Rancores do pasado

Páxina Anterior

Parte VIII

 

v2rosavidalcurvaturachemineas.html

 

     Antero Vera, facendo unha investigación nun campo de prisioneiros para encontrar o xefe dunha familia desmembrada pola guerra civil, percibiu que nunha lista de prisioneiros políticos, había dous nomes que xa lle parecía ter escoitado falar sobre eles a un de seus compañeiros do SEI. Despois de apuntar o nome no seu ficheiro de investigación, el lembrouse de que Abel tíñalle falado algunha cousa a respecto de unha persoa co nome parecido. El volveu a preguntarlle a un dos gardas de que parte tiñan vindo os prisioneiros daquel campo.
     —Señor, a mor parte deles son procedentes dos campos de batalla de Cataluña e Madrid, os outros restantes viñeron de varios campamentos desativados, por iso, non teño aquí, neste intre, os datos completos de súa procedencia.
     —Antero, de volta ó Departamento de investigación, comunicoulle ao colega de sua descuberta e que quizais fose a persoa que el estaba a procurar. Díxolle el:
     —Abel, vostede está a procurar por estas persoas?

    —Sí, Antero, unha delas fai parte da relación da miña busca: é o Ferrer, o outro que di chamarse Carlos, non sei quen poida ser, porén, quen sabe se a través del non conseguimos obter informacións dos que procuramos, eu e Thea.

     Cos datos conseguidos polo colega Antero, Abel conversou coa Thea de que deberían viaxar o máis rápido posibel para visitar aquel campo de prisioneiros, afin de confirmar o nome e a persoa procurada. Despois de apresentarse ó comandante Salinas, díxolle el:

     —Señor Salinas, estamos procurando o prisioneiro Ferrer, da milicia catalán recrutado en Barcelona. Vostede podería nos permitir a busca neste campo?    

     —Ben, señor Abel, xeralmente esa busca é feita a través de un pedido oficial do xefe do seu Departamento de investigación, pero, conforme os documentos apresentados pos vostede, trátase de un caso especial que podo atender de inmediato.    

     —El mandou chamar a Ferrer e Carlos, que eran os nomes que lle fornecera Antero. Para sorpresa de Abel e Thea, soamente apareceu o prisioneiro Carlos. Ferrer xa fora tranferido, para Barcelona, coa finalidade de ser xulgado e quizais liberado, pois, nos seus antecedentes persoais non había datos suficientes que o incriminasen.

     —Señor Salinas, eu e miña colega Thea, coa súa permisión, gustaríanos de entrevistar o prisioneiro Carlos afin de poder conseguir máis algúns datos sobre Ferrer. É posibel?

     —Sí. Poden esperar naquela sala ó lado que vou mandar Carlos, xunto cun garda, para que vostedes poidan conversar con el.

     Sentados, de un lado Carlos e o garda do campamento e, do outro lado Thea e Abel. Preguntoulle Abel:

     ?Señor Carlos, eu e miña colega Thea, a pedido de súas famílias, estamos a procurar dúas persoas que foron combatentes republicanos. Unha desas persoas é coñecida por Ferrer que, polo que nos informaron na oficina do comandante, foi transferido para Barcelona. O señor, que era compañeiro de Ferrer, confirma esa transferência para Barcelona?

     —Señor Abel, antes de responderlle algunhas cousas que eu sei sobre Ferrer, eu teño que ter certeza que non o procuran con outras intencións de prexudicalo. Nos somos prisioneiros, pero, ante todo, somos seres humanos que temos respecto e ética uns cos outros, por iso, gustaríame de saber quen da familia del o mandou procurar?
     —Ben, eu podo dicirlle o nome do sogro e do cuñado. O señor Benito é o sogro e, o cuñado, que foi meu colega de estúdios en Santiago de Compostela; chámase Pepe. A esposa de Ferrer está a vivir en Barcelona xunto cos pais do marido. Creo que esas informacións deben ser suficientes para probar que nós estamos aquí a pedido do señor Benito.
     Sí, eu creo que sí. Primeiro eu vou lle contar un pouco da miña historia nas brigadas internacionales que, unha boa parte desa camiñada infrutífera, tamén é do compañeiro Ferrer e de moitos máis que non poden estar aquí para ouvir ou contar:
     Eu, despois de pasar por varias frentes de batalla, xunto com as brigadas internacionales, fun a parar na província de Huesca para fortificar e defender unha colina que estaba moi ben localizada para combater e vixiar o movemento das tropas dos nacionalistas que, no seu intento de subir a serra para desarticular a nosa defensa, morrían como moscas. Daba pena ver aqueles infelices mortos ou feridos e sin poder ser socorridos por seus compañeiros. Era unha loita de vida ou morte, señor Abel.
     —Pero a nosa vantaxe estaba para mudar ca chegada de unha boa parte da artillería de campo Longo que estaba aparcada, había poucos dias, no Val do Río Gállego—Sabiñanigo, província de Huesca, región de Aragón—. Polo que a nosa vixilancia sabía, ela tiña feito unha viaxe moi penosa, nun vello tren de carga, dende Pontevedra—Galiza. Esa tropa contaba con moi poucos veteranos de guerra, a grande maioria eran xovens recrutados antes do tempo normal de prestar o servicio militar obrigatorio.
     A través do sector de "Operaciones Militares de Aragón"—xeneral Mola, Aranda...Sector Norte—: Zaragoza, Huesca e posiblemente (Teruel); os nacionalistas sabían que os republicanos defendíamos unha posición estratéxica, estábamos ben armados con ametralladoras e outras armas leves, no alto de unha serra que controlaba a pasaxe de tropas nacionalistas nun ángulo de case que 360°. Continua Carlos a súa historia:
    Os nacionalistas xa atravesaran o Río Gállego con un batallón de montaña porén, non conseguían avanzar alén de unha certa distancia onde eran castigados polas ametralladores e outras armas con un pouco máis de alcance da forza inimiga que procurábamos defender, con uñas e dentes, a posición privilexiada para o dominio da redondeza da serra.
     Un pouco afastada do pé da montaña, a artillería procuraba neutralizar os ataques do niño de ametralladoras para facilitar a subida da infantería conquistando terreno, mesmo que moito devagar e á custa de moitas vidas perdidas. Á medida que o sol se levantaba, os soldados da infantería, apoiados pola artillería ían gañando terreno sobre a encosta. Outros pequenos grupos avanzaban por entre a mata rasteira entremeada de pequenos árbores característicos daquela rexión.
     Eses grupos eran silenciosos e letais, usaban roupas de camuflaxe e armas apenas as suficientes para intentar explodir os niños de ametralladoras que estaban en redor de unha planice no topo da serra. Para facilitar a subida das tropas de elite na lenta subida da serra, a artillería pesada, unha boa parte de Campo longo, bombardeaba sen tregua todo o que se vía mover alá nas proximidades da base dominada polas tropas do Frente Popular, elas tiñan como principal obxectivo o dominio da visibilidade das vias de acceso á província de Huesca, principalmente a Puente Pueyo, Sabinánigo e Jaca.
     Os ataques da artillería ao cume da serra comezaran a producir grandes nubes de fume provocado polos incendios e de pó nos pequenos campamentos obrigándonos a recuar para poder ter mellor visibilidade sobre as encostas e as estradas alá embaixo, encanto a tropa dos nacionalistas gañaba terreno subindo camuflados polas nubes de fume. Despois de máis de un mes de unha loita desesperada e encarnizada con moitos mortos, principalmente do lado nacionalista, un dos grupos avanzados con máis de cicuenta homes, consegue alcanzar e explotar o que restaba do niño de ametralladoras dos republicanos.
     De feito, confirmando as palabras de Carlos, algunhas persoas que moraban nas veciñanzas, a loita naquela serra foi algo para non esquecer nunca máis. Cando algúns vellos tanques de guerra chegaran para reforzar a tropa de asalto e tomar posesión definitiva da praza de defensa dos republicanos, xa non había máis ninguén para conbater, o que non estaba morto estaba ferido de morte: sen pernas ou brazos... Fora algo animalesco e brutal, tanto de un lado como do outro. E o peor, irmaos contra irmaos, uns máis pobres que os outros con escaso material de guerra e moitas veces as milicias mal entrenadas e mal comandadas.
     En algúns casos, no bando republicano, era unha anarquia total, pois, chegaban a moitos fusilamentos no seu propio bando, por desobedencia. Cada facción política tiña seu modo de conducir a guerra. Como exemplo de enfrentamento entre os aliados do frente popular, en Cataluña, temos "los sucesos de mayo" onde máis de cincocentos milicianos foron mortos e máis de mil feridos.
     Continua Carlos a contar un pouco máis de súa loita infrutífera:
    —Chegada a mañán seguinte da batalla, o Coronel Agustín Amorobieta, do estado maior do bando nacionalista, ordenou aos restantes dos combatentes que voltasen á loita para desaloxar outros pequenos grupos de niños de ametralladoras, que aínda existían alí nas proximidades do outro lado da montaña. Os soldados de infantería xa estaban reagrupados e con máis armamento leve para se deslocar con facilidade, recibindo as ordens para se aliñar á beira de uns carreiros estreitos. Ao lado deles un pequeno grupo de artillería dáballes cobertura a unha maior distancia.
     As nosas tropas que aínda persistina na defensa de súas pequenas bases, tamén xa tiñan retomado o ataque durante a alvorada fazendo un estrondo no estalar dos fusiles e rufar das ametralladores. A maioria dos soldados xa estaba cansado demais para poder raciocinar cando recebían as ordens de avanzar, estaban visivelmente extenuados para se fixar nos movementos do inimigo a non ser ollar para o infinito do horizonte. Eu, ficava asustado cando as balas repicaban ó meu redor e observaba os compañeiros do batallón das brigadas internacionais xunto cos milicianos recrutados en Cataluña, cairen no chan, en combate e un atrás do outro.
     Ó ver que os outros compañeiros estaban no chan eu en pé e os inimigos se aproximando, agacheime no medio dos compañeiros que tiñan tombado polas balas dos nacionalistas, finxíndome de morto. Na estrada oculta no medio da vexetación e plantación de cana de açúcar via as cunetas onde se amontoaban os cadáveres. Foi cando percibín que algúns aínda estaban moribundos, esperando a morte con uivos de dor e desalentados suspiros. De un deles, co uniforme das brigadas internacionais, aínda puiden ouvir as seguintes palabras:
     —"Eu non quero partir deste mundo que non nacín para que fose meu. Pero, en vez de desaparecer, tal vez eu estexa volvendo para meu lar, para miña família alá na Franza. Din que tódolos átomos do universo xa fixeron parte de unha estrela, quizais eu estexa volvendo para miña casa alumeado por esa estrela": completou o moribundo.
     Carlos continua a contar a súa historia:
     —Despois do grupo de nacionalistas supor que non había máis ninguén vivo, seguiron noutra dirección alonxándose dalí. Eu, Ferrer e máis dous compañeiros, entón, non vendo ninguén ó redor de nós a non ser os cadáveres dos compañeiros no medio da terra vermella e escura polo sangre que escurría dos mortos ou feridos, intentamos nos levantar para agacharse atrás de unhas pedras. Aínda ben non tíñamos andado trinta ou corenta metros, cando aparece un outro grupo de soldados nacionalistas á nosa frente.
     Nós quixemos escapar por entre us outeiros pero, nun determinado intre eu escoitei un estampido e unha dor nunha das pernas, pero, así mesmo continuei me arrastando, amparado por meus compañeiros sobre a terra por máis uns metros ata que, diante de nós, apareceu un oficial militar coa pistola apuntada para a miña cabeza. Na mesma hora eu xoguei o meu vello e enferruxado fusil no chan levantando os brazos. O mesmo xesto foi feito por meus compañeiros (O noso batallón tiña recibido algunhas armas e capacetes do goberno frances xa usadas na primeira guerra mundial). Eu, ó levantar as mans, perdín o equilibrio e cain no chan, foi aí que levei outro tiro de fusil de un oficial daquel grupo de soldados.  
     Sentín o sange escorrer do hombro ó mesmo tempo que máis balas pasaban ó redor da miña cabeza. Deitado, quieto e imóvel, como se estivese morto, ata que dous dos militares se aproximaran para ver se estaba morto ou a penas ferido. Perdía e recobraba os sentidos ouvindo voces en meu redor pensando ser dos amigos, pero, non tiña forzas para levantarme ata que coa chegada dos soldados axudárome a levantar e fun levado para un pequeno campo de prisioneiros de guerra, xunto con outros compañeiros e, entre eles estaba Ferrer, tamén ferido nunha perna.

     Xa no campo de prisioneiros de guerra, eu comezaba a sentir un desconforto total e moitas dores polo corpo, principalmente onde tiña levado os tiros. Alén de un tratamento médico moi precario, moito frío e os piollos que infestaban o campamento tamén axudaban no meu sufrimento. A pesar das baixas temperaturas, eu sentía o incómodo do pruido dos piollos a remexer sob os cabelos do corpo e da cabeza. A dor xeneralizada era un suplicio, porén, tiña outras dores que quizais puidesen traer consecuencias máis graves.

     Por tódolos lados do campo de prisioneiros de guerra, víanse homes mutilados, algúns de moita gravidade pola falta dos mínimos coidados médicos para evitar a gangrena ou outros tipos de infeccións causadas polos ferimentos.

     Outra cousa que eu moito temia, era a falta de seguridade polas ordes moi severas dadas os gardas que tomaban conta dos prisioneiros: calquera xesto ou comentario fóra de horas era castigado co maior rigor, ás veces brutais, con látigos ou dependendo do garda, ata con un tiro de fusil. Eu aínda me lembro que, durante os combates tiña visto moitos camaradas co uniforme das brigadas internacionais, virados de barriga para baixo e, outros de lado aínda agarrando as vellas armas —todos eles mortos— ó menos era o que parecía, pois, moitos esban acabando de morrer por falta de atendemento médico de urxencia...

     ..........................................

     Como Carlos foi alongando moito a súa histora da andanza no campo de batalla, Thea tivo que o interromper facéndolle de novo a pregunta sobre Ferrer:
     —Carlos, o que nós queremos saber, é o que aconteceu con Ferrer despois de terminar a guerra e onde el pode estar neste intre?
     —El está vivo?
     —Si el está vivo, pódenos confirmar a súa transferencia para Barcelona? É iso que realmente queremos saber de vostede.

    Despois da entrevista con Carlos e máis algunhas informacións conseguidas do comandante Salinas, Thea e Abel procuran concentrar as súas investigaciós na familia de Arantxa, en Madrid. Eles sabían que tanto a busca de David como a de Ferrer dependían, en parte, do encontro que pretendían ter con ela e combinaron que Abel se encargaría de facer iso a través do adolescente que coñecera cando lle fixo o curativo de emerxencia nunha farmacia.

     Así, poucos días despois, Abel foi á casa que o rapaz lle indicara ser a súa moradía. Pero, o que el non esperaba, ó bater o timbre, era ser recibido por unha señorita moi sinpática e elegante.
     —Señora, meu nome é Abel, eu estou procurando un rapaz que hai pouco tempo foi ferido nunha pelexa de rúa, el díxome que vivía aquí e quería saber se el está ben.
     —Primeiro que non son señora, por hora aínda estou solteira e, en segundo lugar, aquí mora meu irmán e un primo, por tanto, non sei a cal dos dous o señor está a referirse. Quen é vostede e por que se interesa pola súa saúde?
     —Ben, se non me engano, vostede é Arantxa e filla de unha família orixinaria do País basco. O rapaz que coñecín na rúa, debe ser o seu irmán ou seu primo. Pero, alén de querer saber da saúde dese rapaz, eu e a miña colega Thea, tamén queríamos que vostede nos axudase a descubrir o paradeiro de un coñecido da súa família e parente de un meu amigo.
     —Señor Abel, polo que estou a ouvir, parece que vostede coñece ben algúns detalles da miña familia e comezo a ficar temerosa por iso. A miña familia xa sufriu moito, soamente porque meu pai combateu no bando dos republicanos. Con relación á señora Thea, o nome non me é totalmente descoñecido. Será que ela é unha servidora da Cruz Vermella Internacional?
     —Efectivamente! Ela é unha enfermeira e ó mesmo tempo presta servizos humanitários onde sexa necesario, orientados pola Cruz Vermella Internacional.

     —E vostede, cal é a súa función xunto coa señora Thea na busca de persoas desaparecidas?

     —Olla, Arantxa, eu son profesor de literatura hispano-galaica e a miña función no Estado é como investigador de persoas desaparecidas por causa da guerra civil española. Se me permite, señorita, gustaríame de que nos reunísimos os tres; vostede, eu e a miña colega Thea, para tratarmos sobre o asunto que lle falei a respecto da busca desas dúas persoas: Ferrer e David.

     —Señor, se eu puider axudar na busca deses dous prisioneiros, sin me comprometer, estarei as súas ordes.
     —Naquel intre en que ían a despedirse, estaba chegando á casa o irmán dela, Xavier.

     Cando Xavier viu o Abel falando coa irmá, na porta de súa casa, pensou que estivese alí para reñer dalgunha cousa contra el, con relación á pelexa que tivera na rúa. Por un intre, el ficou en pé, parado, como se quixese voltar, cando, de repente, a irmá ó velo, díxolle:
     —Corre Xavier! O señor Abel quere falar contigo antes de marcharse.

     Foi aí que a Arantxa ficou pasma ó ver os dous se abrazar como se fosen dous vellos e coñecidos amigos.
     —Ti non o vas a mandar entrar para que tome un café, Arantxa? El foi moi bo comigo e por iso lle agradezo como a un gran amigo. Entre un pouco, señor!
    Coa chegada de Xavier, o tratamento dado a Abel por Arantxa, mudou como da auga para o viño, ela pasou a ser máis cordial e prestativa, incluso falando a respecto de como coñecera a Thea, a través dun amigo de seu pai, cando ela o coidou nun hospital de feridos de guerra antes de morrer.
     —Séntese, señor, díxolle unha voz pausada e firme: era a nai de Arantxa e Xavier, ela estaba dentro de casa xunto co sobriño.
     —Abel, esta é miña nai, chámase Begoña e aquel neno que está ó lado dela é meu primo.
    —Ben, eu estou un pouco sorpreso, pois, non tiña a intención de entrar, tan só saber como estaba Xavier e, si posibel, coñecer a súa familia coa intención de pedir axuda para encontrar David e Ferrer.
     —Señor Abel, cal é a verdadeira razón para querer encontrar eses dous homes? Eu, sen querer, escoitei a súa conversa coa miña filla, será que aínda nos queren castigar máis do que xa nos fixeron sufrir?
     —Señora Begoña, eu pido perdón por non ter explicado mellor a nosa intención. Polo que eu sei, foi a través de Thea, a miña colega de investigación e busca das famílias desgarradas durante a guerra civil, que a súa família puído xuntarse. Esa é a nosa misión e intención, axudar as persoas a buscar os seus familiares, principalmente os xovens que poidan estár separados dos pais.
     —Vostede aínda parece moi xoven, non debe ser moito maior do que eu, por iso, se me permite, doravante voulle chamar simplemente de Abel.
     —Ben, o meu nome completo é Abel S. Cortizo, podes escoller o apelido ou none. Como ti queiras.
     —Olla, Abel, a miña nai xa sufriu moito ó perder o esposo e un fillo, despois ficou por moito tempo separada dos outros fillos sin saber se estaban vivos ou mortos. Por iso, e con razón, ela non confia máis en niguén. Non penses mal a respecto do que ela che dixo.
     —Eu entendo a vosa revolta por todo o que xa pasastes, Arantxa. Agora, se non vos importades, eu teño que ir ó encontro dun amigo e, xa está na hora!
     —¡Entón, ficamos combinados de que cando poidas, Abel, chámasme por teléfono para o noso encontro con Thea.
     A toda a família lle pareceu moi simpático e sincero o "profesor" Abel, principalmente ó Xavier que lle parecía ver nel un irmán maior e, Arantxa, que, a pesar da desconfianza inicial, tamén o ollara con ollos diferentes, quizais cos ollos do corazón. 

     Pero, o que Abel non esperaba, é que, despois de pasados algúns días, Antonio e David aparecesen no Hotel de Thea, facéndolle unha grande sorpresa ó mesmo tempo que lle daban moita alegria. Contaballe ela despois do susto que levara:
     —Abel, se me descoido, case que perdias unha compañeira de traballo e tiñas que asistir ós meus funerais. Ainda ben non tiña saído do baño cando me chaman da portería dicindo que un tal de David queria falar comigo. Foi un corre-corre para me vestir e baixar pola propia escaleira, pois, eu estaba no segundo piso. Eu non sabía se choraba ou se ría de tanta alegría inesperada.
     —Thea, eu tamén teño unha boa noticia para che dar con relación a Ferrer, el xa foi xulgado, libertado e está xunto coa familia. É o que me confirma, nunha carta, o señor Benito, o sogro del.
     —Sendo así, Abel, que tal marcar unha reunión no meu hotel para concluir a investigación e facer os relatórios para entregar ós nosos superiores: eu na CVI e ti no SEI.
     —Estou dacordo, pero, despois diso, temos que facerlle unha visita á familia de Arantxa para agradecerlle a súa disponibilidade e informala deste suceso.
     —Ben, Abel, así sendo e si ti non te opoñes, a min gustaríame de invitar a David para que nos acompañase, afinal de contas eles ten algún parentesco.
     Con ese pedido de Thea, case que suplicativo, Abel comezaba a ter certeza do que xa viña desconfiando había moito tempo, é dicir, un posibel relacionamente máis afectivo entre ela e David. Por outro lado, el non podía negar que, pola primeira vez, tamén sentira algunha cousa diferente cando coñeceu Arantxa. Esas novas descobertas amorosas, non eran totalmente alleas ás normas que Abel tiña aprendido no seu entrenamento cando estivo en Londres. El tiña recibido instrucións, específicas, para poder lidar con eses imprevistos sin interferir no seu traballo de investigación.

     Despois que Thea marcou o día da visita á casa da família de Arantxa, cada minuto que faltaba para ese encontro, ó seu colega de traballo parecíalle unha eternidade e, preguntábase:

     "O que é que está acontecendo comigo, será que é a necesidade de ter alguén para confidenciar o que se pasa no íntimo do meu corazón?" 
     As dúbidas de Abel, en parte, foron esclarecidas logo despois que o encontro foi realizado. A partir daquel intre, tanto a vida de David e Thea como a das demais persoas participantes tomaría rumbos máis ben definidos.
     Despois que as buscas principais foron solucionadas, Abel teria o seu traballo centrado nas políticas: interna e externa, principalmente na súa segunda vía que era a de axexar o movemento dos falanxistas, dentro do propio Goberno. Pero, un día sen esperar cando estaba saindo para o traballo, a súa nova coñecida e amiga o esperaba na portería do Hotel.
     —Bos dias, Arantxa, a que debo a súa grata visita? Algún problema coa família?
     —Non, que eu saiba non teño ningún problema. Pero, como o outro día ti me dixeches que coñecías a un profesor na Facultade e eu estou querendo recomezar os estudios, pensei que poderias ir comigo para obter as informacións necesarias sobre o asunto. É posibel, Abel?
     —Será un prazer. Olla, eu estou indo para entregar un documento no meu Departamento de traballo, soamente che pediría para me acompañar e dalí xa podemos ir onde queiras. Está ben así?
     —Claro que está. Eu só non quero que, por miña causa, deixes de facer as túas cousas.
     Abel estaba máis radiante do que nunca por terlle aparecido aquela oportunidade que, mesmo sin estar programada, tíñalle chegado nunha hora moi apropiada para satisfacer os infinitos desexos de seu corazón. Por outra banda, Arantxa tamén tiña conseguido o que pretendia na Facultade.
     —Ben, Arantxa, agora que resolviches o que querías para recomezar os estudios, son eu quen che invita para ir ó café. Vamos!
     —Encantada Abel.
    —¡Tanto para un como para o outro, as cousas parecían que estaban indo ó encontro daquilo que os seus corazós pedían, mesmo que, aparentemente e por determinadas circunstancias, eles demonstrasen o contrario.
     —O que vostedes van a querer, señor?
     —Eu quero un café cortado e algunha cousa para comer. E ti, o queres pedir, Arantxa?
     —Pra min pódeme traer un zume de laranxa.
    —Arantxa, non podo acreditar que hai poucos meses atrás, eu estaba che investigando para obter informacións sobre dous desaparecidos da guerra civil española e, hoxe, estou aquí na mesa de un café, xunto contigo.
     —Eu, a pesar de non ter moita certeza se podo confiar en ti plenamente, espero que a alegría deste día se repita por moito tempo, Abel. Así mesmo, non quero soñar demais para despois non ter pesadelos.
     —O soñar non custa diñeiro e ainda nos pode dar moitas alegrias.
     —Ben, Abel, si non te importas eu debo volver pra casa. Teño certeza que miña nai xa está preocupada comigo.
     —Ti non lle falaches para onde ías?
     —Si, pero non contaba de tardar tanto tempo xunto contigo e, despois do que ela xa sufriu por unha serie de problemas, un atrás do outro, non confía máis en ninguén.
     —Quizais non sexa conveniente, ó menos por encanto. Eu non sei como ela poderá reaxir ó percibir que estamos saindo os dous xuntos.
     Abel, a pedido de Arantxa, sempre que volvían xuntos, pasou a acompañala apenas ata unha certa distancia da súa casa, para preservar a nai. Pero, como os segredos non duran para sempre, unha certa noite cando volvían un pouco máis tarde, o seu primo, a pedido da tía, estaba espiando na fiestra da sala para ver cando ela chegase e, por iso, puído velos cando se despedían. Desta vez non contou nada para a súa tía Begoña. O rapaz, levado pola simpatia que lle causara Abel cando o coñeceu, poucos días despois e á mesma hora, tornou a espiar na mesma xanela e non tardaron en aparecer, despedíndose logo a seguir como da vez anterior.
     Porén, co tempo, foron perdendo aquel coidado inicial e nunha das veces que se despediron máis próximo da casa, Arantxa conversou un pouco máis alto de tal modo que a nai recoñeceu a súa voz. A señora Begoña chamou a filla imediatamente para dentro de casa e a reprendeu severamente, forzándoa para que lle contase o que estaba acontecendo entre ela e o señor Abel. Arantxa, despois de responder a medias palabras, fuxiu aturdida e envergoñada pola reprensión da nai, foi dereito a habitación pechándose alá dentro para soamente sair no día seguinte.
     Abel interpretou aquel xesto da señora Begoña, como sendo de proteción á filla e, co receo de perdela, naquel intre, a paixón inflamouno tan de presa como o corazón de Arantxa ficou conxelado de tristeza. Na verdade, é que todo acontecera tan depresa, que non houbera tempo de preparar en súas mentes unha explicación para as intencións que eles imaxinaban ter, un para o outro. Despois diso, o máis rápido que puído, Arantxa tomou a iniciatiba de procurar o amigo moi especial ou tal vez alguén por quen estaba a punto dunha paixón súbita para conversar con el. Ela estaba aflicta polo motivo do incidente que aconteceu da última vez que a acompañou ata a súa casa.
     —Abel, o certo é que eu non sei por onde empezar para disculparme polo que aconteceu aquela noite que me acompañaches deica a miña casa. Mesmo para min, a atitude de miña nai me deixou bastante preocupada e ó mesmo tempo indignada.
     —Non te procupes co relación a min, eu xa estou acostumado a ver e ouvir cousas máis complexas e preocupantes do que iso. Pero, pola miña experencia en lidar con as persoas de varias tendencias: familiares, sociais e políticas, algunha cousa está implícita na actitude da señora Begoña.
     —Dende que o meu pai morreu loitando na guerra e mesmo despois que a señora Thea, a través da (CVI), conseguiu reunir o restante da nosa familia, eu nunca tiña visto a miña nai perder, daquel xeito, o control das boas maneiras que ela sempre ten. Por iso, estou moi preocupada e teño que descubrir cal o motivo dese cambio repentino.
     —Arantxa, sin querer entrar na túa privanza, será que tua nai non ten alguén do seu círculo de amistades ou de familia en mente para ser teu futuro cónxuxe?
     —Eu non teño a mínima idea de quen poida ser, Abel, pero, quizais iso poida explicar a súa irritación naquela noite. Por iso e polo amor que devoto á miña aínda fráxil familia, deberemos ter máis coidado cos nosos futuros encontros.
     Aparentemente, Abel non ficou moi conformado coa determinación de Arantxa de restrinxir os encontros e apelou para a antiga colega de traballo, Thea e o seu compañeiro David. El quería saber o que tiña provocado tanta reacción, contra el, da nai dalguén por quen xa estaba apaixonado. Mesmo que sendo unha incognita, el non quería perder o que lle tiña aparecido graciosamente para dividir o seu corazón solitario.
     Unha noite, a criada do Hotel chamou Abel no seu cuarto, dicíndolle que o señor David quería conversar con el na portería.
     —Ola, Doutor David, a que debo a súa agradabel visita?

     —É sobre a información que lle pediches a Thea que eu vin conversar contigo.

     —Ela non veu con vostede, como está de saúde?  

     —Está ben. Ela mandouche unha aperta. Tivo que ir resolver uns problemas alá no seu traballo.

    —Abel, nós estivemos coa señora Begoña, facéndolle unha visita familiar para que non sospeitase que a nosa intención era outra, pero, o máximo que conseguimos pescudar, foi que, de feito, ela gustaríalle que a filla namorase con uns parentes vascos. Quizais, por iso, a súa reacción contra o namoro teu e de Arantxa estexa relacionado con esa intención que ela ten.      
     —Agradezo a vosa axuda, Doutor David. Eu estou facendo unha viaxe á miña terra de nacemento, a antiga comarca da Terra de Montes, Galicia, despois de volver, veremos como se poñen as cousas. Quizais teñamos que dar tempo ó tempo con un amor singularmente discreto e cauteloso.
     —Abel, eu tamén quero agradecer o interés e boa vontade que tiveches para axudar Thea na miña busca. Si vas a viaxar, por suposto que pediches un permiso á SEI, pero, cando volvas, vou che pedir máis un favor, pois, estou querendo regularizar a miña documentación para recuperar a miña graduación militar do exército español.
     —Se vostede quere, Doutor David, eu podo pedir ó meu colega e amigo do SEI, para que encamiñe os seus papeis na tramitación oficial. Thea tamén o coñece e pódelle falar que eu pedín para que vos atenda dentro do posíbel.
     —Está ben, faremos iso que me dis. Agora con relación ó problema de señora Begoña, eu véxote un pouco preocupado, pero, Thea ten me contado que ti es unha persoa moi equilibrada e sensata. Alén diso, eu sei que fuches entrenado para iso. Abel, apesar de non ter a tua experencia de investigación e coñecemento de literatura, teño a experencia da vida e de unha guerra con súas consecuencias que ti non viviches.
     —Doutor David, agradezo as súas palabras de eloxio á miña persoa, pero, creo que as cousas do amor, si é así que podemos chamar á relación entre eu e Arantxa, nin sempre obedecen ás normas científicas do comportamento humano.
     —Olla, moitas veces, mesmo que estexan acontecendo cousas estrañas nas nosas vidas, sempre haberá un punto dentro da nosa alma, parado, inmutable e imnabalable. Por iso, Abel, si de certa maneira, estás aceptando o teu destino sin revolta, debes intentar compartir con Arantxa esa tolerancia e sabiduría que Deus che deu. Mostrarlle que é mellor resignarse, parar de reclamar, se lamenter e comezar a facer cada un a súa parte. Iso xa sería un bo comezo para conseguir o que vós estades a querer.
     —Para min non son unha sorpresa as súas sabias palabras e, agora, máis do que nunca, entendo o amor que Thea sempre lle devotou e lle devota. Agradecido por todo, Doutor David.
     Xa en Santiago de Compostela para visitar os parentes e ó mesmo tempo o seu antigo profesor e protector nas súas actividades de espionaxe, Abel tambén foi a visitar algúns antigos amigos da súa xuventude antes de viaxar para o seu poboado de nacemento. En canto iso, en Madrid, a nai de Arantxa procuraba gañar tempo para presentar a filla a uns seus parentes vascos que estaban a pasear na casa duns amigos.
     Nun domingo de mañá, a señora Begoña, que a pesar de tendencias republicanas, honrando a súa orixe vasca, gustáballe de ir á misa tódolos domingos. Así, pediulle á filla para que fose xunto con ela e ó mesmo tempo en que coñecería uns parentes vascos. Arantxa vestiuse para ir á misa, porén un pouco desconfiada polo que a nai lle tiña dito había poucos días. Na verdade, ela xa tiña todo preparado para sorprender a filla. Na saída da misa, ó ver os supostos parentes, a espectativa e o silencio de Arantxa era interrogador.
     —Ignácio, esta aquí é a miña filla Arantxa que lle gustaría de coñecer ós parentes de Guipúzcoa.
     —Moito pracer en coñecelo.
     —Encantado Arantxa. Teño unha prima moi bonita, tía Begoña, e a señora nunca me dixo nada a respecto.
     —Tendes que vos encontrar un día para dar un paseo e coñecerse mellor, Ignácio. O teu irmán non quixo vir á misa?
     —Non, el está un pouco acatarrado e prefiriu ficar na cama para se recuperar.
     —Pero, si non se importa, tía, na próxima semana eu e o irmán vamos a facerlle unha visita.
     Xa de volta para casa, a nai voltoulle a pedir á filla que non a decepcionase.
     —Olle, miña nai, sin querer desagradar a señora, pero, eu pretendo seguir a miña vontade e a de meu falecido pai. El sempre me dicía para non facer nenhun plano de casamento antes de concluir os estudios na Facultade. E é iso que pretendo facer.
     —Si, filla, porén non é iso que ti estás a facer con relación á Abel.
     A señora está enganada, Abel me axudou a encamiñar os documentos necesarios para volver a estudiar na Facultade e, por iso, ás veces saímos xuntos para tomar un café e conversar un pouco. E, mesmo que exista unha natural atración entre duas persoas solteiras somos apenas bos amigos.
    Porén, en Galicia, Abel apesar de terse reencontrado coa antiga colega da época da escola, de quen tamén fora namorado, xa estaba con ansiedade para poder volver a Madrid. Como non lle era conveniente escribir directamente para Arantxa, el mandoulle unha carta a través de David e Thea para que a fixesen chegar ás súas máns, pero non tivo resposta. De feito, as cousas do corazón non estaban indo na dirección que Abel pretendía e pensou que, quizais fose mellor ficar máis uns días na súa terra de nacemento, cando menos ata terminar o seu permiso podería se consolar coa antiga namorada da escola.
     Pero, o amor moitas fai cousas que non están no entendemento racional e, Abel que xa comenzaba a ficar descrente con relación a Arantxa, por causa da intención de súa nai de aproximala dos parentes vascos, non tiña considerado moi ben a audácia e moita persistencia daquela xoven con aparencia humilde e de submisión. Os seus coñecementos técnicos e científicos da investigación estaban fallando nas artimañas da paixón.
     Abel ficara moi desiludido ó non recibir a resposta escrita da carta que lle enviara a través dos amigos: Thea e David, porén, unha grande sorpresa estaba próximo de chegar como resposta cando menos el esperase. Así, un belo día, estando no café de súa aldea, recebe un aviso que alguén o estaba esperando na casa dos seus familiares. Como se costuma dicir, Deus ás veces escribe certo por liñas tortas.
      —Arantxa, eu non podo acreditar que ti estás en carne e oso diante de min ou se é o reflexo da miña fantasía por ter sentido a túa ausencia!
     —Abel, perdoa a miña ousadía e o meu atrevemento por non che ter avisado que viña che visitar neste lugar que eu sei que é como un santuario para ti. Espero que me entendas e non me xulgues mal por ter vindo nestas circusntancias, pero, máis tarde, eu che esplicarei tudo con detalles.
     —Só coa túa presenza, Arantxa, é o suficiente para que eu poida entender a decisión que tomaches de me visitar ou outras decisións que ás veces terás que tomar. Ese xesto, mesmo que non sexa o que a min me gustaría que fose, mostra a túa forte personalidade e a retitude de carácter.
     —Abel, miña nai concordou en que eu viaxase xunto con Thea e David para pasar uns días en Barcelona e despois dalí vou pasar unha semana na casa dos parentes de Guipuzcoa. Para tódolos efectos, hoxe e amañán eu estou en Barcelona co parente David e Thea.
     —Ben, entón esta noite dormes na casa de unha miña tía aquí preto da casa de meus avós. Está combinado?
     —Como vos dea menos traballo, estando preto de ti, xa estou satisfeita.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega