Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Ourense

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica041.html
     Unha outra provincia galega que, aparentemente, sofreu menos invasións externas da península Ibérica, tal vez polo fato de non ter saída para o mar, foi a provincia de Orense ou en galego, Ourense; parece que seu nome provén da importancia dada ao ouro retirado desta rexión polos romanos, principalmente do río Sil e outros. Pero a cidade de Ourense, hoxe, é unha cidade que camiña para o futuro sen perder o misterio céltico que estará sempre presente en noso ser, non só naqueles que viven nesta rexión, pero tamén en todos aqueles descendentes que se encontran espallados polos catro cantos do mundo, inclusive no Brasil.
     Ourense, esta terra que se abriu ó Universo, ábrese á luz da civilización, cando os romanos trazaron por ela súa vía de comunicación, esas Vías que, dende Braga (Portugal) a Astorga na España, ligavan balnearios de augas "milagrosas" e térmicas. Un dos testemuños vivos é a "Fonte das Burgas", onde a auga practicamente brota fervendo, borbullando; tal vez daí ese nome dado polos romanos. Estes monumentos vivos, Pontes e Fontes da era romana, persisten ó home e aos tempos, sendo que en moitas delas existen as marcas rexistradas en seus pedestais, con os nomes cincelados dos orensáns daqueles tempos. Un outro monumento vivo, son os Baños de Bande, que servían ás lexións romanas para seu deleite e as curas do corpo.
     Con os romanos e, por súas Vías, a Galiza e o norte de Portugal se unen a toda Hispania. Atópanse os nomes dos naturais de Ourense en toda a epigrafía "citerior e ulterior". É unha emoción, que fai a xente respirar fondo para poder visualizar en toda súa magnitude, estas marcas indelebles escritas en lápides que a arqueoloxía atopou ás marxes do Río Texo (Tajo), Guadiana e Guadalquivir. Tal vez, teña sido o Emperador Traxano (de orixe hispánica) quen mandou construir a ponte romana sobre o Río Miño, en Ourense. Unha cousa é escribir e ler, outra é ver e sentir a emoción das marcas de mans calexadas deixadas por estes pobos antergos.
     Aínda en relación á provincia de Ourense, non podemos deixar de citar a anterga "Villa" de Ribadavia. É unha Vila rica en historia. Pouco resta de seu antergo castelo, visto que foi incendiada polos ingleses do titulado rei "Xoán de Lancaster", que veio á Galiza por lexítimo herdeiro de don Pedro, o Cruel. Os burgueses e xudeus defenderon heroicamente a Vila contra Sir Thomas Percy.
     Segundo o historiador Froissant, "cando os soldados ingleses tomaban o viño desta rexión, o Ribeiro, que en dous ou tres días non eran máis homes para nada". Despois da derrota dos ingleses, a familia dos "Sarmiento" fíxose señora da Vila en nome do rei Xoán I, e desa familia era a "indiabrada" Condesa, doña Elvira, moito orgullosa de súa liñaxe que tamén procedía dos "Zúñiga". Ela enforcou os representantes do pobo e, estes, máis tarde, tamén lle deron unha morte pouco honrosa.
     Despois apareceu o inevitabel e fantasmagórico Pedro Madruga, o "xusticeiro", que gritava, por tódolos rincós, que o pobo de Ribadavia eran todos "xudeus", enforcando, queimando e, inclusive chegando a levar o cura da parroquia de San Clodio, atado sobre un burro, con unha restra de allos pendurada no pescozo...
     Son páxinas moito vivas nas "Xenealogías" do historiador Vasco da Ponte. Pero, Ribadavia ainda conserva parte de súas reliquias históricas, sen frear o desenrolo de unha cidade moderna. Do castelo apenas restan algúns vestixios: Muros, a porta, o torreón, conservando aínda fachadas de casas antergas. Na cidade, vense hortas con viñedos e antergas bodegas, e aínda se pode soñar debaixo de unha noite de lúa, principalmente no bairro que foi dos xudeus, e que, moitas veces, vese a fisionomía de seus moradores, que levan visiblemente estampada a raza da Revelación.
     O pescuzador e viaxante do bon viño, pode facer un paseo polo Ribeiro que tanto emborrachou ós ingleses de Percy. Pode ir a Leiro ou Pazos de Arenteiro, a San Clodio, onde aínda se encontran algúns restos do Mosteiro, ou a Beade, Avión ...
     No outono, o vento nesta anterga vila sopra do Sur, é bastante cristalino e, ollando dende a ponte, a vila parece que está flutuando toda colorida como se fose de pura seda.
     En determinada época da vida ourensá, tódolos camiños viñan a Galiza. Como dixo Víctor Hugo en unha famosa frase:
     "Valemos máis cando pódenos ver". Na verdade, a fermosura múrchase se ninguén a ve ou contempla; ela florece cando sabe que é admirada e venerada.
     Pero, con o pasar dos tempos, as cousas ás veces mudan conforme os intereses dos gobernos e, a terra galaica, era de novo case unha illa, que non sendo por mar, a comunicación con o resto da Hispania, só tiña un camiño; polo Bierzo (pasaxe difícil entre Galiza e Castela). Como dixo un dos grandes hispano-galaicos, Curros Henriquez, en seus "Delirios poéticos", "A chegada a Ourense da primeira locomotiva". Belísimo e delirante poema que ben retrata o espírito galaico que, con a febre da emoción, chega a dicir "loucuras", a pesar de ditas de forma sublime e nun ton épico que leva consigo toda unha soidade ou mellor, a "morriña" do pobo galaico.
     O Ourense romano nace en torno das Burgas ferventes, da Idade Media, edificase ó redor da Catedral. No século XIX, aproximadamente, medra pola estrada deica a Ponte anterga (romana). O Ourense do século XX, desenvolvese por todos os lados posibles, sob unha néboa natural do val, contornando as costas íngremes.
     Esta terra galaica, a pesar de algunhas riquezas naturais e culturais e de unha riqueza histórica incomun, nunca foi rica o suficiente para evitar a diáspora de seus fillos. ¿Cantas esposas e fillos quedaran sen home e sen pai? Na maioría das veces a emigración era unha viaxe sen volta, por varias circunstancias .
     Poema a esas nais galegas, que moitas delas morreran sen rever o home e os fillos de volta:




Á NAI GALEGA

 

Esas nais galegas
que tanto tempo sofreron
as inxustizas da vida
o seu amor non perderon.

Suportando valorosamente
as faenas da labranza
esas criaturas amantes
non perderon a esperanza.

Nos seus traballos domésticos
cas ansias da maternidade
traballando de sol a sol
para os fillos ter prosperidade.

Para manter os seus fillos
que quedaron pequeniños
vai ben cedo pro o eido
levando auga e pan de millo.

Moitas veces abandonadas
pola inxusta emigración
chorando, desamparadas
con moita fe e resiñación.

Nesa cruel loita sen fin
nesa vida ingrata de aridez
esas nobres nais galegas
son heroínas con moita altivez.

Deus mandou para estas terras
ese anxel da humanidade
para suportar as negruras
ollando o futuro da felicidade.

Esas nais valentes e fermosas
empuñando fouce e aixada
para cultivar o campo
mantendo a familia amparada.

¡Oh heróica guerreira!
que loitaches a brava loita
entre os castros antergos
mais non foi a derradeira.

¡Oh Musa Galega!
que Endeusas teus campos
co perfume de teu amor
coa túa nobreza e teu encanto.

Madira.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega