O valedor do reino (Peza histórica en catro actos)

Páxina Anterior

Táboa cronolóxica. Bibliografía principal.

 

v2bernardezvilarvaledor004.html
TABOA CRONOLOXICA


1.003:    San Pedro Mezonzo, autor da "Salve Regina", remata a reedificación da basílica de Compostela, destruída seis anos antes por Al-Mansur.
1.015:    O futuro San Olaf, rei de Noruega, saquea as costas galegas e arrasa Tui.
1.025:    Sancho III o Grande, rei de Pamplona, remata a estrada do Pirineo a Nájera, que favoreceu as peregrinaxes a Compostela.
1.027:    Nace Guillerme "o Bastardo", fillo de Robert "o Diaño", ou "o Magnífico", Duque de Normandía.
1.028:    Os daneses invaden Galicia pola ría da Arousa ó mando de Ulf, lago chamada "O galego".
1.030:    31-8: batalla naval de Stickelstad, na que morre o futuro San Olaf, rei de Noruega.
1.031:    Tropas navarras axudan a Rodrigo Románez e Oveco Díaz, quenes, coa axuda dos daneses, asaltan o castelo de Lapio, perto de Lugo, en rebeldía contra o rei Vermudo III.
   Sancho Garcés III, penetra en Galicia e derrota ós condes galegos, ós que ó parecer alentara antes para se rebelar contra Vermudo III, e devasta Lugo.
1.032:    Don Cresconio rexeita a Ulf e ós seus daneses.
1.034:    Sancho Garcés III apodérase de León e titúlase "Imperator".
   verán: mentres Sancho Garcés entra tamén en Astorga, Vermudo III pasa o Douro ó frente das tropas galegas e, entre Aveiro e Porto, vence ó emir musulmán Cimeia.
1.035:    febreiro: as forzas galegas, ó mando de Vermudo III atacan León e fan fuxir a Sancho Garcés III.
   18 ou 22 de octubro: Sancho Garcés III asasinado en Nájera.
   Sucédeo o seu fillo García Sánchez III.
   Guillerme "o Bastardo", duque de Normandía.
1.037:    Morre na cadea, Vistruario, bispo de Iria e Compostela.
   Antes do 9-6, Don Cresconio bispo de Iria e Compostela.
   1-9-37: Batalla de Tamarón. Vermudo III morre a loitar coas forzas do seu cuñado Fernando, conde de Castela, ás que se uniran as do seu irmán García Sánchez, rei de Pamplona.
   Don Cresconio reedifica o Castelo Honesto en Catoira.
1.038:    22-6: Fernando I coroado coma rei en León, sen a presencia de ningún representante de Galicia.
   Rebélanse contra el varios señores galegos, entre eles a condesa Odrocia, a súa filla Elvira, e o seu neto o conde Munio.
1.042:    Nace don García, fillo de Fernando I e da súa esposa a raíña Sancha.
1.048:    Hildebrando, monxe en Cluny, aínda que parece que xa o fora antes en Roma. Nacera na Toscana no ano 1020.
1.053:    Don Cresconio, logo de acompañar ós reis Fernando e Sancha ó mosteiro de San Isidro de Dueñas, próximo a Palencia, tráese con el ó infante Don García co obxecto de educalo na Escola Catedralicia de Compostela, por el fundada.
1.054:    1-9: Batalla de Atapuerca entre Fernando I e o seu irmán García Sánchez III, que morre nela. O seu fillo Sancho Garcés IV é proclamado rei no campo, logo de recoñecer a supremacía de Fernando.
1.056:    primavera: peregrinos belgas con Frei Roberto de Lieja son recibidos en Compostela por Don Cresconio e Don García.
   29-11: Fernando I toma Lamego, coa axuda de Don Cresconio.
1.058:    Hildebrando consigue impór a candidatura papal de Nicolás II (1058-61).
   25-7, Viseu, tomada por Fernando I, coa axuda de Cresconio.
   Al-Mudaffar, taifa de Badalloz, tributario de Fernando I.
1.060:    14-1 Concilio de Compostela, ó que acudiron os bispos de Britonia, Dumio e Lugo e numeroso clero: ordenouse ós presbíteros dicir misa diaria e rezar as horas, prohibíndose o uso das armas e da barba ós clérigos. Fixo separar ós cregos casados das súas esposas. Impuxo ós párrocos o estudo da Sagrada Escritura e dos Cánons, e ordenou que tivesen escolas nas súas igrexas. Prohibíu ós xuíces recibir ofrendas e regalos, crer en agoiros e encantamentos, curso da lúa, ou apendurar monecas dos teares. Así mesmo, os fieis deberán coñecer o Noso Pai, non poderán ter máis dunha esposa, nin casar coa muller do seu irmán, e non se permitirán os matrimonios consanguíneos.
1.061:    Hildebrando impón coma papa ó seu amigo Alexandre II
(1061-73).
   Fernando I crea a Casa de Hospedaxe de Peregrinos en Compostela sobre unha parcela confiscada á rebelde condesa Odrocia.
1.062:    Nesta data era xa bispo de Lugo Vistruario, que visita o territorio de Braga, o mesmo que Cresconio, neste mesmo ano.
1063:    23-10: Novo concilio de Compostela, con participación dos bispos de Oviedo, Porto, Dumio e Lugo. Repítense as mesmas ordes e conclusións que no de 1.060.
   22-12: Consagración do templo de S. Isidoro de León
   Remata o traslado dos seus restos dende Sevilla.
Don Cresconio e don García están presentes, xunto cos futuros santos, Domingo de Silos, Faxildo de Antealtares, Iñigo de Oña, García de Arlanza, e Sisenando de Cardeña.
   Celébranse as Cortes de León, nas que os magnates e representantes dos reinos escoitan e refrendan o testamento real. Por el son declarados reis os infantes Sancho, ó que corresponden Castela, máis as parias de Zaragoza, Afonso (León e as parias de Toledo), e García (Galicia máis as parias das taifas de Badalloz e Sevilla). Ás súas irmáns, as infantas Urraca e Elvira, correspondeulles o señorío de todos os mosteiros dos tres reinos, coa condición de que permañecesen solteiras.
1.064:    Xaneiro: Fernando I implora durante 3 días a axuda do Apóstolo para a Campaña de Coimbra.
   20-1: As forzas cristianas acampan diante de Coimbra, cos príncipes, a Raíña Sancha, os bispos Cresconio de Santiago, Vistruario de Lugo, Sisnando de Viseu e Suario de Mondoñedo, e os Abades, Pedro de Guimaraes e Arriano de Celanova.
   11-7: as tropas cristianas entran en Coimbra á hora tercia. A rendición producírase o venres día 9.
1.065:    Antes desta data, e nun documento non precisado, Fernando I concédelle á abadía francesa de Cluny un censo anual de mil pezas de ouro procedentes dos tributos das taifas musulmanas, có obxecto de que se destinasen a sufragar as vestimentas dos monxes e servisen coma espiación para os seus pecados. Este censo sería confirmado, e incrementado, posteriormente polo seu fillo Afonso VI en 1077 e 1090.
   Este monarca foi alcuñado, xa no seu tempo, como "el de la mano foradada", en referencia á súa prodigalidade. Alfonso VI casaría por segunda vez, entre 1078 e 1079, con Constanza, filla do Duque de Borgoña, e sobriña do abade de Cluny, o futuro San Hugo (1049-1109).
   Don Cresconio remata a construcción das murallas de Compostela e das dúas torres defensivas da súa Basílica.
   Don García, rei de Galicia, é coroado por Cresconio, coa presencia dos seus irmáns Afonso e Urraca, conselleira deste. Ambos asistiron tamén, con don García, á consagración da Catedral de Tui, que destruíra San Olaf, rei de Noruega.
   10-6: acusación en Compostela, ante Fernando I, dos desmáns dos gobernantes das terras lusitanas de Galicia contra propiedades da Igrexa.
   Galtier Giffart, señor de Longueville, concerta, neste ano ou no anterior, os esponsais de don García coa filla do duque de Normandía, ó que se lle obsequia o mellor cabalo.
   27-12: Morre Fernando I en San Isidoro de León.
1.066:    18-4: aparece o cometa Halley, "grande como a lúa chea".
   Data posible da morte de don Don Cresconio.
   14-10: Guillerme de Normandía vence ó rei Harold de Inglaterra en Hastings, batalla na que cabalgaría o cabalo levado dende Compostela. Galtier Giffart acaba na mesma có vencido monarca, converténdose despois no primeiro Conde de Buckingham.
   15-12: Coroación en Londres de Guillerme de Normandía coma novo rei de Inglaterra.
1067:    28-2: privilexio do rei don García ó mosteiro de San Antolín de Toques, no que xa firma coma bispo de Compostela don Gundesteo, sobriño e sucesor de don Cresconio, circunstancia que parece confirmar o feito de que este xa morrera.
1071:    26-3: Contubernio de Burgos. Os reis Sancho e Afonso acordan por escrito despuir de Galicia ó seu irmán García.
   Menos de dous meses despois, o dez de maio, Sancho firma xa un documento no que se intitula rei de Castela e Galicia.
   novembro: noutro documento, Sancho e Afonso defínense coma co-reis de Galicia.
1073:    13-2: cando visitaba ó seu irmán Afonso, para felicitalo por ter recuperado o trono, que antes lle arrebatara Sancho, don García é apreixado traidoramente por aquel, que o mantería encadeado ata a súa morte e lle tomaría o reino.
   22-4: o monxe Hildebrando aclamado popularmente coma Papa. Sería entronizado o día 29 de xuño seguinte, baixo o nome de Gregorio VII. Morreu o día 25 de maio do ano 1085, a mesma data na que Afonso VI conquistaba Toledo.






BIBLIOGRAFIA PRINCIPAL.

ABBON DE SAINT-GERMAIN: "Las guerras de la ciudad de París". Orbis. Barcelona 1986.

ALMAZAN, Vicente: "Gallaecia Scandinavica". Galaxia. Vigo 1986

ANONIMO: "Codex Calixtinus". "Guía del Peregrino medieval". Centro Estudios Camino Santiago. Sahagún 1989.

         "Liber Sancti Jacobi. Codex Calixtinus". Inst. Padre Sarmiento. Compostela 1951

ARMESTO, Victoria: "Galicia Feudal". La Voz de Galicia. Coruña 1994

BARRET, P., e GURGAND, J.N.: "A vida dos Peregrinos polo Camiño de Santiago". E. Xerais, Vigo 1988.

BLANCO LOZANO, Pilar: "Colección Diplomática de Fernando I". Centro de Estudios e Investigación "San Isidoro". Archivo Histórico Diocesano. León, 1987.

BOTTINEAU, Yves: "El camino de Santiago". Orbis. Barcelona 1985.

BOUARD, Michel de: "Guillerme le Conquerant". Librairie Artheme Fayard. París 1984.

CARBALLO, Francisco: "A Igrexa Galega". Nosa Terra. Vigo 1995

CARRO, Xesús: "A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia". Galaxia. Vigo 1965.

CORDERO CARRETE, F. R.: "Galtier Giffart peregrino a Compostela en el siglo XI". Instituto Padre Sarmiento. Santiago Compostela 1945.

         "De los esponsales de una hija de Guillermo el Conquistador con un Rey de Galicia". Id. id. 1945

COSTA RICO, Antón: "Historia do ensino no reino de Galiza". Tórculo Edicións. Santiago 1995.

DIAZ-PLAJA, Fernando. "La vida cotidiana en la España medieval". Edaf. Madrid 1995.

DOZY, Reinhart P.A.: "Los vikingos en España". Polifemo. Madrid 1987

         "Historia de los Musulmanes de España" IV Tomos. Turner. Madrid 1982

ESTEPA DIEZ, Carlos: "El reinado de Alfonso VI". Spainfo Ings. Madrid 1985.

FERNANDEZ DEL POZO, José María: "Alfonso V. Vermudo III". La Olmeda. Burgos, 1999.

FLETCHER, R.A.: "A vida e o tempo de Diego Xelmírez". Galaxia. 1993

FLOREZ, Henrique: "España Sagrada". Fortanet. Madrid 1905

GIL DEL RIO, Alfredo: "La Rioja en corte de Reyes". Caja de Ahorros de Zaragoza, Aragón y Rioja. Zaragoza, 1979.

GONZALEZ LOPEZ, Emilio: "Grandeza e decadencia do reino de Galicia". Galaxia. Vigo 1978.

GRAF OXENSTIERNA, Eric: "Los vikingos". Luis de Caralt. Barcelona 1966

GUERRA CAMPOS, José: "Exploraciones arqueológicas en torno al Sepulcro del Apóstol Santiago". Cabildo Catedralicio. Santiago de Compostela 1.982.

GUILLERMO DE POITIERS: "Historia de Guillermo, Duque de Normandia y rey de Inglaterra". Orbis. Barcelona 1986.

HEATH, Ian: "Los vikingos". De Prado. Madrid 1995

HOWART, David: "The year of the Conquest". Robin Clark. Aylesbury 1980

LINAGE CONDE, Antonio: "Alfonso VI". La Olmeda. Burgos, 1994.

LOPEZ FERREIRO, Antonio: "Historia de la Santa A. M. Iglesia de Santiago de Compostela". Edicións Sálvora. Santiago de Compostela 1983. XI. Edición Facsimil da de 1898-1909.

LUCAS ALVAREZ, Manuel: "Cancillerías astur-leonesas (718-1072)". Centro de estudios "San Isidoro". León 1995.

         "Tumbo A de la Catedral de Santiago". seminario de Estudos Galegos. Santiago, 1998.

MARTIN LOPEZ, Mª Encarnación: "Patrimonio cultural de San Isidoro de León. Documentos de los S. X-XIII". Universidad de León. León, 1995.

MATTOSO, José: "Historia de Portugal". Volumes I e II. Estampa. 1993

MENENDEZ PIDAL, Ramón: "El Cid Campeador". Espasa-Calpe. Madrid 1973

NICOLLE, David: "Los Normandos". Del Prado. 1984

OLIVEIRA, Miguel de: "Historia Eclesiástica de Portugal". Publicaçoes Europa-América. Mira-Sintra 1994.

PENA FRAGA, Xosé R.: LITERATURA GALEGA MEDIEVAL. II Tomos. Sotelo Blanco. Barcelona 1.986

PORTNER, Rudolf: "La saga de los vikingos". Juventud. Barcelona 1975

REESE, Gustave: "La música en la Edad Media". Alianza. Madrid 1989

RIOS MAZCARELLE, M.: "Diccionario de los Reyes de España". Alderabán. Madrid 1995

RISCO, Manuel: "Historia de la ciudad y corte de León y sus reyes". Ediciones Lancia. León 1987. Facsimil de la de 1792.

RISCO, Vicente: "Historia de Galicia". Galaxia. Vigo 1952.

RUIZ ASENSIO, José Manuel: "Colección documental del Archivo de la Catedral de León (1032-1109). Centro de Estudios e Investigación San Isidoro. Archivo Histórico Diocesano. León, 1990.

RUIZ DE LA PEÑA SOLAR, J. Ignacio: "El Reino de León en la Alta Edad Media". Caja España y Archivo Histórico Diocesano de León. Madrid, 1995.

SANCHEZ ALBORNOZ, Claudio: "Estudios sobre Galicia en la Temprana Edad Media". Fundación "Barrié de la Maza". Coruña 1981

SANCHEZ CANDEIRA, Alfonso: "Castilla y León en el Siglo XI. Estudio del reinado de Fernando I". Real Academia de la Historia. Madrid, 1999.

TRANCHEFORT, François-René: "Los instrumentos musicales en el mundo". Alianza. Madrid 1994.

VARIOS: "El Fuero de León". Hullera Vasco-Leonesa. Madrid, 1983.

         "Gran Enciclopedia Gallega". Silverio Cañada editor. Vitoria 1974.

         "La Compostelana", tradución Manuel Suárez. Porto y Cía. Santiago de Compostela 1950.

         "Historia da Igrexa Galega". Sept. Vigo 1994.

         "Historia de Galicia", Hércules Ediciones. Coruña 1991.

         "Historia de la Iglesia en España". B.A.C. Madrid 1982.

         "Historia de la Iglesia Católica". Edad Media. B.A.C. Madrid 1963.

         "Historia de Navarra". "Temas de Navarra". Pamplona, 1993.

         "Ordoño de Celanova". "Fundación Pedro Barrié". Coruña 1990.

         "Reyes de Navarra: Sancho Garcés II, el Mayor". Editorial Mintzoa. Iruña, 1987.

         "Saxons, Vikings, and the Norman Conquest". Longman. Hong Kong 1983.

VASQUES, Ruy: "Corónica de Santa María de Iria". Cuadernos Estudios Gallegos 1971.

VIÑAYO GONZALZ, Antonio: "Fernando I". La Olmeda. Burgos, 1999.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega