Phoenix Hispánica

Páxina Anterior

Lugo

Páxina Seguinte

v3mdizphoenixhispanica040.html
     Viaxando un pouco para a provincia de Lugo, tal vez a máis romana de todas as provincias galegas, a primeira impresión que temos é estar diante de un mosaico de valores e beleza, ela foi Capital de un Convento Xurídico Romano, fundada en tempos primitivos, sobre un vello Castro. Inicialmente foi chamada de "Lucus", dandolle máis tarde o título de "Lucus Augusto". É un dos principais monumentos romanos que persiste ata hoxe, e a muralla en torno da cidade apenas sofreu algunhas modificacións a través dos tempos. Esta cidade foi unha fortaleza romana construída no século II d. C., ela é unha das duas ou tres cidades do mundo completamente cercada por unha muralla romana, moito conservada e que circunda o setor primitivo do agrupamento militar. Esa muralla ten apoximadamente, 2.130 metros de extensión e posúe 10 portas, que dan aceso a diversas partes da cidade. É considerada como monumento único, en seu conxunto, na arquitetura militar a que foron submetidos os países do Império Romano.
     Em 223 de nosa era, é construído o primeiro templo cristán por un privilexio do rei Ramiro II. En 414, os pobos do centro da Europa, os godos, invaden a cidade expulsando os romanos. Os godos aproveitan a maior parte dos templos fundados durante a dominación romana, tal vez por teren unha cultura inferior a dos romanos.
     No ano de 714, como ocorreu na maioría da península Ibérica, os musulmanos "sarracenos", chefiados por Muza, despois de moitas loitas, conseguen invadir a cidade por un ponto flaco das murallas. A cidade, despois de invadida, foi saqueada e incendiada, arrasando todo que aparecía pola frente: o obxectivo non era apenas o de conquistar, pero tamén, o de aniquilar con todo aquilo que fose un obstáculo para a preservación do dominio total.
     Máis tarde, en 730, cando xa fora reconquistada polos cristáns do norte da península, despois de ser reconstruída polo rei Alfonso I, o Católico, que tamén reconstruiu a catedral, máis unha vez a Galiza sofre outra invasión bárbara, desta vez son os normandos, pobos do Norte da Europa que, na maioría das veces, tiña o obxectivo de "pillaxe", destruición arrasadora, xustamente cando os suevos e visigodos xa estavan axustados e aculturados cos pobos nativos e tiñan reconstruído o que eles propios e outros invasores tiñan destruído, inclusive tiñan instalado a Corte de seu reino en Lugo.
     En 1025, os reis de Castela e León, ao vincular para sí o título de reis da Galiza, fan de Lugo un lugar propio para súa residencia temporaria, concedéndolle algúns privilexios, inclusive fortificandoa e mellorando a parte administractiva e relixiosa, reconstruíndo e construindo novos templos. Pero, nen sempre os privilexios eran respectados, mudavan conforme o temperamento e os conchavos de Príncipes e Reis. En 1.100, Don Alfonso e Doña Urraca, volven á Galiza, desta vez non era para lle ofertar os privilexios, e sí para tomar coma empréstimo "forzado", as xoias do tesouro das Catedrais. O pobo que xa estava "queimado por auga quente" e revoltado polas constantes invasións externas e oprimidos polos nobres, revoltanse contra Doña Urraca.
     Lugo, por fin, en 1400 a 1500, pasa a formar parte do reino de Galiza, onde o Conde de Lemos, fillo destas terras, colabora para a melloría de moitos problemas rexionais deste pobo galego, heróico, sofrido e sacrificado polo egoísmo irresponsable e prepotente dos nobres e seus caciques.
     Entre 1780 e 1809, a Galiza sofre novas invasións, desta vez non son romanos, suevos, visigodos ou mouros, mais nosos veciños os franceses que, a pesar da superioridade en homes e armas, sofreron algunhas derrotas polos habitantes destas terras, que dentro de sí levan aquilo que de máis nobre e aguerrido herdaron de seus devanceiros, os celtíberos, que amavan e adoravan cada recanto da natureza e, por que non dicir, o que eles consideravan de máis nobre, seu LAR. Os franceses invasores, despois de varios fracasos ante a organización e forma de guerrillas en contra ataques, como xa tiña acontecido moitos séculos antes con os guerreiros cántabros, galaicos e lusitanos para reconquistar súas terras dos árabes, eles foron obrigados a abandonar esta rexión, non sen antes destrozar todo o que se encontrava polo seu camiño de retirada.
     De 1834 a 1846, Lugo tamén se transforma en centro revolucionario da Galiza, tendo como un dos motivos centrais desa contenda a loita dos Carlistas, que foi motivo de moitas discordias na cal moitas familias foron arruinadas. En Lugo tamén foi derrotado o chefe militar Solis con seus seguidores, polo Xeneral Villalonga, que cerca a cidade e manda fusilar ós chefes derrotados. Como se ve, esta terra galega "arcaica e "maternal" formou a personalidade de seus habitantes con un fondo de nobreza, combatividade e desconfianza, pero, por cima de todo, fiel ós seus principios e seu Lar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega