Anxo Angueira naceu en Manselle
Anxo Angueira naceu en Manselle, aldea de San Xián de Laíño, no Concello de
Dodro, en 1961.
É profesor no I.E.S. do Meixoeiro (Vigo).
As súas publicacións no ámbito da creación literaria son:
Val de Ramirás, accésit do VIII Premio Esquío de Poesía, (Ferrol, 1989).
O valo de Manselle, editado na colección Ferros de Edicións Xerais (Vigo, 1996).
Bágoas de facer illas, Premio Dublín de Narrativa, Edicións Xerais (Vigo, 1997).
Libro da Vertixe, do Premio de Poesía "Xosé Mª Díaz Castro" (Lugo, 1997).
Pensa nao, gañador do Premio Xerais de Novela (Vigo, 1999).
No ámbito da investigación, ademais de artigos e ponencias en congresos,
publicou:
Guía de Lectura de Con pólvora e magnolias de X. L. Méndez Ferrín, Edicións do
Cumio, Vilaboa, 1992.
De Rosalía a Dieste. 33 Anos das Letras, Edicións Xerais, Vigo, 1995.
Edición crítica de Poesía enteira de Heriberto Bens, Edicións Xerais, Vigo, 1999.
Introducción e antoloxía de La poésie galicienne de 1936 à 1990,
Sources, Namur (Bélxica), 1999.
Participou na fundación e na elaboración do manifesto das REDES ESCARLATA e publica reseñas e artigos en O XORNAL, publicación da C.U.T. (Central Unitaria de Traballadores), e en A TRABE DE
OURO.
|