Versos primos

Páxina Anterior

Páxina 17

Páxina Seguinte

Epílogo

VERSOS PRIMOS

CANTEIRO


As pedras dos cruceiros
son borralla de tempo feita rocha

sobre as cales sopraron os canteiros,

eses deuses telúricos
que axexan agachados no misterio.

Estades ante o tempo. Descubrídevos.

Recollede os espíritos... Silencio.

Están falando as pedras dos cruceiros.


Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega