Poemas na emigración

Páxina Anterior

Poemas Populares

Páxina Seguinte

v3mdiz060.html




Algúns poemas —de dominio popular— cantados nas
pandeiradas da Terra de Montes cando eu era
adolescente

 

Despértame moreniña
levántame resalada
despértame moreniña que
está chegando a madrugada.

Cando estamos a chegar
de madrugada polos camiños
para non despertar a ningén
andamos ben caladiños.

Pandeiro que toca moi ben
as súas ferriñas danlle o ton
as chavalas que o tocan
son as mozas de Avión.

Como podo quererche ben
e terche moito cariño
sabendo que na túa xaula
canta outro paxariño.

Vivan os mozos de fora
que veñen ó noso serán
como a ruada está moi boa
bailan ata de mañan.

Solteiriña non te cases
mira que tes moi boa vida
pra despois de estar casada
non quedes arrepentida.

Subindo a Portela da cruz
levantouseme o capote
acordoume miña nai
fazendo as papas no pote.

Debaixo da túa ventá
fai a perdiz o seu niño
como eu son cazador
á túa ventá me arrimo.

Paxariño do papo verdiño,
¿onde vas fazer o niño?
No carballo do Casteliño,
no máis alto gamalliño.

Adeus carta graciosa
que vas a ver o meu ben
vas a ver seus lindos ollos
que me gustaría ver tamén.

Da túa porta a miña
hai o salto de unha cobra
espero poder chamar un día
á túa nai de miña sogra.

Túa nai e máis a miña
foron a unha romería
a túa viña borracha
e a miña non se tiña.

Non quero amor mineiro
que é moi malo de lavare
quero un amor mariñeiro
que ven lavado do mare.

Maruxiña dame un bico
que che hei de dar un pataco.
Non quero bicos dos homes
que me cheiren ó tabaco.

Bos amores son aqueles
que vemos de tempo en tempo
os que vemos tódolos días
gastan moito sentimento.

Que ben baila que ben baila
o da chaqueta máis longa
inda bailaba mellor
se a tivese redonda.

Tes dous ollos na cara
que parecen dous luceiros
que saen ós camiños
a roubar os pasaxeiros.

Quén me dera de ter
de túas mans un recordo
co corazón dentro dele
pro amar o tempo todo.

Mira para elas galán
mira para elas galán
anque lle pidas a man
eu sei que non cha dan.

As estrelas miudiñas
fan o ceo chover
se queres que sea túa
faino por onde merecer.

Se a lúa fora miña
andaría ó meu mandado
alumeariache de noite
ó pasar polo Peneirado.

Se me queres coma dices
tírame desta laguna
anque son filla dun pobre
non me cambio por ninguna.

Se queres saber quén fuma
e quén son os cigarreiros
míralle para os labios
e para punta dos dedos.

Por debaixo do meu vestido
unha pulga me picou
agarreina polo rabo
que bofetada levou.

Vela hei vai, vela hei vai
a raposa polo millo
comer ela pouco come
pero vaino sacudindo.

Este pandeiro que toca
é de pelico de ovella
onte comía na herba
hoxe toca que rabea.

Esta noite hei de ir alá
morena non teñas medo
deixame a porta atrancada
cunha palla de centeo.

No camiño de Santo Domingo
as silveiras tamén botan flores
algun día tamén eu paseei
paseando cos meus amores.

O carballo do Cotopereira
aínda non lle cai a folla
este ano non me caso
inda que me boten a sona.

Non chegues tanto a ela
e non lle toques no mandil
ela está comprometida
para un emigrante no Brasil.

A pandeireta nas miñas maos
ten que andar a vuelo
pras paredes deste palleiro
quitar as penas e dar consuelo.

A feira de Doade
é feira de pasar o tempo
onde van pasear
catro cabezas de vento.

Os mociños de Xirarga
cando ven de Presqueiras
dan a volta polo Bioco
con medo das carrilleiras.

Pasei pola túa porta
pedin auga e non ma deches
cando pases pola miña
hei facer o que ti fixeches.

Se queres ver as pernas
das mociñas de Soutelo
ó bailar a "jota"con elas
levantan a saia sen medo.

As mociñas de Alfonsín
cando van á feira a Doade
ó pasar no Santo Domingo
danlle a limosna pro abade.

Se queres saber quen son
os arrieiros do abade:
é Benito de Penalonga
e Xacobo Ramos Morgade.

As galiñas das Santas
ten o rabo revirado
que llo revirou o aire
ó subir polo tellado.

Fun á festa a Rubillón
pasei no campo da feira
os olliños que me queren
quedan alá na Abeleira.

Túa nai deuche unha tunda
coa vara de unha pereira
despois doulle vergonza
que viña a xente da feira.

Teño unha moza en Presqueiras
a outra no lugar de Rubillón
pra poder ver a de Xirarga
deitome ó cantar do capón.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega