vb2miguelvilapernas.html
Son xornalista e
emigrante. Galego e cubano. Fun nacer na Habana froito da emigración dos meus
pais, naturais do Valadouro. Moi neno emigrei da Cuba natal para criarme no
Valadouro. Despois en Mondoñedo estudiei o bacharelato e emigrei a Madrid para
estudar xornalismo. Dazaoito anos máis tarde regresei a Galicia (¿volvín
emigrar?), casei cunha colombiana e tiven un fillo compostelano (¿son un
cidadán global?).
Se me preguntan digo que son do Valadouro, de todo o
Valadouro, sen artificiais divisións municipais que non recoñezo. Así o
sinto, pero non renuncio ó meu berce cubano. Por eso levo moi alto a miña
galeguidade e cubanía.
A música tradicional cubana e o estudo da cociña e
gastronomía, en especial a tradicional galega, son as miñas paixóns, que levo
ós libros e ás colaboracións habituais en varias emisoras galegas de radio. O
Valadouro é outro dos meus referentes. E todos eles están presentes en
www.colineta.com, nesa xanela entreaberta ó mundo que é a internet.
|