Resumo de gramática eonaviega

 

Consideraciois Previas.

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1
     El eonaviego é el galego-portugués (e entre galego e portugués, é evidentemente el segundo, el galego) falado en Asturias na zona máis occidental, a chamada Terra Eo-Navia, de aí el sou nome. Así que así, algúns concellos, como Santiso de Abres, sul de A Veiga, Taramundi e a parroquia de Os Coutos en Ibias falan simplemente galego oriental de Lugo.
     A súa posta por escrito, a súa subnorma, pensamos que debe basearse na da lingua galega, onde é preciso facer uha adaptación da norma del galego común para el galego eonaviego.
     Portanto, el que pretendemos aquí é ofrecer aquelos elementos máis elementares que constitúen a esencia del eonaviego para que quen teña interese en se expresar nel, poida facelo, al tempo que apresentamos al público aquelos trazos máis significativos desta variante lingüística.

     El obxecto dun subpadrón como el que aquí propoemos é que a escrita del eonaviego se unifique na medida del posíbel segundo todas as suas variantes e al mesmo tempo que os leitores galegos se poidan achegar a esta variante que, debidamente grafada, non é tan tornada como lles podería semellar á primeira vista.

     Desde el sou primeiro momento, a proposta Cotarelo-Valledor pretendeu que a escrita fose flexíbel, de maneira que houbese a posibilidade de escreber mui achegado á fala real, ou tamén máis achegado al patrón del galego común, polo que a primeira postura se chamou achegamento mínimo e el outra achegamento máximo. Así, segundo os gustos de quen queira escreber, pódese alternar no uso del artigo o fronte a el ou unha fronte a uha. Nos máximos non se usa a palatalización, pero si non mínimos; en cualquera cousa, non é algo ríxido pero trátase de ofrecer aos falantes uha ferramenta útil que fixe por escrito el galego eonaviego e lle permita un uso máis próximo á sua fala habitual ou, polo contrario, achegar máis el sistema escrito al que é el galego padrón.

     Doutra banda, muitas das variantes quedan perfeitamente recollidas baixo uha sola forma ortográfica. Tal ocorre con cuando ou cuanto, que admiten até tres pronuncias distintas. Para el primeiro exemplo: /'kòndo/, /'kando/, /'kwando/. É preferíbel uha sola grafía, aínda que existan tres pronuncias distintas.

     Esperamos que este material seña de utilidade para todas aquelas persóas que se achegan a este falar galego. Para os eonaviegos, porque se cuadra así poderán escreber a sua lingua, para os galegos, porque pode ser que se animen a se expresar doutra maneira sen mudaren de idioma. Pénsese que el que pretendemos en todo momento é salvaguardar a unidade da lingua, aínda que para iso haxamos utilizar un subpadrón. El tempo hanos dicer si tíamos razón.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega