A fraga prateada

Páxina Anterior

45.

Páxina Seguinte

v2vitorvaqueirofragaprateada007.html

45

Mais vendo medrar
estas herbeiras, moutas de primavera,
e a calixe, néboa de primavera,
aquí que foi castelo de cen pedras
alágame a tristura.

XITOMARO DE KAKINOMOTO


XV

Durante sete longas noites; durante sete consecutivas e longas noites como brazos de polbos de xigantescas cores, Nagushima tocou a súa frauta na mais ergueita amea do castelo afincado na rocha, como unha vella libranza preguiceira. Unha noite tras doutra, con encabuxamento amuruxado, as frechas asubiaron ao seu rente, ás veces tan de perto que agromaban codias de carambelos na súa testa rapada. Ao promediar a sétima noite, o inimigo recuou arrepiado: o castelo atopábase baleiro. Vougos medos ruaban en cabáns e corredores. Nagushima recolleu o complexo instrumento -de dezasete idénticos buratos; un deles mais aberto para compensar os baixos- e afastouse seguindo a liña do poñente.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega