fóra, entra en ebullición desenfreada e convulsiva.  

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega