Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Prólogo

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica002
     Nesta apaixonante volta a través dos tempos, é necesario reconstruír as lembranzas, retornar ó pasado sobre os mesmos pasos, abrir a porta da historia que, un certo día, pechamos polo temor á acción invasora do tempo, repasar os libros, os vellos papeles de anotacións e cousas máis queridas: o perfil concreto das persoas e dos acontecementos, o sentimento difuso da luz aprisionada. Porque, a terra, a cidade e o poboado é sempre como unha enciclopedia, á cal recorremos nos instantes de recordacións, depresión e nos grandes problemas da confusión e da dúbida.
     A memoria non é propiamente a facultade de chamar á vida o pasado. En sí, el non pode volver: todo que a memoria pode facer é compor a camiñada resumida do acontecido ou nosos coñecementos pasados e presentes, ordena-los cronoloxicamente en relación a un referencial común.
     Nun sentido máis amplio, a historia abraza todas as manifestacións da actividade humana consideradas na súa sucesión, desenvolvemento e relacións de mútua dependencia. Enfin, a historia é a ciencia dos principales sucesos ou insucesos de unha persoa, de un pobo ou da humanidade en unha determinada época.
     Os acontecementos históricos do pasado contén realmente, se soubermos distinguir o principal do secundario, as liñas xerais do futuro.
     Preguntamos agora: ¿será verdade que os acontecementos históricos non poden ser obxecto de verdadeira certeza, que a crítica máis sabia non atinxe nunca, en teoría cando menos, máis do que a suma probabilidade? ¿Que a certeza da historia diminui á medida que os acontecementos se afastan do tempo en que vivimos? Claro, que esas certezas poden ser relativas. Un acontecemento histórico que deixou atrás de sí vestixios profundos nos documentos escritos ou monumentos auténticos mantén, sexa cal for a súa antigüidade, unha certeza inabalable como no acto dos acontecementos.
     Moitas veces, somos levados aos perigos do erro por fallas do testemuño: lapso de memoria, esaxero inconsciente, paixóns diversas máis ou menos conscientes ou, ás veces, o desexo de agradar, ou ata a mitomanía que nela deforman o sentido da verdade .
     O historiador, en determinadas circunstancias, pode recorrer, sempre que for necesario, ó preenchimento de algunha lacuna, segundo os datos que posúe con a finalidade de reconstruír unha serie de acontecementos.
     Neste libro de soidades, veneración, amor e feitos históricos de un pobo singular, que soubo vivir a súa propia historia, non pretendemos apresentar unha unidade de estilo, polo contrario, desexamos que cada acontecemento histórico, cada expresión se adapte, en cada circunstancia, ó tema, sín fuxir á realidade dos momentos épicos e culturais. Canto ao asunto narrado, encontrase entremeado de feitos e acontecementos históricos que poden nen sempre estar nunha secuencia histórica correcta, tendo en conta de que os datos históricos consultados de varios autores, teñen algunhas diverxencias históricas e cronolóxicas.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega