v9dizramosrancoresdopasado002
Moitas veces, a audacia de unha tal
afirmación é supor o non ser como ser. Non ten na
realidade nada de falso e é posibel sin esta condición.
Era o que un filósofo e poeta xa afirmaba, tanto en prosa como
en verso, a nós, que entón éramos xovens.
Dicía Eutidemo:
O que
pretendía dicir con esa irónica metáfora o
grande mestre da sabiduría e da historia da humanidade?
... Entón, Eutidemo, preguntáballe Sócrates:
Cal é
a mellor ciencia do ser ou non ser que poida tornar os homes aptos
a obrar e gobernar con sabiduría, xustiza e sin rancor?
Como buscar o que é ou non é ser xusto Eutidemo?
Ben, Sócrates; escribamos un (X) para as cousas xustas
e, un (I) para as cousas inxustas.
Si ti o crees necesario, Eutidemo, fagamos iso.
Entón, non existe entre os homes a mentira?
Sin dúbida.
De que lado a colocamos?
Evidentemente do lado do (I), da inxustiza.
E os malos tratos ó pobo ou a unha nazón?
Igualmente.
E a opresión?
Sempre ó lado da inxustiza.
Entón non vamos colocar nada do lado (X), da xustiza, Eutidemo
Sería estraño, non é?
Como
será, si un home que foi electo para escravizar unha cidade
inxusta e inimiga, dirémolo inxusto?
Claro que non, por certo.
Así sendo, ese home procederá xustamente?
Sin dúbida.
E si enganar e maltratar ós inimigos na guerra?
Aínda será xustiza.
Se requisitar ou pillar os bens dos inimigos, non procederá
aínda con xustiza?
Seguramente. Porén, eu pensei que túas palabras só se referisen
ós amigos.
Logo, non cumpre colocar igualmente do lado da xustiza todo o que puxemos do
outro lado?
É o que me parece, Sócrates.
Queres que colocando tódalas accións do lado que designas estabelecermos, por principio, seren xustas contra os inimigos, porén, inxustas contra os amigos, e que en relación a
estes debemos proceder con toda a dereitura?
Con todo o pracer, anuiu Eutidemo.
Pois ben prosiguiu Sócrates.
Cando un xeneral ve as súas tropas desanimadas, anúncialle que
reforzos están a chegar en seu auxilio e, deste modo, consegue
devolverlle a coraxe de loita. De que lado colocaremos esta peta
(mentira)?
Do lado da xustiza, creo eu.
Entón, dis que debemos proceder con toda a retidón con
respecto ós amigos?
Tal vez non, e se me fora permitido retiro o que dixen.
Moi ben, Eutidemo. Antes iso que preservar o erro.
Olla, Sócrates, creo que xa non teño máis confianza en miñas respostas,
todo o que nós examinamos paréceme inteiramente diverso
do que eu imaxinaba. Todavia, séxame permitido dicir que
é máis inxusto do que quen engana sin querer, aquel que o
fai de propósito.
Pensas que pode
haber unha ciencia do xusto e inxusto como hai da política ou da
historia..., Eutidemo? Quizais non reflitises nestas cousas por te
xulgares cansado de tanto sabelas. Mas, xa que pretendes gobernar un
Estado que se imaxina democrático, de certo sabes o que sexa
unha democracia.
Sin
dúbida.
Ti crees posibel coñecer a democracia sin coñecer o pobo, seus dereitos ou súas necesidade
Non! Por Xúpiter!
O que ti consideras que chamamos de pobo?
Ós cidadáns pobres.
Sabes entón, cais son os cidadáns pobres?
Como non había de sabelo?
Sabes tamén quen son os ricos?
Tanto como sei quen son os pobres.
A quen chamamos de pobres e a quen de ricos?
Ben... Quizais... ??
A quen consideramos ser xusto ou inxusto?
Ben...,
aí tal vez teñamos que distinguir os amigos dos
inimigos... ou recorrer a ciencia que ti falaches, Sócrates...