A Odisea de Pere Xil

Páxina Anterior

11. Na noite sen lúa

Páxina Seguinte

Pagina nueva 1
    Xullán retirárase a durmir mui canso nun palleiro despois que as xentes de Verducedo fixesen unha festa na honra del. O galdido campesín houbera insistirlles durante dúas horas para lle permitiren retirarse a descansar. Ofrecéranlle aquel confortable palleiro, recén enchido de palla mole e limpa, que se achaba algo tornada da vila a fin de evitar ruídos que o molestasen.
     Durante o tempo que durara a festa e mais a despedida, Pere Xil agordara pacientemente polo sou momento cerca de Xullán escondido tras das canas dun freixo. Houbo conter as súas setas fortísimas de se lle aventar ao pescozo e lle esixir a devolución do sou fouzo. Tería que deixar para lougo convertelo nunha criatura a medio de camín entre un can rouco e desorellado e mais unha lagarta de cinco patas e dúas colas.
     Cuando ao cabo o postreiro vecín da vila se retirou da porta do palleiro, Pere Xil saltou deica o tellado do palleiro procurando non facer ruído algún. Parou un intre para escuitar: uns metros máis aló dos sous pés, por baixo do tellado, uns fortes ronquidos descubrían a presenia do cansísimo labrego que repousaba das muitas xeiras e alegrías daquela xornada.
     O probe Xullán estaba allén de todo ás intenciois do matreiro trasno. Durmía o campesín pracidamente, todo escarranchado sobre a palla, feliz a soñar co diñeiro que gañaría en breve e que lle permitiría ter as súas propias terras, o sou gado e, quen sabe, quizais unha familia nun lonxano día.
     De cabeceiro, Xullán tía as súas roupas feitas un vurullo. Entre elas, ben protexido, estaba o sou benquerido fouzo vermello. Seique polo aquel de ser máxico cría Xullán que a folla do apeiro non atravesaría o tecido e acabaría tallándolle a face, porque outramente os resultados serían peores que os tallos feitos por unha cuitela de barbear.
     Era un fondo e pracenteiro soño o de Xullán.
     Pere Xil botou a andar polo tellado do palleiro procurando non facer ningún ruído. Camiñaba na punta das dedas para o bordo do louxado. Cuando chegou mirou por unha ventá ou calquera furaco polo que se escolar. Atopoulo un pouco á dereita de onde estaba. Deu un rápido salto e entrou no palleiro...
     —¡Aaaaaargh!
     Fora un ruído infernal que atravesara a noite e ecoara no vale todo. Acordara os vecíos da vila, mais ninguén non se movera por medo a que aquelo tivese sido un laio do máis-aló, unha chamada dunha pantasma solitaria devecente de ter compaña.
     Xullán incorporouse e abrazou o vulto da súa roupa onde estaba o sou fouzo prodixioso. Tía a corazoada de que llo ían roubar.
     Pere Xil ao primeiro quedou xelado e sen saber como reaccionar. Tampouco non sabía de onde xurdira aquel bruído de ultratumba. Mais sóubolo axina: diante dos sous pés unha pega miraba para el con cara de poucos amigos. Era unha pega á que Pere Xil lle pisara a ala ao aterrar do sou enhalamento. Tamén é verdade que aquela era unha ave rara por construir o sou nío entre a palla, mais eso xa é outra cuestión.
     O trasno decatárase que o tía todo perdido, ou polo menos o efecto sorpresa perdéralo porque o labrego estaba esperto e ben esperto a mirar para el co feixe de roupa ben apertado contra o sou peito. Pere Xil decidiu xogarse o todo polo todo e poer as cartas boca arriba.
     —Vin buscar o fouzo —dixo cunha voz rouca e desagradable—. Perténceme...
     Foi naquel momento xusto cuando Pere Xil se decatou de que aquel labrego era descendente doutras xentes daquela terra coas cuais el tivera, muitos anos atrás, experiencias terribles.
     Primeiro houbera enfrentarse ao avolo de Xullán, un tipo enxuito redrollo e argute que o gañara en enxeño había cincuenta anos; despois fora a mai, unha mullería aínda máis argute que o pai da que afirmaban que era medio bruxa.
     Xullán quedou onde estaba mui ben solerte mais sen desapegar os beizos.
     —Dámo polas boas e hei deixarte marchar en paz, pero se refugas, heite converter en sapo...
     Non deu pronunciado toda a súa ameaza o trasno e xa Xullán saltara por unha lumieira que se atopaba á súa beira. Cuando o trasno foi mirar polo furado, xa o labrego corría para un edificio vecín máis rápido que unha lebre. Pere Xil deixou escapar un bufido. Saltou el tamén pola lumieira e seguiu os pasos do campesín, que non largara, nin por un segundo, o vurullo de roupa onde tía pregado o fouzo vermello.
     Daquela o anoxado trasno non entrou ás carreiras na casa na que se acubillara o labrego. Enantes foi realizar algunhas comprobaciois. Así soubo que nada máis había unha porta e que as cuatro ventás da parte dianteira estaban ben pechadas. Pola traseira corría un río, de xeito que non tía escapatoria.
     O trasno sorriu: tía un rato nunha trampa.

Páxina Anterior

Ir ao índice de Páxinas

Páxina Seguinte


logoDeputación logoBVG © 2006 Biblioteca Virtual Galega