A fraga prateada

 

1.

Páxina Seguinte

v2vitorvaqueirofragaprateada001.html

1

Primeiro foi o Plano que pairaba
nun subespazo xordo,
nun silencio total, inaturábel
ao mais varudo ouvido.
De súpeto unha luz,
un flash de infinitesimal cuantía
subliñou un perfil: dous semiplanos
e unha recta entre eles prisioneira.
A Recta navegou, á guinada primeiro,
entre magmas visguentos que lambían
o seu estreito anchor,
como océanos e marés de arxento vivo;
despois evoluíu
aboiando entre gases e vapores,
xerou abarculadas superficies,
e, ao cabo, proxectou, tras de crebarse
na abóbada invisíbel até aquela,
a súa esencia: o Punto:
a presente infalíbel memoria devanceira.

 

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega