Teoría do coñecemento

 

1.

Páxina Seguinte

v2vitorvaqueiroteoriaconecemento001.html

1 DÍAS DE 10.000 a.C.

1 A vida e as palabras comezaron nunha illa alapada entre dous ríos. Ao brado incomprensíbel, inda que non por iso menos vingativo, do primeiro simio, precedeulle a ollada tumefacta do batraquio. A esta, o abalar caviloso do peixe na fronteira de dúas augas. Dantes apareceran as areas xeradas por un po insospeitado e algúns pares de ollos amedoñados no interior de covas tentaban coñecer a causa dos silencios exteriores e, sen embargo, o latexar da escuridade infinda. Creron que con debuxos dubidosos, deseñados nos teitos inaccesíbeis, húmidos, ían esconxurar a escuridade, as tebras, a noite á que voltamos.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega