Presencia da Lingua Galega

 

"Salvedade obrigada" (páx. 5)

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1



[p. 5]

SALVEDADE OBRIGADA



     Denantes de entrar no tema debo decrarar, con tanta verdá coma homildade, que non son filólogo nin cultivador da cencia lingüística. Vou falarvos coma simpre falante do galego, que por vocación e por profesión cultivouno ao longo de toda unha vida, tenlle a lei que se profesa a aquelo que se ama, e quere comunicarvos as súas íntimas impresións encol da lingua amiga, chamar a vosa amabel atención deica ela e —si poidera ser e fose preciso— comunicarvos o seu amor e o seu interés por ela. Pouco máis vou facer que palicar convosco sobor dun tema que a todos énos familiar.
     Dito brevemente: eu non son mestre sabidor, senón home sentidor da lingua galega. Cecáis por isto mesmo, tanto paradóxica coma lóxicamente, teña ollado coa meirande atención o seu desenrolo biolóxico; biolóxico porque da súa eisistencia, da súa vida, trátase en fin de contas.
     E feita ista sinceira confesión, veñamos ao asunto.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega