BVG Atrás Índice de Páxinas |
Saudades gallegas |
||
"Carta d'o Abade d'Armenteira" |
m5vlsaudadesgallegas010.html
[p. 55]
CARTA D'O ABADE D' ARMENTElRA
'a sua nai
Nai d' o meu curazon: ¡ben me dicia
Farruco d' as Lagazas, o caseiro,
cando eu estudiaba Teologia!
«Denantes que a ser crego te resolvas
têlo que cavilar moito pirmeiro,
que non vale que atrás dempois te volvas:
logo q' as órdes pra misar recibas,
ansi queiras coller un novo estado,
sexas feliz, ou sexas desgraciado,
crego terás que ser namentres vivas.»
[p. 56]
Fai dous anos, naiciña, que d' abade
n-esta parroquea estou: n-estes dous anos,
se ll' ei contar verdade,
a centos recebin os desenganos.
Viñen pr' eiqui coidando que poidera
a forza domeñar d' as miñas coitas,
e valérame mais que non viñera,
pois se onte eran moitas,
hoxe que vendo estou o que se pasa,
¡ay ven-o sabe Dios, que ser quixera
tan feliz como fun n-a miña casa!
Pra cumprir a concencia os meus deberes,
teño que vixiar de noite e dia
pol-a salús moral de cantos seres
ô meu coidado Dios deixa e confia:
teño que dar consolos á quen chora,
ô probe pan, consellos o que erra
que sin vertú nin caridá, siñora,
non se poden curar almas n-a terra:
e sen folgar, sen ter nunca sosego,
ver non podo cumpridal-ás tareas
[p. 57]
d' a miña obrigacion, pois élle un crego
agarimo de todos n-as aldeas.
Acoden ond' a él mozos e vellos,
afrixidos pidíndolle consolo
pr' as suas desventuras, que son moitas,
y-él que non ten que dar senon consellos
anque se volva tolo,
non alcontra remedio a tantas coitas.
Tal lle me pasa a min, que non atendo
a remediar os infinitos lóitos
qu' estou de cote n-a parroquea vendo,
e pol-a cruz que poño, non comprendo
a regalada vida que fan moitos.
¡Ay, naiciña, non sei como lle chame
ô martirio que sufro sendo cura
e ter que presenciar finxindo calma
como namentres us morren de fame,
[p. 58]
viven outros nadando n-a fartura!
Sempre a sacreta voz d' a miña alma
estálleme croel amonestando
á que cumprindo como bon abade,
loite pol-a verdade
a doutrina de Cristo padricando;
mais eu que sei por práuteca de certo
que ven a ser igual, sermon perdido,
padricar en deserto,
ou padricar a xente sen sentido;
pra que non digan que non son meus féitos
cumprida semeIlanza d' o que falo,
vixilo, vexo..., e calo,
e de min todos viven satisfeitos.
Ninguen m' empresta axuda
n-a grandiosa tarea
d' esparexer a ilustracion n-a aldea:
se chamo â caridá, rmóstrase muda;
busco n-os curazós catolicismo,
e topo indiferencia por resposta,
que o noso labrador poI-o egoismo
[p. 59]
gobérnall'a concencia, e non lle costa
gran traballo creer, que sen mais nada
que no corpo levar escapularios,
e dispor d' unha Bula d' a Cruzada,
ir â misa e rezar algus rosarios,
xa ten a salvacion asegurada.
Intentar correxir tantos errores
perder o tempo en baralladas fôra,
por que os homes d' agora,
todos se gaban de lle ser doutores:
hay que deixar que siga o mesmo todo,
que crean n-os agoiros d' as curuxas,
n-a existencia d' as bruxas,
e n-outras zaramallas ô seu modo:
que c' o aceite d' as lámparas d' a eirexa
curar os males d' o seu corpo intenten,
e que levados d' a cativa envexa
e d' a negra ambicion, ódeos alenten:
que de seu Dios s'acorden solo en tanto
lle teñan que pedir salus e sorte,
e que por medo, e non por amor santo
piedade cramen ô loitar co-a morte.
[p. 60]
Como vosté conecerá, siñora,
a miña situacion élle muy séria.....
muy esconsoladora,
pois anque vendo estou com' a miseria
os corpos y-os espiritos devora,
carezo de poder pra redimilos
cal a miña mision santa require:
¡digolle nai quirida
que como aguda espada de dous filos
esta impotencia o curazon me fire
e converte en inferno a miña vida...!
Nai d' o meu curazon: d' o que me pasa
verme libre, deixar a cruz quixera:
¡ay! fórame millor, mais me valera
ser labrego e coidar os bés d' a casa!
© 2006 Biblioteca Virtual Galega |