A Odisea de Pere Xil

Páxina Anterior

12. Na ferrería

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1
     Non tía présa ningunha. Para que? Pere Xil non quería actuar precipitadamente e darlle ao campesín a mínima posibilidade de fuxir co fouzo. Comezou, lougo, a maquinar algún plano para entrar.
     E entrementres, que facía Xullán? Pois, ao primeiro metérase naquela casa porque era a que máis cerca lle caía do palleiro e despois púxose a examinar o sito onde estaba: era a ferrería da vila. As paredes estaban cheas sobretodo de fouzos, anque tamén había outros apeiros como gadañas.
     Que desolación. O pobritín de Xullán decatouse axina que daquela casa nada máis se podía salir pola mesma porta pola que entrara. Sabía de sobra que xa daquela o trasno estaría alí a aguardar por el esfregando as maos de satisfacción.
     E entós veulle unha idea... Era unha idea que o salvaría. O mesmo Xullán estaba abraiado porque non tía ideas a miúdo, mais daquela tivérala.... Talvez era máis intelixente que non pensaba despois de todo.
     Había moverse de présa antes de entrar o trasno.
    Pola súa banda, Pere Xil pensou que simplemente había entrar, tirarse enriba de Xullán e arrebatarlle o sou fouzo. Para que máis? En caso de se poer o outro farruco, podía lanzarlle algún esconxuro que o inmobilizase un pedazo e xa estaba.
     Así, deu un couce na porta (e digo un couce porque de certo foi a patada dun cabalo) e esta abriu rinchando. Dentro era todo escuridade. Nada se ouvía no interior. Os felinos ollos do trasno comezaron a varrer a enorme estancia nada que se achaba cuando, de súpeto, o forno da ferrería, que lle estaba xusto na parede do fondo, arroxou. O fougo crepitou, ruxiu, devorou o silencio traendo abonda claridade. Inmediatamente, o trasno foi quen de comprobar que naquela mesma parede, por riba do forno, brillaba unha boa colección de fouzos, todos máis ou menos do mesmo tamaño.
     Pouco e pouco, aquelos fouzos foron tomando unha color rubia, cada vez máis intensa. E ao cabo soou a voz de Xullán que dicía escondido nunha tina baleira.
     —O fouzo que buscas é un desos de enriba do forno...
     O trasno desconfiaba. Que facía aquel forno aceso? Que pintaban aquelos fouzos alí pendurados? Que falcatrúa era aquela?
    
—É a última oportunidade que teis —ameceu Xullán en ton mui serio a sabendas de que non podía facer outramente.
     Aquelo acabou de animar ao trasno, o cual se lanzou xa sen o pensar para un dos fouzos, un que brillaba muitísimo e cuxa color vermella era especial. De repente sentiuse un laio espantoso, inda peor que o que largara a pega. O trasno ceibou as maos daquel fouzo e con elas polo aire, salíndolle fumo, marchou ás carreiras da casoa da que berraba:
    
—¡Que queimo, que queimo!
     Efectivamente, o trasgo queimara as maos porque caera na trapalla do labrego. Os fouzos todos queimaban porque, ao estaren enriba da parede do forno, recibían toda a súa calor. E a súa color vermella tíanna por... ¡estaren arroxados!
     Pere Xil tropezara por terceira vez na mesma pedra, tropezara primeiro co avolo, despois coa mai e finalmente co neto. Tres veces, algo que era inconcibible para un trasno, algo do que Caio Mol se acabaría enteirando, non solo que non recuperara o fouzo vermello, mais que as tres fallas de Pere Xil foran cunha mesma familia. Aquelo era terrible.
     Allén a aquela traxedia que se cernía sobre o trasno, Xullán saliu do sou escondeirite e suspirou contento. Levaba o sou fouzo máxico prendido na correa. Acariñoulo contento e saliu tranquilo á rúa.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega