Poemas na emigración

Páxina Anterior

O canto enmudecido

Páxina Seguinte

v3mdiz058.html

Eis que se estinxe unha vida,
só e triste, penarosa e silente
como a de un paxaro que morre;
desgastada, cansada e penitente.

Súa presencia era amena, suave
como o canto de un de paxaro,
de aparencia hirta e francina,
corpo sinxelo, fraxil e delgado.

En harmonioso dueto uniforme
de convivencia e moito amor,
como unha seta, seu vóo era
recto e firme como o do condor.

Como en un soneto clásico
fixo de musgos o seu lar,
verde-escuros e sedosos
para procriar e traballar.

Alzou o vóo na longa noite,
tal como aves de arribación
na viaxe de fe e esperanza,
na nova vida da emigración.

Sempre, en aventuras e soños,
privilexio dos puros de corazón,
como a andoriñas por temporadas
quería seguir nova arribación.

Seu mundo se torna árido e triste
esvaíndose na amplitude da soidade,
ó ver o inexorable tempo exaurido,
na plenitude de súa capacidade.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega