Teoría do coñecemento

Páxina Anterior

11.

Páxina Seguinte

v2vitorvaqueiroteoriaconecemento004.html
11 Na palabra procuraba o poeta a esencia da Palabra. Só, embora, un texto bíblico xurdía na súa presenza reiteradamente: que a túa man direita descoñeza o que executa a esquerda. Non obstante, dende o inicio do Tempo, man e cerebro foron unha compacidade: pensamento unitario e acción coordenada: que non sospeite o teu cerebro esquerdo o que argalla o dereito, escribiu o poeta. Man e cerebro: causa, consecuencia, alicerce, secuela. No principio era o Verbo, e o Verbo era insurxente e fomentaba (o Verbo) a rebelión: un texto destrutor, erodente, depredador, maligno: a esencia da Palabra: devastación, reconstrución, fractura.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega