Resumo de gramática eonaviega

Páxina Anterior

Sistema Ortográfico.

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1
1. Xeneralidades
     Este é el sistema ortográfico eonaviego, adaptado del galego padrón

<a>
sóa /a/
<b>
sóa /b/.
<c>
Sóa /k/ diante de /a/, /o/, /u/ ou precedida ou seguida doutra consoante: casa, cousa, cuestión, crime, clase, técnica.

Diante de /E/ e /i/ sóa /θ/ : cento, recibe
<d>
Sóa /d/
<e>
Sóa /è/ ou /é/
<f>
Sóa /f/
<g>
Sóa /g/. /ge/ e /gi/ escríbense <gue> and <gui>: guerra, guitarra.

Para /gwe/ e /gwi/ úsase <güe> e <güi> (diérese),: averigüedes
<h>
Non sóa, aínda que en certos empréstimos é aspirada.
<i>
Como vogal, /i/.

Ten valor semiconsonántico /j/, como en Maio
<l>
Sóa /l/
<m>
Sóa /m/
<n>
Sóa /n/. En posición final, xeralmente sóa [η]
<ñ>
Sóa /ñ/
<o>
Sóa /ò/ ou /ó/
<p>
Sóa /p/
<q>
Sóa /k/. Escríbese sempre el cúmulo <qu> seguido por <e> ou <i>: querer, aquí.
<r>
No comezo sóa /rr/ (forte). No medio ou tras consoante sóa /r/ (suave). Para marcar o son forte intervocálico úsase <rr>, como en guerra (=war).
<s>
Sóa /s/
<t>
Sóa /t/
<v>
Sóa /b/.
<x>
Pode soar /ks/ en cultismos (na fala sempre /s/) ou /?/ noutros casos.
<z>
Sóa as /θ/, sempre diante de <a,o,u> ou en final de sílaba ou palabra: zapato, azul, cruz.

     Son digrafos:

<ch>
Sóa /t?/
<ll>
Sóa /y/ xa praticamente en todos os ámbitos
<nh>
Sóa /η/




2. Grafías particulares

     Imos sinalar algúns grafemas que precisan certas explicaciois:

<l.>:      este grafema representa a palatalización que se dá nalgúns pontos del dominio, máis cara a parte oriental. El sou emprego é potestativo, el cual quer dicir que cuando se pretenda espellar a palatalización pola razón que seña, farase uso del, pero quen non pretenda espellala, ben pode omitilo (1).
     Resulta interesante comprobar como gracias a este grafema podemos manter perfeitamente a unidade ortográfica coel resto del dominio. Así, a grafía muller, traballo, coller, lle, palla, etc., que segundo as zonas terá uha pronuncia con /λ/ ou con /y/, mais está unificado ortograficamente e inserido no resto del dominio.
     Doutra banda, el uso de <i> queda restrinxido a certos casos como: maior, maio, oio (=ouvo), caio (de caer), traio (de traer), aboiar, boia, laiar, onde en xeral consérvase uha pronuncia distinta da sinalada enriba. En cualquera caso, isto permite el establecemento de certos pares con diferenciación fonolóxica: oio ~ ollo.
     Para a toponimia parécenos máis axeitado empregrar o digrafo <lh>, e non opcionalmente, mais en todas as ocasiois; dese modo hase poder distinguir entre Vilar e Vilhar, por poermos un exemplo.

<b/v>:

     El sou emprego está suxeito a criterios etimolóxicos as máis das veces. Fronte al castelao, en eonaviego úsase <b> en: rebentar, dobelo, marabilla, beira, baleiro
     En troque, úsase <v> en: vulto, avultar, avogado [advogado], avolo [avó], varrer, vasoiro, vasadoiro, vuitra.

<h>:

     El sou emprego ou omisión tampouco coincide decote coel castelao. Ponse <h> en: harmonía, hierarquía (tamén xerarquía), harpa, filharmónica, subhasta. É inxustificable poela en palabras como irmao, irmá, ovo, óso, etc. Non levan <h> palabras como olá (saúdo).




3. Acentuación


3.1. Xeneralidades

     As regras de acentuación en eonaviego son igual que en galego, que basicamente coinciden cóas del castelao. Contodo, é preciso ter en conta:

  1. Non se acentúan os verbos da mesma maneira cuando van amalgamados con pronomes clíticos: cantará mais cantarase. É excepción é en élo [éo], éche, énos, etc. que sempre mantén el sou acento.
  2. En ningún caso se acentúan os adverbios en -mente: rapidamente, fantasticamente, etc.
  3. Non se acentúan os ditongos (e tritongos) decrecentes: camiois, animais, furois, almaceis, falou, etc. Portanto, si se acentua: difíceis, túneis, etc.



3.2. Uso de <é> e <ó> en casos de metafonía

     Acentúanse <é> e <ó> fóra das regras xerais para marcar duas pronuncias. Nuha parte del eonaviego sóan /e/ e /o/ respeitivamente, mentres que nel outra sóan /i/ e /u/. Desta maneira, evitamos el emprego de grafía dobres del tipo chea ~ chía, boa ~ búa e unificámola con chéa e bóa, que tein dobre pronuncia.

     El emprego deste sistema nos verbos é como segue: namais se pon el acento cuando <e> ou <o> son tónicos, é dicir, cargan coel acento de intensidade. Deste modo, al conxugar el verbo soar en presente de indicativo e de conxun-tivo ou subxuntivo, temos: sóo, sóas, sóa, soamos, soades, sóan; sóe, sóes, sóe, soemos, soedes, sóen. Para el verbo cear temos: céo, céas, céa, ceamos, ceades, céan; cée, cées, cée, ceemos, ceedes, céen. No resto das formas verbais non se usa



3.3. Uso del diacrítico

     El acento diacrítico, aquel que permite distinguir palabras cuase iguais, empréganse en eonaviego dacuando con certas diferencias respeito al galego común, visto que os casos poden non coincidir. Estos son os máis comúis:


cal (<QUALE o CALCE)

cál ( <CANALE) 
grao (<GRADU) gráo (<GRANU)
a (prep. ou art.)  á (contracción)
cha (che + a) chá (fem. de chao)
pais (<PATRES) páis (<PANES)
mais (conx.) máis (adverbio)
merma (de mermar mérma (páxaro)
neto néto (=fillo del fillo)
pelo  pélo (=debullo)
pe (nome de letra) (fin da perna)
sen (prep.) sén (= seo)
ven (de ver) vén (de vir, 3PS pres. ind.)
bola (de pan) bóla (de xogar)
nós (tónico) nós (átono)
vós (tónico) vós (átono)
so (=baixo) (=solo)
oso (animal)  óso
fora (do verbo ir ou ser) fóra (adverbio)
compre ( de comprar e cumprir cómpre (de cumprir (=ser mester)
polo (or. polo pólo (=extremo)

     Non se acentúan uha, alguha, ninguha, duas, tuas, suas.




4. Outros elementos ortográficos

     Pensamos que é totalmente desnecesario utilizar os signos de interrogación e admiración no comezo, e abonda con os poer na fin da secuencia. Se for imprescindíbel para uha bóa comprensión e evitar ambigüídades, daquela póñase.


4.1. Dos grupos de oclusiva / fricativa + lateral.

  formas con -r- formas con -l-

BR-:

branco, nobre, brando, Bras, nebra

bloque, -ble (2), blusa, etc.

CR-:

cravo, crume, recruta, crego, escravo

claro, claridade, clave, etc.

FR-:

frouxo, fraque, frauta

aflicción, conflicto, flegma, flotar, flota, flor, etc.

GR-:

gravata, regra

gloria, globo, etc.

PR-:

promo, despromar, praia, praza, prazo, prato, prata, prancha, preito, praga, empregar

plúmbeo, plan, placa, etc.


4.2. Grupos cultos.

  • b + outra consoante: submiso, submisión, subxecto (en gramática e filosofía), subtraír

  • Grupo -bs-: substancia, substantivo, substituír

  • Grupo -ct- ou -cc-: adxectivo, obxecto, obxección, respecto, subxecto, subxección (obsérvese que os derivados desta familia levan todos -x-: abxecto, proxecto, inxectar, etc.), districto, delicto, olfacto.

         É de notar que en galego pódese eliminar o -c- sempre que vaia precedido de -i- ou -u-: estrutura, produto, dición, dicionario, ditado, aflición, etc.

     

  • Outros: prognóstico, fisognomía

         El galego presenta de(s)- e non di(s)- en deputado, deputación, demisión, demitir, defunto, desfrutar. Igualmente a forma correcta é diminuír (cf. diminuto, diminutivo). Del adxectivo hipócrita el sou substantivo é hipocrisía. Outro cambio, mais agora á inversa, dáse con efémero.
         As formas correctas noutra familia léxica son cirurxía e cirurxao (Gal. com. cirurxán). Outro derivado é cirúrxico.
         Hai uha antiga vocalización en -ut- en: douto, doutor e outubro. Semellante é el caso de auto (no teatro) e bautizo (xunto con boutizo), mais cativo.
         A terminación -scripción xa perdeu o sou -p- nos primeiros tempos do idioma: inscrición, subscrición, adscrición, etc.



4.3. Outras terminaciois

  • Latín -amen, -umen
    -me: certame, exame, orde, Carme, volume, etc.

  • Grego -sis, -tis
    -se e -te respectivamente: análise, xénese, cistite, crise, etc. Non pertencen a este grupo oasis, tenis, gratis.

  • Francés -age
    -axe cóa característica de ser feminino: a bagaxe, a equipaxe, a paisaxe, a fogaxe, a friaxe, a viaxe, a piaxe, etc. Son excepciois, por procederen doutra orixe, el paxe e el traxe. Adoita usarse tamén como masculino el garaxe e el personaxe.






1. Neste taballo non usamos a palatalización
2. É prefeitamente normal -ábel, -íbel: amábel, posíbel.

 

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega