Gabriel Feixó de Araúxo

( - ?)

 

 
Obras
Biografía
 
m1feixoarauxo.html

     Nada sabemos sobre a vida de Gabriel Feixó de Araúxo. Unicamente coñecemos o dato que facilita o manuscrito nº 16.717 da Biblioteca Nacional de Madrid que contén a súa obra dramática: que tiña a categoría de Licenciado.
     A súa importancia na Historia da Literatura Galega radica en que é o único dramaturgo galego coñecido do século XVII. O título da peza, tal como aparece no antedito manuscrito, descuberto e dado a coñecer por Fermín Bouza Brey en 1953, é o seguinte: Entremés famoso en que se contiene la contienda que tubieron los labradores de la feligresía de Caldelas con los portoqueces sobre la pesca del río Miño. Año de 167_. Dado que na época a expresión "entremés famoso" só indicaba que fora representado, e que os compiladores e copistas traducían os títulos, denomínase comunmente a peza como A Contenda dos labradores de Caldelas.

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega