Poemas na emigración

Páxina Anterior

Apex

Páxina Seguinte

v3mdiz053.html

Todo está dividido:
As emocións dos vivos,
os sentimentos da morte,
o Ceo e a Terra.

¿Ámasme?

Tódalas palabras camiñan para a morte.
Tódolos rostros son almas torturadas.

Todo está dividido...

Ti e Eu.

Hai unha inocencia que ten medo de si mesma.

O aire está cheo de borbullas desprendidas de nosos soños.

Fai millares de anos que estamos buscando a mesma cousa.

A perseverancia e o noso propio soño,

é o que alimenta a nosa alma.

¡Ah!

¿E a eternidade?

A eternidade é un anel axustado a tódolos nosos soños.

¡Aleluia, aleluia...!!!

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega