Presencia da Lingua Galega

Páxina Anterior

"Presencia actual da lingua galega" (pp. 12-42)

 

m5smartinezriscopresenciadalingua002.html


     Iste segundo carís do tema require un planteamento artellado ainda que necesariamente esquemático, dos respeitivos medios ou campos de cultivo e penetración da nosa fala particular no tempo de hoxe. Vexámolos.



[p. 13]

     1. XERARQUÍA IDIOMÁTICA DO GALEGO

     Nos nosos días encétase a xeira, que niles comeza, do desenrolo da lingua galega, con un curioso problema de orde ambiental que atinxe, non xa á súa presencia, senón á súa propia eisistencia xerárquica. O problema entrana unha dúbida: o galego ¿é idioma ou dialecto?
     Digamos, de primeiras, que a cuestión ven de vello. Xa Castelao facía notar na súa obra Sempre en Galiza que «a esta fala popular, viva e groriosa» hai quenes Ile chaman dialecto. «Mais eu —opón íl— preguntaríalles: «¿Dialecto de qué idioma?». E despois de negar que o sexa do castelán «que é —di con preno fundamento— irmán menor do galego», teima na pregunta: «Acaso queredes decir que é dialecto do latín?». E remata, cheo de razón: «Pois entón chamádelle dialecto ao francés, ao italián e ao rumano, porque tamén son fillos do latín e irmáns do galego» (10).
     Si, a cousa ven de vello. Pero resucitóu arestora con incisiva xeneralidade. Non creemos, porén, que ista suscitación problemática de hoxe supoña —como polo común supón toda dúbida— falla de fe na sustantividade e na operatividade da nosa lingua nai; mais, pola contra, teño pra min que supón un anceio de acrarar e promover a súa xerarquización, de situala no outo posto que pola súa importancia debera acaerlle. E decímolo baseándonos nas circunstancias do seu planteamento: por xente xoven e en ámetos polo xeneral populares. Veleiquí a síntesis do curioso proceso dende a súa incoación deica a súa decisión.
     Maniféstase a dúbida mediante petición de informes dos particulares á Real Academia Gallega, unhas veces como simpres preguntas telefónicas —sonantes algunhas veces sobor dun fondo de ruidos propios de xuntanzas nas que de fixo o asunto anda sometido a debate—, outras, recabando a opinión formal da Corporación. E a Corporación satisface, naturalmente, as preguntas en termos abertamente afirmativos sustentados no grupo de razóns que é de supoñer: As históricas atinxentes




(10) ALFONSO R. CASTELAO, Sempre en Galiza, ed. «As Burgas», Buenos Aires, 1944; páx. 42.




[p. 14]

ao seu nacemento e viabilidade, das que temos fai pouco falado; as empíricas, relativas á calificación da lingua que Ile otorgaron o MARQUÉS DE SANTILLANA na súa famosa carta ao Condestable de Portugal; CASTELAR, ao decir que cando ouvía o doce idioma de Galicia parecíalle estar tocando as táboas do berce da nacionalidade española, e MENÉNDEZ Y PELAYO cando se oufaniaba da riqueza literaria de España, que contaba, asemade da rama euzquera, con tres linguas romances: o castelán, o catalán e o galego; e, por fin, as razóns puramente filolóxicas, según as cuáis o galego recibe a súa categoría de lingua dos feitos evidentes de que non depende de ningunha outra principal, nin ten un orixe común con outras das que difira somentes nas desinencias, e, finalmente, de que, dende o punto de ollar do seu vencellamento territorial, no abrente da súa vida, Galicia era un reino.
     Mais hoxe folgan razóns e informes, porque a cuestión está resolta por decisión de autoridade. E a decisión —o criterio decisivo— tomouno a Real Academia Española cando, na sesión que celebraba pra estudar e resolver a moción que lle dirixira a Real Academia Gallega instando que se suprimisen da edición do diccionario estonces vixente os sinificados aldraxantes da verba gallego —«mozo de cuerda», etc.—, sinificados que, efeitivamente foron suprimidos e relegados ao Diccionario histórico, naquil lecer, digo, o Académico da Española don Camilo José Cela intervíu pra impugnar outra aceición da mesma verba galego: a de «dialecto». A súa impugnación foi atendida, e hoxe, mercede a tan oportuna e leal intercesión, na decimonovena edición do Diccionario de Ia Real Academia Española, pubricada o 31 de xaneiro do 1970, pode lerse como un dos sinificados da voz galego: «Lengua de los gallegos».
     Ten, pois, o galego indudabre xerarquía de lingua.


[p. 15]

     2. PRESENCIA ECUMÉNICA DA LINGUA GALEGA: ESPAZO XEOGRÁFICO DE VIXENCIA

     É iste da área do uso do galego nos nosos días un dos primeiros puntos de esencial consideración para a súa cabal estimación valorativa. Compre, pra abranguelo na súa verdadeira sinificación, adiantar unha tesis que consideramos de proba doada: a que sostén a identidade sustancial dos idiomas galego-luso-brasileiro.
     Isa identidade fundamental ven abonada, non somentes polo vencello parental en línea recta descendente que xungue ás tres linguas, é decir, polo seu sucesivo e coordenado nacemento, que deixamos esposto, senón tamén porque as diferencias accidentáis que as arredan débense principalmente a situacións de continuidade no emprego de unhas ou de outras por razón de oficialidade; situacións históricas hoxe prenamente escrarecidas. O sabidente historiador, paleógrafo e galego de adoución don Andrés Martínez Salazar, referíndose á segregación da faixa suroeste da Penínsua polo proceso histórico que no século XI determinóu a creación do reino de Portugal, no que o galego acadóu categoría de idioma oficial, e despóis de afirmar que de Portugal estendeuse ao Brasil, acrecenta: «Los portugueses no interrumpieron el cultivo de Ia lengua gallega, y, cuando creyeron segura su nacionalidad, o sea, desde fines del siglo XV, fueron introduciendo voces nuevas, unificando Ias formas múltiples, aumentando los diptongos nasales, cambiando Ias desinencias de algunos verbos, modificando Ia fonética arcaica de ciertas palabras, etc., etc.; pero en su fundamento, según lo confiesan Herculano y Adolpho Coello, el dialecto gallego es lo mismo que el portugués». (11).




(11) A autoridade de Murguía ven a confirmar isa identidade ao longo do discurso que pronuncióu como presidente dos Xogos Froráis celebrados na cidade de Tuy o 24 de xunio do 1891 e no que de maneira imprícita pero crara aparece sostida isa tesis nos seguintes paraxes: «O noso idioma!..., o fermoso, o nobre idioma que do outro lado de ese río (alude ao Miño e sinala a Portugal) é léngoa oficial que serve a máis de vinte millóns de homes e ten unha literatura representada polos nomes gloriosos de Camoens e Vieira, de Garret e de Herculano...» «...vede os romances portugueses e notaredes que son coma os nosos. Somellan duas gotas de orballo que tembran nunha mesma rosa. Veñen de unhas mesmas fontes nacionaes, e son tan iguaes na fala coma nos sentimentos que espresan». E coroa iste punto coistas verbas de gratitude: «....nunca, nunca, nunca pagaremos ós nosos hirmáns de Portugal... que haxan feito do noso galego un idioma nacional».




[p. 16]

     Nótese, coma levián, mais escrarecedora e sinificativa apostilla nosa á consideración do erudito historiador, que foi precisamente a fins do século XV, que íl sinala coma intre inicial de revitalización da lingua galega en Portugal, cando na España coartouse o seu emprego nos documentos e ficóu reducido o seu uso á fala, según xa denantes espuxen.
     Iste fenómeno de discordancia xeográfica e temporal no desenrolo do galego antre Portugal e Galicia, é rexistrado tamén por Fernández del Riego. Despois de asertar que «o galego-portugués é daquela (dos séculos XIII ao XIV) a fala literaria do Ocidente peninsular», engade certeiramente: «Pero mentras que o portugués a partir dese tempo sigue e se desenvolve literariamente, o galego decai; e ao longo de varias centurias, sometido ao imperio do castelán, non conoce lingua literaria».
     Son, pois, simpremente accidentáis —poidéramos decir dialectáis, non moito máis acusadas que as que eisisten, por exempro, antre o castelán da meseta e o que falan os andaluces— as diferencias que poden sinalarse antre as linguas galego-luso-brasileira, que compoñen, en rigor de verdade, unha soia. E permitídeme que pra roboración dista tesis de unicidade dos tres idiomas, pra poñela ao día e eisaminala á luz do presente, vos ofreza un testemuño imparcial —xa que ven de parte portuguesa—, un feito espresivo e unha anécdota persoal.
     Consiste o testemuño na opinión dun escritor portugués —por desgracia non fai moito falecido—, adalide da aproisimación idiomática antre Galicia e Portugal: OLIVEIRA GUERRA. As súas palabras constitúen proba concruinte da nosa aserción, e axotarán a sospeita de que a teñamos estabrecido pola nosa condición de galegos. «Ha un trabalho —di OLIVEIRA— muito vasto a realisar, á margen da producção literaria e de estudo: O trabalho de concatenação de elementos, o trabalho consciencioso atinente a uma futura aproximação lingüística entre Galiza


[p. 17]

e Portugal. No dia em que seia possivel pensar a serio nisso e promover essa aproximação lingüística (morfolóxica, ortográfica e fonética), começará a realisar-se un alargamento consideravel das fronteiras inteleituáis para a Galiza e para Portugal, sem prejuizos para ninguem e com vantagens para toda a gente: Por virtude dessa aproximação e por virtude dos demais esforços que se possam levar a bom termo, a fronteira inteleitual dos portugueses pasa do Minho para o Finisterra, e a fronteira inteleitual dos galegos dilatase para a quem do Minho, vai ate ao Algarve, chega a Africa, atingue a India e abranque o Brazil e todos os núcleos portugueses espalhados polo mundo. Aumentase o poder universalisante do Galaico-Portugués sem qualquer inconveniente para o bom entendemento hispánico, antes favorecendo-o e animando-o...» (12).
     Véxase cómo o malogrado escritor portugués fundaba na eisistencia de simpres diferencias consistentes en acidentes estructuráis (morfolóxicos, ortográficos e fonéticos), a posibilidade da unificación e da conseguinte universalización dos tres idiomas, presididos polo pai, o galego.
     O feito a que aludín é que a tendencia a isa aproisimación lingüística revélase, non somentes en que ven sendo exercitada por algúns escritores galegos, dos que poder servir de exempro o poeta GUERRA DA CAL, cuia posición ao respeito —certamente estrema— consiste en adoutar a ortografía portuguesa; senón tamén coa pubricación dunha revista galego-luso-brasileira nomeada «Quatro Ventos», na que, baixo dunha redaición integrada por escritores dos tres países, acollíanse traballos que favorecían o mútuo coñecimento dos respeitivos acervos léisicos e a posibel asimilación das súas diferencias.
     E a anécdota, que habédesme perdoar acade guisa persoal, pero que polo espresiva encol da miña argumentación unitarista teño recordado algunha outra vez, é a seguinte: Atopábase quen vos fala no rechán da xeva de Tijuca, paisaxe turística nos cumes que encostan Río de Xaneiro, falando co taisista que o



(12) OLIVEIRA GUERRA, contestación ao inquérito promovido polo xornal «El Progreso», de Lugo, sobor de «Parlamento das letras galegas», número do 15 de abril do 1961.




[p. 18]

tiña levado deica alí. Era portugués, e «ferido de punta de ausencia», emigrante prisado pola lembranza do país nativo, a parola —sostida por íl en portugués, por min en galego— xiraba arredor do Portugal lonxano. Niso estabamos cando un guía brasileiro, correitamente uniformado, que perto de nós axexaba o noso diálogo, achegóuse e dirixíndose a min aventuróu:

—O siñor é portugués.
—Non —respondín—. Son galego

     Velehí cómo un brasileiro tomaba o idioma galego por portugués. Do mesmo xeito que a fala daquil atento e saudoso taisista portugués pasaría cecáis por galego dediante de moitos brasileiros.
     Pois ben; suposta isa unicidade esencial antre os idiomas galego-luso-brasileiro —ponlas dun mesmo árbore lingüístico—, tesis que coido deixar demostrada, abondará pra decatarse da estensión e importancia da presencia xeográfica do galego, acudir ao dato estadístico do número de persoas que abrangue isa comunidade de falantes; e comprobaremos que chega á cifra de cento dazasete millóns e medio, comprendidos Galicia (incruso a poboación emigrante), Portugal e archipiélagos, Brasil, Mozambique, Angola, Guinea portuguesa e outros territorios lusitanos (13).
     As derradeiras consecuencias que dises feitos poden sacarse é doado estabrecelas: Que isas afinidades filolóxicas arrequecen o galego e fan dil istrumento utilísimo para as relacións antre España e isas outras nacións, non somentes nos terreos




(13) As cifras do censo de falantes aludido, poden descompoñerse así:

—Galicia ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... .
—Portugal (e archipiélagos) ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ..
—Brasil ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ...
—Mozambique ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... 
—Angola ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... .
—Guinea portuguesa ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... 
—Outros territorios portugueses ... ... ... ... ... ... ... ... ... ... 


3.000.000
10.000.000
90.000.000
8.500.000
5.000.000
500.000
500.000


TOTAL ... ... ...   

117.500.000




[p. 19]

da literatura e do arte, aitividades cuia utilidade espritoal —valia a antinomia— é espricabre subestimar e hastra non comprender, senón tamén no campo da cencia, do comercio, da diplomacia e, por cabo, da convivencia humá (14).



     3. PRESENCIA ACTUAL DA LINGUA GALEGA NOS ESCRITORES

     Si a ampliación da área temática do galego insinuárase xa nas páxinas do boletín NÓS —a anovadora e europeizante revista dos anos vinte— ao dar cabida, á beira das colaboracións literarias, a traballos históricos, arqueolóxicos, etnográficos e filosóficos, ise campo da temática da lingua galega ancheouse máis aínda ate límites de integración, na altura dos nosos días, nos que á intensificación do seu cultivo literario por poetas contemporáneos de nomes ben coñecidos (Celso Emilio Ferreiro, Uxío Novoneyra, Franco Grande, Manuel María, García Bodaño, Tovar Bobillo, Luz Pozo, Pura Vázquez, López Casanova, por citar algúns), engádense os cultivadores da prosa narrativa (Rafael Dieste, Anxel Fole, Cunqueiro, Blanco Amor, Xohana Torres, Neira Vilas, Cortezón); do ensaio nas súas distintas vertentes (Filgueira Valverde, García Sabell, Ramón Piñeiro, Rof Carballo, Fernández de Ia Vega, López Nogueira, Méndez Ferrín, Alonso Montero, Beiras Torrado); das cencias, principalmente históricas (Fermín Bouza-Brey, Taboada Chivite) e naturales (Parga Pondal, Torre Enciso); da etnografía (Xaquín Lorenzo, Antonio Fraguas) e da crítica literaria (Fernández del Riego, Car-



(14) Un exempro histórico da utilidade que no campo da diplomacia asume o idioma galego pola súa afinidade co portugués, ofréceo o relato dun particular das negociacións que cumiaron no tratado internacional constitutivo do chamado «Bloque Ibérico». Acreta ise relato: «...En líneas generales, estaba ya bosquejado el proyecto de lo que luego sería el «Bloque Ibérico». Conviene añadir que Ia conferencia de Sevilla (17 de febrero de 1942) corrió casi exclusivamente a cargo de Salazar y del Caudillo, que a través de su gallego vernáculo se entendía perfectamente con su interlocutor portugués». (Historia de España, dirigida por Luis Pericot García. Ed. «Instituto Gallach», Barcelona. Tomo VI, pág. 332.)




[p. 20]

ballo Calero). Folga o intento de esgotar a nómina de autores que cultivan cada un dises xéneros, e soio ofrecemos coma mero exempro os nomes que deixamos citados.
     O que fai falla decir, para a intelixencia cabal do punto eisaminado é que a iste frorecimento cultural tén axudado poderosamente a ademirabel e teimosa laboura de varias editoriáis, ben coñecidas, de Galicia e de Buenos Aires, e o mecenazgo de algúns bós galegos cuios nomes non precisan cita porque están na mente de todos e porque estóu certo de que a iles non Iles pracería. Isas entidades editoriáis e ises homes xenerosos xunguiron os seus nomes á maior parte, senón a toda, da abundosa e ricaz podución bibliográfica galega actual, e foron e siguen sendo canle axeitado polo que decorre con pulo irreprimibel a chea buligante da nosa lingua rexional, que vai dise xeito a regar estesas zonas e diversos estratos sociáis do país —denantes en secano lingüístico—, facendo que nilas froreza máis podenciosa que nunca a nosa fala, e recadando pra ela novos leentes. Niste aspeito debe, en xusticia, atribuirse aos escritores, a través do seu labor de creación, o oficio de abrir coa reixa da súa pruma fondos sulcos para o cultivo da lingua galega, e o mérito de haber posto o millor da súa parte na viva realidade dun frorecimento das letras galegas cecáis hastra hoxe endexamáis atinguido.



     4. A LINGUA GALEGA NA DIDÁCTICA

     A pescuda do proceso de penetración do galego na didáctica eisixe contemplala, coa brevedade que me impón o respeto do voso tempo, nos distintos banzos nos que o ensino se desenrola, é decir, a todos os seus niveles: a escola, o Instituto e a Universidade; orde aconsellado non soio por unha razón de lóxica espositiva, senón tamén polo volume ou índice censal dos alunos, destinatarios da instrucción pedagóxica en cada un dises tres estadios, criterio avencellado á eficacia e radio de aición do propio ensino da lingua. Mais denantes de entrar en materia sobor diste punto convén, porque é xusto, lembrar un-


[p. 21]

hos antecedentes comúns, ou, millor, precisar unhos feitos que abranguen aos tres niveles do ensino e tiveron un influxo determinante na prosperidade didáctica do galego, da que costituiron unha primeira fase estraoficial. Refírome aos cursos que as agrupacións culturáis da mocedade de toda Galicia anticipáronse a orgaizar con louvable desinterés e manifesta eficacia, e nos que se impartiron leicións de lingua e gramática galega. A audiencia foi en todos os casos numerosa e afervoada, e as crases supuxeron un considerabre factor de proselitismo idiomático e de estímulo para o cultivo popular e a revalorización do galego. Algúns ciosos inteleituáis coidáronse, pola súa parte, de defrontar o estudo de problemas estructuráis da lingua. Non quero nin debo pormenorizar os lugares, as entidades e as persoas que interviron nisas importantes tarefas; mais coido que debo facer esceición de dúas empresas didácticas pola súa exempraridade e trascendencia. Unha delas, o «Curso de Lingüística comparada» impartido especialmente para mestres polo profesor Alonso Montero no «Círculo de Ias Artes», de Lugo, no mes de marzo do 1966, axustado a un enxundioso programa. A finalidade diste curso foi sinalar e interpretar de xeito sistemático as diferencias eisistentes antre o galego e o castelán, materia, como veredes, do máis outo interés informativo. A outra empresa das dúas ás que me teño referido, é a celebración nista mesma cidade de Vigo, do 24 ao 26 de agosto do mesmo ano de 1966, dun «Seminario didáctico da lingua galega» no que interviron os profesores Xosé Ramón e Fernández Oxea, Albino Núñez, Xesús Alonso Montero, Alfonso Alvarez Gándara, Xohán Bernárdez, Agustín Rodríguez Caamaño o Xosé Luis Méndez Ferrín. Tratáronse nil, os dous primeiros días a revisión e a normativa da ortografía galega, e o derradeiro os aspectos metodolóxicos do ensino do galego.
     E non foi soio Galicia a que se preocupóu e preocupa de coidar e defender o seu eido idiomático. As linguas rexionáis hispánicas atópanse xunguidas, coa devandita finalidade, nun nomeado «Secretariado para información, documentación e coordinación encol dos problemas das linguas vernáculas» fundado no ano 1969, do que forman parte o lnstitut d'Estudis Cataláns,


[p. 22]

a Academia da Lengua Vasca, a Real Academia Gallega, a Obra Cultural Balear e o Instituto Príncipe de Viana, e que ven levando a cabo dende a data da súa creación a celebración de simposyums nos que se estudan os problemas lingüísticos e as situacións comúns, e se adoitan acordos conducentes á súa solución.
     Non pode ter duda que todas isas múltipres aitividades de espallamento das nosas linguas rexionáis e de inquérito dos seus problemas, costituiron eficace precedente, foron coma roza e sementeira que, sen dúbida, fixeron froitificar a acollida que, nos termos e na medida que imos ver decontado, recibiron as linguas vernáculas —ou, millor, nativas— no ámbito do ensino oficial por dictado da Lei Xeneral de Educación de 4 de agosto do 1970.


     a) A lingua galega na escola.

     Non fai falla —nin acae dentro dos lindeiros informativos do tema— encarecer a necesidade pedagóxica de impartir ao neno o ensino da lingua nativa pra educalo, é decir, pra adugalo ou conducilo deica a integración da súa persoalidade, desenrolándoa nas dúas dimensións nas que debe ser contemprada: a vertical da individualidade e a horizontal da sociabilidade, ou dito doutro xeito, favorecendo a súa formación síquica e dotándoo dun istrumento axeitado para a convivencia humá. Abonde traguer eiquí, no tocante a isa función sicolóxica do aprendizaxe do idioma nativo na infancia, unha opinión de autoridade: a de Unamuno.
     Unamuno, non sospeitoso, por certo, de parcialidades rexionáis, espón iste concreto e atinado parescer, que ainda apricabre a todos os degraos do ensino, ten especial apricación á escola denantes chamada primaria: «...si los movimientos físicos del cuerpo son cuerpo de Ias sensaciones —di o mestre de Salamanca— los vocablos son cuerpo de Ias ideas... La instrucción filológica sirve para vigorizar Ia mente de los jóvenes y contribuye a dotarlos de uno de los dones más raros, del


[p. 23]

sentimiento científico; pero tal instrucción hay que darla, para que sea provechosa, en concreto y en vivo, sobre hechos inmediatos, aplicada al idioma propio...».
     Ten, pois, o ensino dunha lingua na escola dous fundamentáis valores: O valor positivo de medio de formación do esprito do neno. Mais pra telo ha ser impartido, como di Unamuno, «en concreto e en vivo, sobre feitos inmediatos e apricado ao idioma propio». Quere elo decir que un idioma debe empregarse no trato natural co mestre, nise segundo fogar que é a escola, referíndoo ás cousas e ao ambente que rodea ao neno, e sendo o idioma propio. E o idioma propio do neno galego nos ámbitos rural e proletario, é o galego.
     Fagamos eiquí un paréntesis conceitual, que ven moito ao caso. Non pode negarse que Galicia é, pra sorte e ventaxa súa, un país bilingüe; mais a situación —de ningún xeito problema— que ista dualidade lingüística suscita débese resolver no terreo do ensino partindo do dato esencial do sobranceio do galego no campo —cuia poboación achégase ás cinco sestas partes da total da rexión— e no seitor do artesanado nas cidades. Ista superioridade numérica non quita, craro está, que se atenda e manteña o ensino na escola do castelán, predominante na cidade, empregado nas relacións da urbe co campo, ademáis, naturalmente, das xenerales como idioma oficial da nación. Non supón, pois, dificultade algunha a coesistencia dos dous idiomas, xa que de ambos a dous debe ser istruido o neno na escola. Por eso non Ile chamamos problema. Pode, pola contra, ofrecer moitas ventaxas. Unha delas, a de que o estudo comparativo do vocabulario e das normas gramaticáis de un e de outro, impedirá que o neno deturpe ou trabuque ningún diles. Encol dista cuestión do bilingüismo e sobor de outras referentes en xeneral á lingua galega na escola ten valideza escrarecedora o traballo dise tíduo, do que é autor Valentín Arias, aparecido na revista «Grial» (15).




(15) Vid. «Grial, Revista galega de cultura», Vigo, núm. 29, páxs. 257-270.
     Doutra banda, a cuestión en sí do ensino do idioma galego na escola, foi enxergada xa como problema de necesaria solución nas datas, ben remotas, de fins do século pasado. Refrexa ises razoados anceios o artigo tiduado EI idioma gallego en Ias Escuelas, inserto como editorial no número correspondente ao 9 de abril do 1899 do semanario «Revista Gallega», da Cruña, dirixida por Galo Salinas Rodríguez. Nise artigo, que defronta o tema dende diversos ancos confluientes na defensa da fala galega, dise certeiramente, antre outras cousas: «...obligados los maestros a enseñar por textos castellanos, al castellano se circunscriben, siendo lo notable que ni ellos entienden lo que enseñan ni lo aprenden sus educandos, por manera que al final no se habla en Ias escuelas de Ias aldeas, y aun de muchos pueblos, ni gallego ni castellano, sino una jerga o gerigonza que lastima el oído como lo hiere el martilleo continuo del yunque al machacar en hierro frío». E máis adiante decrara: «Tiempo es, pues, de que el gallego empiece a resonar en Ia cátedra con un fin tan noble y con el objeto de evitar que los gallegos sepan mucho de otras apartadas regiones y de sus hombres y desconozcan en cambio hechos que honran a su tierra y cuáles fueron los hijos ilustres de ella». Ollando dende o tempo de hoxe deica o tempo en que ises conceitos foron espresados, conforta ouservar que o mal acusado no primeiro dos párrafos citados paresce vai ter remedio, e a espranza a que responde o segundo acadará venturosa realidade. E, pois, xusto recordar eiquí o labor de aquiles nosos aboengos que teimosamente traballaron por facer madurecer o froito espritual da nosa lingua nai.




[p. 24]

     Coidemos agora que, asemade dise valor de sino positivo de formación do esprito do neno, abrangue o ensino do galego na escola outro de sino que podemos chamar negativo inanque de saudabel efeito: o de non ferir ou escurecer o esprito do neno coa incomprensión mútua antre íl e o mestre; non fomentar a incomprensión do propio neno, e non provocar nil a vergonza ou o receo de falar na lingua dos seus pais. Ben espresivos e probadoiros dises noxentos resultados de neglixir o estudo do galego na escola primaria, son os relatos, moi coñecidos, que fai Castelao no seu libro Sempre en Galiza. A incongruencia no parolar de escolante e aluno cando o primeiro diles, inquirindo a edade do segundo, pregúntalle cantos años ten, ao que o rapás responde, entendendo cordeiros por años, que íl non ten ningún, que seu pai ten seis... A ferida moral que o neno recibe cando o mestre, despois de dibuxar unha taza no encerado, pregúntalle cómo se chama aquil ouxeto, e ao respostar o cativo, despóis de moito cavilar, «¡Cunca!», ceiba o escolante unha roidosa gargallada.
     A istes casos, sen dúbida reáis e certos, poderíamos engadir algunhos outros que pola nosa conta temos recollido.
     Vaiamos agora a rexistrar a presencia da lingua galega no


[p. 25]

campo didáctico oficial. Pasemos do que debe ser niste orde, ao que en realidade é.
     O problema —iste do recoñecimento pedagóxico do galego sí que pode chamarse problema— acadóu un principio de solución no texto da Lei Xeneral de Educación do ano 1970 que denantes citamos. Ocúpase ista lei das linguas nativas ao regular os dous niveles educativos de «Educación Preescolar» e «Educación General Básica», respeitivamente. Ao tratar do primeiro dises niveles —que comprende hastra os cinco anos de edade— dispón no artigo 14 que a «Educación Preescolar» comprende «juegos, actividades de lenguaje, incluida, en su caso, Ia lengua nativa...». O art. 17 determina que as áreas de aitividade educativa no nivel de «Educación General Básica» —que dura oito anos— comprenderán «el dominio del lenguaje mediante el estudio de Ia lengua nacional, el aprendizaje de una lengua extranjera y el cultivo, en su caso, de Ia lengua nativa...».
     E decir, que nises dous niveles educativos, ten entrada o ensino das linguas nativas, e, por conseguinte, do galego; posto que a espresión «en su caso» non parece ter outro senso que o de aludir ao feito de que abonda que na rexión na que se imparta o ensino xeneral eisista unha lingua nativa, como en Galicia acontez, pra que deba cultivarse na escola. Nisa entrada ou recoñecimento da virtude pedagóxica das linguas nativas, tivo boa parte a intervención de dous procuradores galegos na discusión das Cortes: D. Xosé Filgueira Valverde e D. Antonio Rosón Pérez. A iles, polas súas enmendas e os seus discursos, incidindo principalmente no artigo 14, referente, como dixen, á educación preescolar, débese moi principalmente a acollida que isa lei deu ás linguas nativas na escola. Remataba o señor Filgueira Valverde unha das súas intervencións, decindo: «Sé que Ios niños gallegos se sentirán, en cierto modo, redimidos cuando no sufran esto que el P. Sarmiento, quizá con excesiva dureza, llamaba «bárbara costumbre» y «necedad inaudita» del intento de enseñar «otra lengua en otra lengua». Yo os ruego encarecidamente —engadíu— que aceptéis este precepto, y entonces en Ia lengua de Galicia, en Ia lengua de los niños


[p. 26]

gallegos, yo os diría: Deus volo premie. Millor ben non podíades facernos».
     Emporiso, a medida pedagóxica —atinada e xusta en principio— adoece de certa timidés, que non nos permite dar o problema como radicalmente resolto; posto que non se regramenta o seu uso a partir dise momento, e non se puntualiza ou acrara si o ensino das linguas nativas farase, no caso de Galicia, partindo do galego, é decir, tomando o galego coma lingua istrumental de estudo pra o ensino do galego e do castelán, que sería o máis eficaz e o que, como temos visto, ven a soster o mestre Unamuno; ou viceversa, facendo que fale castelán pra aprender cada un dos dous idiomas, o que, acudindo á lóxica, merecería chamarse, se non tivera outras calificacións, «petición de principio» (16).




(16) XESUS CAMBRE MARIÑO espón o problema do ensino da língua nativa na escola, e resólveo con cita de autoridade, no seu libro Educación e Desenrolo (ed. «Galaxia», Vigo, 1969, páxs. 95-96). Na seición «As eivas do sistema educativo en Galicia», di: «...a eiva principal do sistema educativo en Galicia: o que a instrución escolar, desoindo as recomendacións da UNESCO e os máis sans principios pedagóxicos no sentido de que o ensino débese dar na lingua materna da poboación, seña impartido nunha lingua estrana ó país en tódolos nivés educativos. Isto sin dúbida provoca unha esperencia traumática no proceso de aprendizaxe do neno galego, trauma que se arrastra irremisibelmente ó longo da vida do estudante, ó vérese forzado o aluno a empregar coma vehículo de espresión e de transmisión cultural un idioma que non é o propio. O problema ven de lonxe na historia da nosa sociedade e pra que non se coide que a súa denuncia é froito escrusivo de inquedanzas de última hora, vexamos o que pensaba dil un esgrevio galego do século XVIII cando escribía hai douscentos años: «Así que o neno sabe ler, escribir e algo de contar, hano adicar a que aprenda a sua língoa vulgar nativa con toda a estensión posibel, a castelán, si é castelán, ou a galega, si é galego; e si é galego, sin lembrarse pra maldita a cousa nin da castelán nin da latina nin da francesa nin da italián nin de outra calquera língoa que non mamóu. Pra ise estudo sinalareille eu tempo máis comenente». (Martín Sarmiento, O. S. B., La educación de los niños. Editado por primeira ves como Apéndice I en: María de los Angeles Galino Carrillo, Tres hombres y un problema: Feijóo, Sarmiento y Jovellanos ante Ia educación moderna. Madrid, 1953, p. 297. Os subraiados son da referencia. Galino tiróu o texto da copia eisistente na Biblioteca do Mosteiro de Silos, Ms. 73 bis)». A tesis sostida polo P. Sarmiento, exhumada por Cambre Mariño, é crara: a lingua galega debe ensinarse ao neno galego, na escola, partindo do galego, «sin lembrarse pra nada» de ningunha outra lingua, nin, naturalmente, do castelán. O «tempo máis comenente» para o estudo do castelán, que o P. Sarmiento ofrece sinalar nise texto, e, sen dúbida, aquil no que o neno galego domine a súa lingua nativa e poda servirlle de vehículo para o estudo da nacional.




[p. 27]

     De todas maneiras, os primeiros pasos no terreo oficial están dados; e debemos agardar que o desenrolo regramentario das normas citadas (17), levando o problema a punto de consumación, viabilice a penetración cabal do galego na escola, promovendo a que se ten chamado «vernaculización intelixente da escola» (18). Craro está que pra elo faise tamén preciso que nas Escolas Normales se impartan —como engade o autor da fórmula pedagóxica citada— «nocións básicas de lingua e gramática rexional». Para súa formación sobor disas materias dispoñerán os mestres ou alunos do Maxisterio, dos métodos, textos e diccionarios de notoria autoridade, ate agora saídos do prelo, entre eles as Normas ortográficas e morfolóxicas promulgadas pola Real Academia Gallega nas súas xuntanzas prenarias dos días 15 de febreiro do 1970 e 4 de xulio do 1971; do mesmo xeito que os nenos poderán dispoñer de libriños de diversos autores, axeitados para a iniciación do estudo e da lectura do galego, pubricados nistes derradeiros tempos por varias editoriáis.


     b) A lingua galega no Ensino Medio.

     Niste ámbito didáctico, incruido pola Lei Xeneral de Educación no terceiro dos niveles educativos, e por ela chamado «Bachillerato», non están presentes as linguas nativas nin, por conseguinte, a lingua galega. A lei garda nise punto un silencio que non deixa de ser solprendente, pero que tampouco deixa lugar a dúbida en canto a que, a partir da chamada «Enseñanza General Básica», non se incruie no «Bachillerato» o estudo das linguas nativas. E a Lei cala, sen dúbida, a mantenta; pois polo que se refire a Galicia, decatada a Real Academia Gallega do



(17) O art. 17, 2, da Ley Xeneral de Educación, atribuie ao Ministerio de Educación y Ciencia o establecimento dos programas e orientacións pedagóxicas, «con Ia flexibilidad suficiente para su adaptación a Ias diferentes zonas geográficas». Ao dito Ministerio corresponderá, pois, plantear os métodos de estudo e o orde de ensino do galego, resolvendo o problema apuntado no texto.
(18) XESUS ALONSO MONTERO, no prólogo da súa ob. cit.




[p. 28]

interés que o estudo do galego tería nise estadio didáctico, na xuntanza celebrada o día 12 do mes de marzal do 1967, moito denantes da data da pubricación da Lei (1970) aprobóu o texto definitivo dunha proposta que a Academia elevóu ao Ministro de Educación y Ciencia interesando se dispuxese o estudo da lingua galega nos Centros de Ensino Medio, nos que se cursa o «Bachillerato».
     A dita lagúa é lamentabel, xa que para o neno ou o xoven non volve a presentarse ocasión de estudar o galego hastra a Universidade, e posto que impide accedan a ise terceiro nivel pedagóxico quenes, chegados a íl, terían adequirido, a través do seu estudo obrigatorio nos dous primeiros niveles educativos, un coñecimento básico da lingua galega que Iles faría doado amplialo para dispoñer de unha dotación lingüística que Iles abrise as portas do fermoso enxido da literatura galega e lles permitise señorealo. Non é, de certo, comprensibel que nisa edá, propicia á maturidade cultural do home, o Centro no que se imparten leicións de literatura española, esqueza o estudo a seu propio nivel da lingua na que están escritas obras inmorrentes dunha literatura rexional hispánica tan ricaz como a galega, e haxa que agardar, dende o ensino primario, a chegada per saltum á Universidade, na que o censo escolar e, lóxicamente, moito máis reducido que o dos niveles pedagóxicos inferiores. Agardemos que isa sensibre lagúa sexa no porvir debidamente rechea legal e oficialmente. E digo legal e oficialmente porque unha autorizada información fai pouco outida, permítenos anunciar que pola atinada e louvable iniciativa do profesorado universitario e de Ensino Medio de Galicia, en xuntanza ao efeito celebrada acordouse, seguindo o esprito da Lei Xeneral de Educación, impartir —a nivel de Distrito— o ensino do galego nos Institutos de Ensino Medio, no 5.° curso do actual Bachilerato inanque con caráiter voluntario e sin valideza académica; nova da que todo bó galego e todo amante da cultura debe felicitarse, e pola que é xusto adicar aos promotores


[p. 29]

de tan atinado e, de fixo, froitífero acordo as maiores gabanzas (19).


     c) A lingua galega na Universidade.

     No nivel didáctico superior encontra o idioma galego atención e tratamento axeitado a súa importancia. No Departamento de Filoloxía Románica da Universidade Compostelá, funciona unha cadeira de Lingua e Literatura Galega rexida por un docto titular, e o propio Departamento desenrola unha aitividade, dirixida tamén por sabidente profesor, que, aparte da estrictamente universitaria, puramente didáctica, tende a pescudar e espallar o idioma galego máis alá dos lindeiros da propia Universidade. E faino —ou, mellor, estao facendo— de dúas maneiras: a elaboración polos doctores e licenciados colaboradores do dito Departamento, dun método práitico para o aprendizaxe do galego no que, según a propia decraración dos autores «tratouse de ter en conta a lingua realmente falada, inanque sin escesivo divorcio coa lingua literaria», libro que foi pubricado baixo do tíduo Galego 1, e ao parescer ha ir seguido de outros análogos, de posteriores desenrolos metodolóxicos. Promovéu, ademáis, o devandito Departamento a creación dentro da Facultade de Letras dun Instituto da Lingua Galega, integrado por autoridades, entidades e persoas representativas dos circos idiomáticos e culturáis máis caraiterizados do país.



(19) A xuntanza aludida no texto, según as miñas fidedinas novas, celebrouse en novembro do 1971 na cidade de Santiago de Compostela, e nilo interviron os Direitores de Institutos Nacionáis de Ensino Medio de Galicia; os Catedráticos de Lingüística, de Latín, e o Profesor encargado da cátedra de Língua e Literatura Galega, da Universidade Compostelá, e dous Inspectores de Ensino Medio do Distrito universitario. O devandito acordo foi adoptado a instancias do «Instituto de Lengua y Cultura Gallega», adscrito á Facultade de Filosofía e Letras da dita Universidade. Según os seus concretos termos o ensino do galego nos referidos Institutos, impartirase naquiles «onde fora factibel de conformidade coa dotación de Profesorado idóneo disponibel pra dito ensino», e nas seguintes condicións: «1), con caráiter de voluntaridá para o alumnado; 2), a tíduo esperimental; e 3), sin valideza académica».




[p. 30]

     Moi de celebrar é que a nosa Universidade rexional, poñendo como pon na empresa azos e vontade encomiabres, tencione anchear o labor de ensino e pescuda teórica que Ile é propio —de influxo meramente pedagóxico mais reducido, polo menor número de alunos con respeito aos niveles educativos inferiores— facendo sair a súa misión instructiva ao máis esteso campo sociolóxico da fala, no que é de desexar encontre a atención merecida.



     5. A LINGUA GALEGA NA EIREXA

     A penetración do galego nos eidos eclesiales conta con unha ascendencia tan vedraña coma esgrevia: as dúas versións galegas do Evanxeo de San Mateo, promovidas polo afervoado filólogo Príncipe Luis Luciano Bonaparte, sobriño de Napoleón (1813-1891), que con anceio estrictamente filolóxico acudíu aos eruditos de múltipres áreas lingüísticas —incruso aos vascos— en demanda de textos relixiosos vernáculos que íl prefería pra defrontar os seus traballos de comparatismo lingüístico. Con isa finalidade encarregóu en 1860 a Vicente de Turnes a tradución ao galego do Evanxeo de San Mateo. Turnes levóu a cabo a encomenda; e no ano 1861 imprímese en Londres a versión galega do mesmo Evanxeo feita polo santiagués José Sánchez de Santa María, un de cuios exemprares atópase na Biblioteca Nacional de Madrid. Istas dúas traducións foron dadas a coñecer polo profesor Alonso Montero en sendos traballos monográficos (20).
     A ises vellos e importantes libros poden engadirse algunhos outros textos illados de literatura ascética, principalmente oracións, coma o Paternoster, do que se coñecen ao menos dúas




(20) XESUS ALONSO MONTERO, El Príncipe Luis Luciano de Bonaparte en la lingüística gallega, «Boletín de Ia Comisión provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo», t. VII, núms. 57-58. El Evangelio de San Mateo. Estudio Lingüístico de Ia traducción gallega de José Sánchez de Santamaría (1861), in «Bol.» cit., t. VII, núms. 59-60.




[p 31]

versións galegas do derradeiro tercio do século XVIII (21) e algúns outros pregos que nós temos visto.
     Mais istas espalladas e pequenas mostras de apricación do galego á liturxia, por moito interés histórico que abranguesen e abranguen pra o estudo do proceso da súa penetración nise campo relixioso, ficaban moi lonxe de satisfacer a necesidade de estabrecer unha perfeita comunicación pastoral da Eirexa cos seus fieles de Galicia, en termos de que o sentimento relixioso chegase a aniñar na intimidá da gran comunidade campesiña e das crases artesáns e modestas da cidade. Isa necesidade, que viña presentándose como imperativa, tiña ao seu favor múltipres argumentos. Limitémonos agora a sinalar algúns datos que poden ser recebidos con categoría de razóns.
     1.º Unha superficial consideración demográfica do país galego demostra sen lugar a dúbidas, como xa temos dito, a prevalencia numérica do censo de falantes do galego con respeito ao censo da burguesía falante do castelán ou, cando máis, cultivadora das dúas linguas.
     2.º A formación dunha concencia relixiosa de masas haberá de operar, pois, sobor dunha grea de falantes do galego en aberta maioría con respeito aos falantes da lingua oficial.
     3.º O emprego a cotío do idioma castelán na liturxia, nas áreas do mundo campesiño e artesán, producirá dous efeitos manifestamente negativos, a saber:
     a) Limitar ou toller a comprensión da doutrina e, en xeneral, dos actos de comunicación pastoral pola dificultade de cautación perfeita dunha lingua que non é a nativa, do que deriva, ademáis, un grave oustáculo para a formación dunha concencia relixiosa, xa que o coñecemento ha preceder, por sinxela regra sicolóxica, ao sentimento e ao xuicio.
     b) Ferir os sentimentos do pobo falante do galego, ao re-



(21) V. XESUS ALONSO MONTERO, El Príncipe Luciano de Bonaparte en la lingüística gallega, ob. cit., páx. 2.




[p. 32]

fugar a súa lingua materna da esfera da súa intimidade relixiosa.
     4.º O paisano galego prodúcese na oración mental —non pode dubidarse— pensando en galego, que é a lingua do seu berce. E aínda máis: na administración de algúns dos sacramentos todos sabemos que, de antigo, os mesmos cregos adoitan usar o galego en aras dunha máis doada comprensión mútua, coma o usan para palicar cos labregos no adro, ás mesmas portas da eirexa.
     Foi, sen dúbida, o peso distes datos ou, si se quere, distes feitos de indiscutíbel ouxetividade, entendidos na súa parella proieición universal, o que fixo que a Eirexa, dando exempro co sacrificio da súa propia lingua secular, o latín, dispuxese a través do Concilio Vaticán II, na «Constitución sobre Sagrada Liturgia», o uso das linguas vernáculas nos seus oficios rituáis e no santo sacrificio da misa. Ista norma conciliar non agromóu, porén, decontado en Galicia de maneira axustada e fidel á súa letra e ao seu esprito dende que emprincipióu a ser apricada. ¿E por qué non agromóu? Sostiveron estonces algúns que a Xerarquía eclesiástica, con manifesto desenfoque interpretativo do texto conciliar e da realidade lingüística do país, entendera que a lingua vernácula na nosa terra era o castelán e ordeara, como así socedéu, o uso do castelán na liturxia en toda Galicia.
     De ser isa a verdadeira causa da subestimación do galego no orde relixioso, craro está que aquil suposto acordo das autoridades eclesiásticas da nosa rexión estaría enteiramente divorciado dos seus intereses esprituáis e culturáis e da simpre lóxica. Eu, pola miña parte, podo, e debo en concencia, aducir algún outro motivo —non sei si único determinante ou non de devandita medida—, que me foi dado ouvir de beizos da persoa que por aquil tempo asumía a máisima dinidade eclesial do noso país e á que, fai pouco falescida, adico eiquí o homenaxe das miñas afervoadas lembranzas. O anceio que nos espresaba aquil nobre varón —de galeguidade non dubidosa— era que se suplira o denantes posibel a falla de textos ascéticos necesa-


[p. 33]

rios pra que a lingua de Rosalía poidese resoar como axeitado e armonioso enfeite litúrxico na sagra intimidade dos tempros.
     O certo é que aquila primeira medida restrictiva da Xerarquía eclesial en Galicia, cecáis polo ausoluta e polo seu laconismo, foi impugnada con ampla xeneralidade por asociacións culturáis, entidades e persoas do país, que, xustamente alarmadas, dirixiron ás autoridades relixiosas doidas queixas ou coidaron de manifestalas púbricamente.
     Das aititudes espresadas nisa derradeira forma púbrica, podemos recordar eiquí as dúas máis sintomáticas.
     O esgrevio e inspirado poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán, ocupándose dunhas manifestacións feitas por ltzhak Harcaiz, líder do movimento Sionista Mundial, según as cuáis tradicioalmente, denantes da fundación do Estado de Israel, «pregábase no idioma hebréu inda que moita xente o non entendía», o autor de Bebedeira, repetimos, apostillaba, queixoso, o ano 1967, nunha revista de México (22): «Niste ponto foi millor a sorte dos xudeos que a dos católicos galegos, xa que a pesar de teren gardado na súa terra o corpo do Apóstolo SantYago non poden pregar (agás que o fagan ás agachadas) na lingua das Cantigas de Santa María. Sendo galego o autor da oración máis poética da cristiandade —engadía Delgado Gurriarán— (falamos do bispo Pedro de Mezonzo e da «Salve Regina Mater»), os galegos de hoxe dina en castelán ou, na meirande parte dos casos, en «castrapo». ¿Soará, cicáis, mal nos ouvidos de Deus ou da Virxe unha fala tan eufónica e aloumiñante como é a galega?».
     Pero o traballo periodístico que estonces abordóu con maior espricitude e conxugóu con máis rigor os diversos aspeitos do problema da presencia da lingua galega na Eirexa, foi o do escritor Alfonso Alvarez Gándara, tiduado La Iglesia no habla la misma lengua de los gallegos, pubricado no semanario «Signo» de 3 de decembro do 1966 e galardonado co premio periodístico «Fernández Latorre» do ano 1967. Partindo do feito, por íl afirmado, da denegación pola Xerarquía do emprego da nosa




(22) «Compostela 1 —Revista de Galicia», México, 1967, páxs. 275 e 296.




[p. 34]

lingua rexional, Alfonso Alvarez Gándara pón o acento no interés popular da cuestión e analizando os seus variados aspeitos remata pedindo ás autoridades eclesiásticas de Galicia unha reconsideración daquila súa aititude negativa.
     Por sorte, creemos que non hai hoxe motivo pra teimar naquilas primeiras e espricabres queixas, nin pra deixar paso á desespranza. Pola contra, temos fundados motivos de conforto e aledanza. E ises fundamentos son dous principáis:
     Un diles, que aquila sensibre e impeditiva lagúa da falla de textos ascéticos a que deixo feita referencia, e que en maior ou menor degrao retrasaba a penetración do galego na liturxia, témola hoxe manifestamente paliada e non lonxe de ser encheita coas versións galegas ate agora pubricadas, ben coñecidas e usadas, dos Evanxeos, do Ordinario da misa e das Oracións do cristián (23) antre as que quero destacar O Rosario na lingua galega, imprentado nista cidade o ano 1966, coma homenaxe ao seu autor, o presbítero don Manuel González Rodríguéz (24). A isa laboura de traducións cabe engadir o inxente e meritísimo traballo de tradución da Sagrada Biblia ao galego, emprendido polo escritor Manuel Casado Nieto, que leva traducidos e pubricados catro libros: os de Ruth (25), Job, Eclesiastés e O cantar dos cantares (26).



(23) Cóntanse, antre as máis coñecidas:
     O Misal galego, por XOSE MORENTE TORRES, MANUEL ESPIÑA GAMALLO e outros autores, ed. SEPT, Santiago de Compostela, 1968.
     A Palabra de Deus - Evanxelios, con un apéndice adicado á versión galega das Oracións do Cristián, polos mesmos autores e editorial citados, 1965.
     A Santa Misa - Ordinario en lingua galega, edición ao coidado da Mocedade Católica. Imp. Portela, Pontevedra, 1965.
     Misa do Apóstolo Sant lago, nunha folla; sen autor e sen data.
(24) O rosario na lingua galega, polo Pbro. Manoel González Rodríguez, Vigo, 1966, «Talleres del Colegio-Hogar de Ia Caja de Ahorros Municipal de Vigo».
(25) Pubricado no «Boletín da Real Academia Gallega», t. XXX, números 345-350, decembro do 1968.
(26) Istes tres libros do Vello Testamento, en versión galega de Manuel Casado Nieto, integran un volume das «Pubricacións do Centro Gallego de Barcelona», 1968.




[p. 35]

     E outro dos fundamentos que permiten abrir o peito dos bós galegos á espranza niste ponto, é a contempración do panorama relixioso rexional. Tén manifesta realidá a fina sensibilidade pastoral e o amor á terra e aos seus valores culturáis da meirande parte dos cregos que en Galicia exercen o seu ministerio (27); e isas dotes esprituáis ofrécennos a seguranza de que a lingua galega faise e seguirá facéndose cada día máis presente na liturxia católica, co lexítimo e natural respeto ao bilingüismo de Galicia, e usando en cada ambente litúrxico o idioma axeitado. De todo elo danos proba cumprida o miunzoso e solvente traballo estadístico levado a cabo pola meritoria «Comunidade de Vida Cristiá», dista cidade, da que é asesor relixioso o Reverendo Xaime Seixas Subirá, virtuoso crego e afervoado galego. O resultado dise inquérito ofrécenos o confortador panorama seguinte: No 7 de xaneiro do 1969 había somentes no país 5 misas festivas no idioma galego; o 26 de xulio do 1970, había 46; e o 26 de Nadal do 1971 había xa 167. E compre ter en conta, según advirte a mesma estadística, que en non poucas aldeias ou parroquias, sobor de todo da provincia de Ourense, faise toda a liturxia en galego.
     A lingua galega pode terse xa, pois, como presente na liturxia católica de Galicia.



     6. A LINGUA GALEGA NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN SOCIAL

     Vai paseniñamente penetrando niles a nosa lingua rexional, con diferencias de frecuencia e irradiación debidas a razóns imprícitas na índole e nas circunstancias que arrodean a cada un dos máis influintes, como imos ver.


     a) A Prensa.—Si ollamos ao pasado das pubricacións periódicas de Galicia —das que somentes algunhas revistas como



(27) Unha proba do amor á lingua galega do clero da nosa rexión a suministra o feito de que o tema elexido para o IX Coloquio rexional de parroquias de Galicia dos días 19 ao 22 de decembro do 1971, «A Eirexa frente ao desenrolo de Galicia», anunciouse e desenrolouse en galego. (Referencia dada polo xornal «La Voz de Galicia» do 23-XII-1971).




[p. 36]

«A Nosa Terra» do ano 1916 e despóis o boletín NÓS chegaron a empregar escrusivamente o galego— e voltamos a mirada á prensa rexional de hoxe comprobaremos con satisfaición que adoita atender con crecente interés e contadas esceicións ao idioma rexional e valerse dil, en certa medida de posibilidades, nas súas páxinas.
     Adoita atender —decimos— á lingua galega, porque dende fai varios anos ven acollendo avisos e notificacións de orgaismos e centros culturáis redaitados nela; convoca e desenrola inquéritos ou «encuestas» encol do ensino ou da sustantividade do galego —algunhas delas celebradas en xornáis dista cidade— que polas autorizadas respostas fornecidas polos inteleituáis consultados foron positivamente escrarecedoras; acostuma a insertar nas súas páxinas traballos de colaboración en galego, e algúns xornáis manteñen seicións fixas sobor de temas socioeconómicos e culturáis de manifesto interés pra nosa rexión, tamén no seu idioma propio.
     Trátase, pois, dun recoñecimento máis ou menos tímido, pero espresivo, e do conseguinte exercicio do bilingüismo, exercicio que siquera sexa incipiente abrangue unha manifesta importancia; porque a prensa periódica, espello da mesma vida e trasunto da súa verdadeira imaxe, refrexa dise xeito, con verdade e con xusticia, unha valiosa realidade cultural merecente de ser protexida e espallada. E debemos agardar que cando o ensino da nosa lingua rexional sexa, como vai camiño de ser, prodigado, a súa acollida na prensa terá de ser, lóxicamente, maior por canto medrará o cupo de lectores, e con íl, a penetración masiva da prensa en zonas ruráis.


     b) Os medios audiovisuáis.—Non pode decirse o mesmo dos medios de comunicación audiovisuáis no que se refire a súa posición no ámbito rexional. A realidade que ofrecen, agás de algunhas louvables e documentadas seicións que certas emisoras de radio adican a Galicia —nas que, porén, prima no fondo espositivo o castelán sobor de algunhas citas literarias e manifestacións folklóricas en galego—, agás disas emisións radiofónicas, digo, a penetración da lingua galega nas áreas de


[p. 37]

influencia dises centros emisores é manifestamente episódica e a súa capacidade de servicio ao noso idioma, práiticamente inapreciabel.


     c) Os novos xograres.

     Compre, en troques, sinalar a relevante importancia dun medio que, non somentes fomentóu a aitualización da lingua galega, senón que a esparexéu, conseguindo que sobardase as fronteiras rexionáis e incruso nacionáis; dinificouna aos ollos de propios e de estranos, e demostróu a súa capacidade de comunicación —de captación, poidéramos decir— estética e sentimental. Refírome ao movemento artístico xuvenil xurdido da aituación dises verdadeiros novos xograres e coñecido co rubro de «Nova Canción Galega». Non trato agora de xusgar a correición literaria nin —menos aínda— o acerto musical das súas cancións, nin, en fin, de sinalar os méritos diste grupo ou daquil cantante. Quero simpremente sobrancear a eficacia de proselitismo idiomático que en xeneral acada ista aitividá, que, pesie a súa aparente superficialidade cultural, costitúe unha das manifestacións idiomáticas máis notabels e trascendentes do noso tempo.
     Dixen, emporiso, que non trato agora de xusgar a correición literaria das cancións, e precisaba decilo. Porque niste ponto a Real Academia Gallega soe recibir queixas e ten sido requerida —incruso por conduto dalgún xornal da rexión— pra intervir na censura e formular a condena das corrupcións do texto galego empregado en algunhas cancións grabadas en discos moi divulgados. Pois ben; o que sobor diste asunto cábeme e creio obrigado decir, a tíduo puramente persoal, mais fundado na miña esperencia individual corporativa, é que a Real Academia Gallega non pode nin debe intervir espontáneamente na censura dos textos de cancións concretas incorporadas xa ao púbrico mercado. A súa propia finalidade de pescuda e normación xeneral da lingua galega, védalle emitir xuicios singulares de valor encol das obras de particulares xa pubricadas. Ela


[p. 38]

cumpre, no que atinxa a súa actividade lingüística, con realizar os estudos necesarios nise orde; formular, como resultado diles, as normas gramaticáis pertinentes, e emitir informes sobor de aquiles estremos que na materia Ile soliciten entidades ou persoas individuáis, pra todo o cál ten abertas de par en par as súas portas. Velehí, esquemáticamente tracexada, a tarefa cultural da Real Academia Gallega en servicio do noso idioma.
     Agora ben; folgaría decir que a Academia non foi nin adoita ser consultada polos sen dúbida nada doctos redaitores das letras das aludidas cancións; os cuáis poideron tamén, denantes de incurrir en pecado de letricidio, acudir ás gramáticas e diccionairos particulares do galego, de indudabel solvencia. Non acudiron, nin cecáis estean dispostos a acudir a ningunha disas fontes de información oficiáis ou privadas, e así van saíndo as cousas.
     Ise tanxibre mal móveme a aproveitar iste lecer pra formular, tamén no terreo persoal, unha afervoada decraración. Sería moi de desexar que os redaitores de cancións galegas matinasen e se desen conta da grave responsabilidade que lles acae polo dano que causan, non tanto en Galicia, onde ises erros léisicos poden ser, e de feito son, doadamente correxidos polos ouvintes, como fora dela, ao ofrecer un galego deturpado, ou máis ben unha caricatura de lingua galega, nun intre que pode ser calificado como o da súa renascencia e espallamento.



     7. OUTROS CAMPOS DE ACONSELLABEL APRICACIÓN DO GALEGO

     Non se esgota nos medios socio-culturáis deica agora esculcados o campo de aición no que a necesidade ou a simpre utilidade fan nos nosos días aconsellabel o uso do galego. Outro máis atráeno e rematarán por recibilo. Pódense nomear, por vía de exempro, dous diles, nos que estimamos xusto, necesario e, sobor de todo, eficaz que o galego comparta, cando menos, a súa presencia co castelán, en maridaxe de saudabel bilingüismo: o Notariado e os Tribunales.


[p. 39]


     a) A lingua galega na función notarial.

     Si queremos que a vontade creadora de actos xurídicos, que ao Notario corresponde autorizar, se manifeste con craridade e se esprese con fidelidá, debera consignar tamén en galego os actos por íI fedatados, nos casos en que a recolla de medios nos que sobranceie o uso da lingua galega. Pensemos nos contratos e nos testamentos, actos de naturaleza persoal nos que, en lecer de execución, o senso e o sinificado das palabras teñen prelación e decisiva importancia como primeiro estadio do proceso interpretativo. ¿Quén pode negar que isa función de vencello necesario antre a idea e a súa manifestación, antre o pensamento e a súa espresión, para indagación dun acto interno de vontade, pra saber o que pactóu o contratante ou dispuxo o testador, atribuie á palabra, nos numerosos casos de dúbida sobor do pactado ou do disposto, un oficio eminente? ¿Quén pode negar que a versión literaria dun texto dado a outro idioma tropeza moitas veces, por virtude do matiz dunha palabra, dun modismo ou dun xiro determinados, con oustáculos que obrigan a sustituir con máis ou menos fortuna, pero endexamáis con ausoluta fidelidade, o pensamento orixinario? ¿Quén pode negar, en suma, que isa sustitución idiomática pode traicioar ou quebrantar o senso verdadeiro e recto dunha manifestación de vontade e frustrala no trance en que deba ser executada?
     Resulta, pois, louvabel en sí mesmo e como precedente exemprar da posibel participación das linguas vernáculas noutras funcións púbricas xurisdicionáis, o feito de que, sen dúbida polas razóns espostas, nos documentos notariáis podan ser hoxe empregados simultáneamente o castelán e o galego, nos casos e ao amparo da norma regramentaria preceitiva de que «cuando el documento se otorgue en territorio español en el que se hable lengua o dialecto peculiar del mismo y todos o alguno de los otorgantes sean naturales de aquel territorio sometidos a su derecho foral, el Notario, siempre que entienda suficientemente, declarándolo así, el idioma o dialecto de la región, a solicitud del interesado, redactará el instrumento pú-


[p. 40]

blico en idioma español y en Ia lengua o dialecto de que se trate, a doble columna, para que simultáneamente puedan leerse y apreciarse ambas redacciones, procurando que gráficamente se correspondan en cuanto sea posible, a cuyo efecto deberá tachar Ias líneas que por ello queden en blanco a Ia terminación de Ia columna que resulte menor» (art. 149 do Regramento notarial do 2 de xaneiro do 1944).


     b) A lingua galega nos Tribunales.

     Razóns semellantes aconsellan e lexitiman que cando nos Tribunales se dean circunstancias parellas ás devanditas, no ambente social e nas persoas dos xusticiabels, se engada cando menos ás aituacións probadoiras do proceso un texto galego. Dilixencias como a confesión xudicial, as decraracións de testigos, os careos e a inspeición ocular, desenroladas con proieición aos medios populares, gañarían con elo en precisión espresiva, en autenticidade, e farían máis doado o cumprimento do fin esencial que as Leis de Partida asinalan aos Xueces: o de «catar acuciosamente Ia verdad».
     Vén eiquí axeitada a anécdota daquil Fiscal actuante na nosa rexión, que estribando a súa acusación no dito dos testigos, contextes en decrarar ter visto que o procesado ferira ao lesionado cunha «acha», calificóu os feitos de homicidio frustado, calificación que sería correita si se tratase da verba castelán «hacha», é decir, da galega «machada», ferramenta cortante usada na aldea pra partir a leña, istrumento certamente idóneo pra causar a morte, pero que non era procedente tratándose, como en realidá se trataba naquil caso dunha «acha», sin hache inicial, é decir, dunha astilla da leña partida. E todo o toque da cuestión, toda a culpa do espicabre erro, consistíu en que a verba galega «acha» escribírase nos autos en castelán.
     A nosa lexislación nacional contén un preceito que, si non defronta o problema, ven a recoñecer indireitamente partindo dun suposto análogo, a súa realidade e a necesidá de atendelo.


[p. 41]

Ven a ser como unha indicación da súa eisistencia. Procurando a fidelidade na transcrición das decraracións testificáis, dispón o artigo 440 da Lei de Enxuiciar no Criminal, ocurrindo ao suposto de que o testigo non entenda o idioma español, que nise caso se consigne no proceso a súa decraración «en el idioma empleado por el testigo y traducido a continuación al español». Coidamos que nise preceito radica a posibre solución analóxica do caso que a decraración do testigo falante do galego pode plantear.



     8. O DEBER DE GARDA DO TESOURO DO IDIOMA

     Perdoade que a cobiza de información en materia tan capital e complexa como a eleita pra iste meu palique, téñame levado a ocupar por demáis a vosa atención e a actuar, en certa maneira, como de administrador do voso tempo. Eu volo agradezo, e remato.
     O amor á lingua materna é unha forma de fidelidade ao sentimento da patria.
     Como todos os pobos fieles ao seu esprito, temos os galegos o deber de conservar o tesouro do noso idioma, non soio polos seus propios merecementos senón tamén pola súa virtude ecuménica.
     O xenio creador do escultor Asorey produxo unha obra maestra que pode servir de símbolo dise deber. Unha moza aldeá —todos a tedes contemprado—leva nos seus brazos, con agarimo maternal unha xuvenquiña, como si quixera amparala descontra a morte nemiga. E hai nos ollos da moza unha sombra de pesadelo, de tristura.
     Galicia é a moza, e a xuvenquiña o seu idioma. Galicia ama o seu idioma e deféndeo con anceio de libralo de que poda perderse na feira das incomprensións e consumarse o seu sacrificio.
     Non hai demasía en chamar tesouro a un idioma. Castelao tén dito istas graves e sentenciosas palabras: «Noso idioma é


[p. 42]

unha obra de arte... Creóuna o xenio inviolable do noso povo e labrouna o amor, a door e a ledicia de moitísimas xeneracións. Unha lingua é máis que unha obra de arte; é matriz inagotable de obras de arte».



Dixen

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega