Poemas na emigración

Páxina Anterior

A volta do fin

Páxina Seguinte

v3mdiz040.html

Polvo eris,
o barro transformado
auga, a enerxía reluce
é o milagre da vida
que a conduce.

Polvo te reverteris,
a semente xerminando
coa forza da Lúa
é o broto chegando
que sai da terra nua.

Polvo eris,
é o sopro da vida
en todo harmonia
a terra dá e quita
ó modo de sinfonía.

Polvo te reverteris,
o morrer para nacer
é a transformación
o vivir para morrer
é unha evolución.

Polvo eris e te reverteris,
é o fin da camiñada
da misión cumprida
un todo a transformar
da morte para a vida.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega