vb1cesareosanchez.html
Cesáreo Sánchez Iglesias
(Dadín-Irixo, 1951) é autor dunha ampla obra, principiada en
1978 con Silencios e conversas de inverno. Estudiou Arquitectura
Técnica e Socioloxía e Ciencias Políticas en Madrid e foi un
dos fundadores da Agrupación Cultural Lóstrego, que presidiu.
Continuou a manter unha posición dinámica dentro da creación
do movemento asociativo cultural durante a transición,
colaborando na formación da Agrupación Cultural Avantar, do
Carballiño. Actualmente é director de Edicións A Nosa Terra e
presidente do semanario do mesmo nome. Traballa na Oficina
Técnica de Arquitectura da Xunta de Galicia.
A súa poesía, varias veces premiada, caracterízase por unha
elaboración en chave simbolista e evocativa, realizada en versos
breves. Está considerado un dos nomes máis relevantes da
promoción poética da década de 80.
|