Poemas na emigración

Páxina Anterior

Frol de ébano

Páxina Seguinte

v3mdiz038.html

Doncela única, árbore de tenrura ,
lámpada coas labaradas adolescentes,
froita cor de mel, froita madura.

Admirada túa alegría e perseverancia,
és amable e doce coma túas verbas,
de música é túa voz e túa fragancia.

Trigueña co cabelo cor escura ,
cristalina como auga de beber,
frol de ébano, froita madura.

És doce feito mel na sustancia,
libro onde se aprende a escritura,
leite de rosas de túa eterna crianza.

Na túa cántiga harmoniosa eu oía,
o vento por entre as froles ó zoar,
no raiar da aurora de un novo día.

Eu non sei se é, estrela ou luar,
túa fisonomía meiga e serena,
teu rostro, teu sorriso e teu ollar.

Coma un caravel na primavera,
eses teus rubios e ténues labios
que incendian deica a estratosfera.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega