vb2xaviercastro.html
Xavier Castro Pérez,
naceu en Cangas (Pontevedra) en 1954. Realizou estudios de bacharelato en Vigo e
en 1972 escomenzou a carreira de Xeografía e Historia na Universidade de
Santiago. Nesta época colabora esporádicamente en diversos diarios e participa
nas actividades galeguistas que se levan a cabo nos medios universitarios.
Licénciase en 1977 consagrándose dende entón á docencia e a investigación
histórica. En 1982 obtivo o grado de doctor en Historia, coa calificación de
sobresaliente "Cum Laude", na Universidad de Santiago, cunha tese
sobre o galeguismo na encurrillada republicana, dirixida por el Prof. Dr. D.
Jesús Mª Palomares Ibañez.
Creou o Colectivo de Historia Xerminal, que levou a
cabo un labor de critica historiográfica que foi publicando na prensa e en
revistas culturales durante varios anos. Mediante un traballo en equipo realizou
un amplio estudio sobre a historia do movemento obreiro en Vigo nos anos trinta,
que viu a lus en 1991, publicado por Edicións Xerais de Galicia. En 1980
consegue por concurso de méritos o posto de catedrático interino na Escola
Universitaria de EXB de Ourense, obtendo en 1987 a praza de catedrático en
propiedade mediante concurso oposición. Impartíu tamén a asignatura de
Historia de América no Colexio Universitario de Ourense durante o curso
1985/86. Complétase esta docencia con clases impartidas nos Centros Galegos de
Bos Aires e Montevideo e na Université de Rennes, onde foi contratado durante o
curso 1985/86 como "maître de conférences associé" para dictar
clases de Historia Contemporánea de España.
Dende 1991 imparte docencia na Facultade de Xeografía
e Historia da Universidade de Santiago, obtendo a catedra de EU en Historia
Contemporánea en 1995.
Desplazouse a universidades estranxeiras para ampliar
estudios: Realizou consultas bibliográficas nas bibliotecas de Rennes e París
nos anos 1985 e 1988 e nas norteamericanas de Os Anxeles (UCLA), Berkeley e Nova
Iork en 1991 e 1994.
Tamén efectuou un traballo de investigación no Centro
Studi Emigrazione de Roma, en xullo de 1991.
Colaborou en diversas revistas especializadas en
Historia, culturales e na prensa diaria. Pronunciou numerosas conferencias e
presentou comunicacións en varios congresos de Historia Contemporánea.
En colaboración co profesor Jesús de Juana promove
dende 1983 as Xornadas de Historia de Galicia, das que se levan celebrado dez
edicións, recopiladándose ata o momento en libros as nove primeiras. Formou
parte do equipo de redacción da revista Grial, e dende febreiro de 1997
foi o subdirector.
Na actualidade realiza traballos de investigación
sobre historia social centrados na temática da emigración e a historia da
alimentación e da sociabilidade. Dirixe tamén un proxecto de investigación
sobre a historia da alimentación en Galicia subvencionado pola Xunta de
Galicia. Entre as suas principais publicacións destacan os libros: O
galeguismo na encrucillada republicana (1985), 2 vols. e A lume manso.
Historia social da alimentación en Galicia, Editorial Galaxia, Vigo, 1998. Ayunos
y yantares. Usos y costumbres en la historia de la alimentación, Editorial
Nivola, Madrid, 2001.
|