Manuel Darriba


 

Novidades
Obras
Autobiografía
 
vb1manueldarriba.html

     Manuel Darriba licenciouse en Xornalismo na Facultade Complutense de Madrid e en Filosofía pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Iniciou a súa vida profesional no semanario madrileño 'Además De' (desaparecido), onde traballou como reporteiro e entrevistador en 1995. Nese ano incorpórase á redacción do xornal lugués 'El Progreso', como redactor da sección Provincia ata o ano 2000, en que se crea no xornal o departamento de Investigación. Continúa nesta sección, dedicado á elaboración de entrevistas e reportaxes. Foi enviado especial de 'El Progreso' e 'Diario de Pontevedra' a Kosovo en xullo de 2001 e enviado especial de 'El Progreso' a Cuba en marzo de 2002, entrevistando en exclusiva a Fidel Castro en La Habana. Ademais fixo reportaxes en Oriente Próximo e os campamentos de refuxiados saharauis do sur de Alxeria. Entre o 2001 e o 2006 foi colaborador do suplemento 'ByN Dominical', o terceiro de maior tirada da prensa española (distribuído con 'El Periodico de Catalunya', 'ABC' e outros 12 xornais de ámbito provincial, entre eles 'El Progreso' e 'Diario de Pontevedra'). Publicou ademais colaboracións en 'El Periodico de Catalunya', 'El Mundo' (edición Galicia) e a revista de análise 'A Trabe de Ouro'. No 2004 cofundou a axencia de comunicación Transmedia, dedicada á edición de publicacións especializadas, publicidade e produción audiovisual, da que é director de produción. Ademais colabora con regularidade nos suplemento dominicais 'Crónica' e 'Magazine' de 'El Mundo'.

Recibiu premios como o Lueiro Rey de narrativa curta e o Espiral Maior de poesía, así como unha mención especial no Premio Nacional Manuel Alcántara para Periodistas Novos.

[Novembro, 2008]

¿Quéreslle mandar unha mensaxe ao autor?  

 

logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega