Teoría do coñecemento

Páxina Anterior

6.

Páxina Seguinte

v2vitorvaqueiroteoriaconecemento002.html
6 Igual que os peixes planos (Pleuronéctidos nos manuais de emprego corriqueiro) aran infrutuosos as areas do fundo; igual que os peixes planos (Pleuronéctidos: navegan de costado) pescudan e analisan, desnortados, atónitos, miméticos, os milleiros de anos que mudaron o primixenio gas incandescente en molécula de auga aterecida, así pesquisa o amante (o amante do Corpo e da Palabra: o amante do Corpo da Palabra) (igual que os peixes planos) (sen distinción de sexo) os corpos dos amantes (da Palabra) e as subrepticias terras nas que a Palabra encobre a súa presenza.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega