Poemas na emigración

Páxina Anterior

Insomnio

Páxina Seguinte

v3mdiz016.html

Desperto no medio da noite pecha e fría, asustado
polo renxer da xanela de madeira co vidro rachado,
renxe; tronque -renque, renque- renque, bate-bate,
un renxer estrondente, oio o vento zoar sen parar,
vento húmido e bravío que ven do monte de Framea.

Escoito as follas do castiñeiro en silencio asubiar,
co vento violento, que varre a sombra polas esquinas,
esas esquinas ao agarimo con medo de ser feridas,
batendo nas pedras coa forza que sen loitar se estrela,
vexo a auga da chuvia nos "brazos"do vento escachifar.

Vexo as pingueiras das losas do tellado a pingar,
baten no camiño, tique-taque, tique-taque sen parar,
baten na lameira con furor, zalpicando en seu redor,
choive que choive na luz do poste reflexando súa dor,
durmo de novo, o sono do rapaciño cansado de brincar.

Xa é de mañá ben cedo, oio os corvos alá fóra berrar,
buscan espigas de millo, que poucas poiden encontrar,
as pegas gritan nas polas dos castiñeiros para axenxar
entre as follas secas os ourizos, pras castañas apañar
antes que o vento faga a sombra das nubes baixar.

Este vento que vai e ven baixiño, por entre os muros
subindo e baixando polas carballeiras, polos camiños,
polos cumaros, veigas, regueiros abaneando os fentos,
ese vento que nunca vai polo mesmo lugar, ao voltar.
Oio de novo, asubiando, pras follas do castiñeiro secar.

Ollo as nubes escuras, nas asas do vento a voar,
nese espacio de tempo sen tempo para poder amar,
está chegando a noite pecha ben depresa a cavalgar,
esta noite que choive frío, sen mollar, pasa sen pasar
co pensamento enxoito e esperanza de poraquí voltar.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega