A fraga prateada

Páxina Anterior

47.

 

v2vitorvaqueirofragaprateada008.html

47

Ao Iker, agardando nos Chaos

No medio da Devesa había unha fonte. Dous canos que ninxían escumaban o chan baixo as olladas máxicas das faias e o pezoñento latexo do medúlico teixo, que asemellaba un vello barbazán e canso, a piques de chorar. Duns dos canos ninxía auga de ferro. Doutro, auga de prata. Alguén abofellara que, asulagado por un pregue tectónico, se acurrunchaba un terceiro cano de augas insospeitadas e poder arrepiante, mais ninguén tencionara robora-lo. O 23 de Xuño, á media-noite, un berro agumiadísimo atravesou a fraga en varios sensos, ecoando nas pólas e nas caules. Ao abrente, mulleres montesías atoparon na fonte uns anteollos brancos e unha pucha rabínica coas inscricións brosladas Ishma'el ben Shamua. Ribadavia. 70-217. Duns dos canos ninxía auga de prata. Doutro, auga de ferro. Endexamais se soubo do terceiro cano.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

 


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega