Teoría do coñecemento

Páxina Anterior

17.

Páxina Seguinte

v2vitorvaqueiroteoriaconecemento005.html
17 Na caverna xurdían nocións incomprensíbeis como excéntricos paxaros submariños, como estraños mamíferos asiáticos alados ou como profecías de imposíbel cumprimento (invocación, pregaria, profecía constitúen parapeitos limiares do coñecemento). Home, muller, hermafrodita, andróxino ollaban, estantíos, a pasaxe (nas tebras) das ideas incógnitas que o lampo intermitente alumeaba, provocando a cegueira e a luz alternativa da conciencia. Na caverna xurdían nocións contraditorias (contraditorio: o que vai contra o dito) que loitaban a morte nas paredes suorentas, poboadas pola arxila e o fungo, mentres seres inequivocamente antropomórficos axeitaban as mentes para a estrita lembranza do vindeiro que xa se deseñaba na caverna.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega