Poemas na emigración

Páxina Anterior

Polo camiño

Páxina Seguinte

v3mdiz018.html

Ando polo camiño abaixo
por onde ben cedo de mañá
iba coas vacas para monte
comendo unha codea de pan.

Do rego pola petada
pasando polas barreiras
subindo deica o cabadón
para o monte das urceiras.

Ó abrigo do outeiro da cruz
e á sombra dos carballos
mirando para a devesa
cos campos todos regados.

Na regueira de baixo
xa non teñe máis carballos
como poiden os nenos agora
brincar de montar cabalos.

Nas fontes da regueira
a auga non brota máis
puxeron o lume no monte
queimando toxos e piñeirais.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega