Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 16

Páxina Seguinte

Epílogo

VERSOS PRIMOS

CAMPO


Nas augas calmas do río

o sol peitea os cabelos
e das veigas de esmeralda

chega un suave cheiro a tempo

que esborrancha de morriña
e de brétemas o ceo.


Debaixo do azar primeiro

dos laranxeiros, un neno

persegue unha bolboreta

co seu coador de vento,

como persegue o poeta

palabras de caramelo.


As herbas recenden calma

e o plácido limoeiro;
a bolboreta da vella
segue fuxindo do neno

como foxen as ideas
douradas do pensamento.

 

Acougan quedas as augas

polícromas no seu leito

como repousan as verbas

en poemas de avoengo.


Dourado crisol, o sol

derrete rosas no vento,

rosicleres que transforman,

poeta - pintor, o lenzo
de brancas gasas celestes

en raxeiras de misterio;

e na noite chegan coplas

enfariñadas de tempo
que deixan ronseis de estrelas

baixo a peneira do ceo.


E cando os ollos rebordan

o farelo dos luceiros,

unha plenitude incerta

tremeluce no silencio.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega